A protección de datos en empresas desenvolvedoras ou usuarias de solucións Big Data
R
2022-07-05
3 min
Fai tan só dez anos, internet dependía dos datos orixinados polas persoas. Pero, dende 2016 os obxectos conectados superan á interconexión dos individuos.
Ademais, o 80% dos datos almacénanse en CPD’S e un 20% en dispositivos intelixentes, ao que sumamos o incremento continuo do uso de tecnoloxías emerxentes coma a Intelixencia Artificial , o cloud computing ou a IoT .
Así que o actual contexto implica un cambio de paradigma que obriga a redefinir os riscos, a problemática e os desafíos específicos nas solucións IoT dende o punto de vista do tratamento de datos persoais .
Porque cada vez son menos os datos persoais obtidos directamente do interesado e podemos falar dunha economía dos datos que fai visibles aqueles que antes non o eran e onde as analíticas multiplicaron a cantidade e os tipos a recoller.
Todo este ecosistema necesita mecanismos de control. O chamado Goberno do Dato considera aspectos de negocio e legais, organizativos e técnicos, e axuda a que traballen de forma conxunta e harmonizada.
A UE, pola súa banda, lidera unha estratexia da gobernanza coa vista posta nun mercado único dixital europeo con normativa específica .
Esta incipiente regulación conta cun claro enfoque antropocéntrico que sitúa a persoa en primeiro lugar e que camiña cara a unha sociedade empoderada polos datos, pero sempre contando cun marco xurídico sólido.
Un novo escenario para os datos
O que está claro é que o volume de datos actual non se pode analizar con métodos tradicionais, nin pola súa cantidade nin pola súa variedade nin por eficiencia.
Aí entran en xogo as solucións Big Data , as que vos axudarán ás organizacións a comprender mellor eses datos e tomar decisións fundamentadas ao revelar patróns invisibles, correlacións ocultas, tendencias do mercado ou preferencias dos clientes .
Só estas tecnoloxías son capaces de atender as chamadas ‘V’s’ prioritarias: volume, variedade, velocidade, veracidade, variabilidade e valor .
En canto á súa dinámica na práctica, é importante entender que asistimos a unha interrelación de tres tecnoloxías : IoT é a que recompila; as técnicas de ‘minería de datos’ encárganse da analítica; e a IA realiza a explotación desas grandes cantidades de datos resultantes.
Arquitectura dun sistema Big Data
Un sistema Big Data completo pódese estruturar en cinco capas principais:
Fontes de datos Almacenamento (en data lake ou almacéns distribuídos) Procesamento por lotes ou en fluxos en tempo real Análise: con capacidade de analítica en tempo real, a nivel de memoria ou masiva Presentación e aplicación
Pero, como é lóxico nunha tecnoloxía disruptiva, o Big Data leva aparellados unha serie de riscos: os derivados da despersonalización e perfilado ; da correcta identificación e aplicación dunha base de lexitimación conformé a normativa vixente; da asimetría de poder e orixe dos datos; do uso de metadatos ; da animización incorrecta ; da non limitación da finalidade ; da falta de transparencia ; da limitación do prazo de conservación ; da necesidade de facer avaliación de impacto ; do exercicio de dereitos ; da falta de seguridade ; ou nesgos, por exemplo, estatísticos ou culturais.
É por iso que se necesita coñecer e aplicar normativa clara que poida demostrar ‘accountability’ ; é dicir, que vela pola ética, a equidade, a privacidade e a seguridade no tratamento masivo de datos, ademais de deseñar, desenvolver e utilizar dende unha óptica de xestión de riscos .
Con todo iso, poderedes aproveitar as múltiples vantaxes e potencialidades das solucións Big Data nas vosas organizacións sen descoidar o aspecto normativo.
O dato, o activo máis importante para unha empresa Data Driven
Hoxe todo deixa rastro dixital e é posible obter toda a información necesaria da organización. Os datos convertéronse no activo máis importante ; todos poden ser convertidos en información e coñecemento e a súa explotación é clave para a optimización operativa e a xeración de novos ingresos.
Nas compañías Data Driven , o ecosistema Big Data axuda a mellorar, optimizar e automatizar os procesos, mellorar a toma de decisións e permite ás empresas manterse competitivas e ser actores relevantes na economía emerxente .
Que aspectos son claves para extraer valor e negocio dos datos?
Data Strategy ou definición de para queXestión e gobernanza ou comoAnalítica e aproveitamento ou proxectos para a explotación do dato aplicando analítica e Intelixencia ArtificialDixitalización e automatización
En concreto, a plataforma Big Data Mileva é unha estratexia moderna en torno ao dato que permite integrar toda a información dispoñible en tempo real. Os resultados son a obtención de novas pancas impulsoras do negocio e melloras tanto na toma de decisións como na calidade do servizo.
Se queres saber máis sobre as nosas solucións tecnolóxicas para empresas , subscríbete ao noso boletín ou contacta coa nosa equipa da área Comercial Empresas.
visualizacións: 322