All posts by Euskaltel

As solucións M2M, unha aposta segura para os sistemas de comunicacións da túa empresa

A toda máquina chegaralle o final da súa vida útil. Que facer, nese momento, con toda a información que nela se foi gardando e almacenando ao longo dos anos?. En situacións como esta, sen dúbida que as comunicacións Máquina a Máquina, coñecidas como solucións M2M, son unha grande opción. As Plataformas M2M baséanse no intercambio … Continue reading As solucións M2M, unha aposta segura para os sistemas de comunicacións da túa empresa

Expofarma Dixital, o mellor escaparate de solucións tecnolóxicas para a farmacia dixital

Na nosa sociedade hiperconectada, a dixitalización vívese a gran velocidade, sexa cal sexa o tamaño e o sector da empresa. E se analizamos este fenómeno na contorna dunha pandemia mundial, a procura das mellores solucións tecnolóxicas para a dixitalización das pemes convértese en indispensable. O grupo Unnefar, integrado por dez empresas de distribución farmacéutica líderes … Continue reading Expofarma Dixital, o mellor escaparate de solucións tecnolóxicas para a farmacia dixital

Solucións e ferramentas tecnolóxicas para o teletraballo, a nova realidade empresarial

En só unhas semanas, a nosa sociedade e as nosas empresas viron totalmente modificados os seus procesos, a súa organización e a súa actividade. A transformación dixital e o teletraballo xa estaban aí hai tempo, pero a chegada dunha pandemia situounos como eixos dunha nova realidade empresarial tan incerta como prometedora. A clave foi saber … Continue reading Solucións e ferramentas tecnolóxicas para o teletraballo, a nova realidade empresarial

Dixitalización ante a pandemia: urxencia no presente, reto de futuro

Cando superemos a dura proba que supón para todos/as nós a actual crise sanitaria, só entón decatarémonos de verdade dos cambios que estes meses supuxeron nas nosas existencias. Nas nosas vidas cotiás, no noso xeito de traballar e de relacionarnos naquel momento en que non podiamos vernos fisicamente. O termo de transformación dixital, tan manido … Continue reading Dixitalización ante a pandemia: urxencia no presente, reto de futuro

SegData, novo servizo de Big Data especializado para corredores de seguros

Vivimos na era da dixitalización; e as empresas sodes conscientes de que as solucións tecnolóxicas vinculadas ao Big Data e á Intelixencia Artificial son un instrumento necesario para a transformación dixital, sexa cal sexa o voso sector. En R, que forma parte do Grupo Euskaltel, queremos seguir ofrecéndovos proxectos innovadores, buscando sempre a proximidade co … Continue reading SegData, novo servizo de Big Data especializado para corredores de seguros

Lanzamos #formaciónR, a nosa nova plataforma gratuíta de formación

As ferramentas de formación virtual chegaron para quedar. As plataformas gratuítas de cursos online convertéronse nunha opción idónea para que empresas e empregados podamos continuar coa nosa aprendizaxe e formación dende calquera espazo e dipositivo. Ferramentas de formación virtual para o traballo A maior parte das compañías galegas tedes adoptado o teletraballo como forma de … Continue reading Lanzamos #formaciónR, a nosa nova plataforma gratuíta de formación

Mindfulness, aprendendo a xestionar o estrés

Vivimos nunha contorna volátil, complexa e ambigua. Cada día enfrontámonos ás esixencias dunha conxuntura laboral tensionada, a relacións con clientes e provedores rápidas e esixentes, a demandas familiares e sociais nun mundo hiperconectado e global; ao exceso de información… Estas circunstancias poñen a proba a nosa capacidade de adaptación e en múltiples ocasións tamén nos … Continue reading Mindfulness, aprendendo a xestionar o estrés

Telecomunicacións e crise sanitaria: responsabilidade + compromiso

Se hai meses nos dixeran que en breve estariamos confinados/as nas nosas casas 24×7, que tendas, bares, oficinas, centros de lecer ou fábricas botarían o peche, que levariamos luvas desechables para comprar (só alimentos e medicinas) ou que sairiamos todos os días ás 20:00 h ás nosas xanelas para aplaudir…; se nolo contasen, non o … Continue reading Telecomunicacións e crise sanitaria: responsabilidade + compromiso

R colabora para lles facilitar a educación telemática a alumnos/as de familias con poucos recursos

A educación, alicerce esencial da nosa sociedade, vive momentos de incerteza, cos alumnos confinados na casa dende hai máis de catro semanas. Cando e como acabará este curso escolar? Posiblemente haberá que completalo, total ou parcialmente, por medios telemáticos, o que nos sitúa ante un reto enorme e descoñecido, inédito nas nosas vidas. A tecnoloxía … Continue reading R colabora para lles facilitar a educación telemática a alumnos/as de familias con poucos recursos