web empresas R
chámanos gratis ao 900 815 815
  • GL
  • ES
Blog R Empresa preto para chegar máis lonxe
  • eventos
  • casos de éxito
  • alianzas
  • vídeos
  • e-learning
  • R
    srch_icon
    menu_iconMENÚ
    • GL
    • ES
    menu_icon
      • eventos
      • ferramentas
      • casos de éxito
      • alianzas
      • vídeos
      • e-learning
    • GL
    • ES
    closeorng_icon
    Comparte

    Un reto tecnolóxico á medida

    R
    • 2023-05-10
    • notebk_icon 2 min

    Vivimos inmersos nun novo escenario dixitalizado onde o sector bancario tamén ten que adecuar canto antes as súas solucións tecnolóxicas ás demandas de mercado e clientes/as.

    En R levamos anos traballando no desenvolvemento e xestión dos sistemas de telecomunicacións de ABANCA. De feito, a nosa proximidade e profundo coñecemento da súa rede axudáronnos a posicionarnos para crear unha solución adaptada ás necesidades, circunstancias e procedementos operativos da entidade, unha conxuntura onde ser flexible resulta determinante.

    Contamos tamén con criterios de deseño diferenciais, como a mellor infraestrutura de fibra óptica en cada sede, a alta dispoñibilidade á hora de combinar redes de acceso de diferentes operadores e a redundancia en elementos centrais.

    Ademais, o noso obxectivo é minimizar o impacto no negocio da actualización da rede de ABANCA e reducir riscos na súa implantación. Queremos optimizar a carga de traballo do equipo da entidade, achegando as máximas garantías na xestión e mantemento do servizo.

    Tras analizar con detalle as necesidades da entidade bancaria, dende R lanzamos unha proposta global que lle ofrece novas funcionalidades á rede de ABANCA, como a conectividade entre nubes e oficinas.

    Neste caso apostamos pola tecnoloxía de Aruba, unha das solucións máis punteiras do momento, capaz de crear conexións rápidas entre as diferentes sedes de ABANCA. A solución incide na fiabilidade achegada polas redundancias máis completas, aproveitando as mellores infraestruturas de fibra óptica de cada oficina.

    Colaboración consolidada e fluída entre R e ABANCA

    Un dos nosos grandes valores é ofrecer un equipo profesional de primeiro nivel, pola súa capacidade técnica e experiencia contrastada, que traballe de xeito conxunto cos enxeñeiros de ABANCA. Por iso contamos cun grupo especializado dedicado á entidade que se ocupa de detectar incidencias e de achegar solucións. Un equipo humano interno (in-house) experimentado e dotado de ferramentas extremo a extremo, que abarca equipos de rede e técnicos de campo.

    Trátase, en definitiva, dun proxecto completamente adaptado ás necesidades, ecosistema e dispersión de ABANCA que potencia a funcionalidade e dispoñibilidade dos servizos e que se desenvolveu tras un proceso de selección metódico e contrastado co departamento técnolóxico da compañía.

    En R sempre procuramos que as empresas vos manteñades á vangarda tecnolóxica. Consideramos imprescindible nos nosos días a innovación como gran valor que lle podemos achegar a Galicia e, neste caso concreto, a ABANCA, entidade emblemática do sector bancario na nosa comunidade.

    Se queres saber máis sobre as nosas solucións tecnolóxicas para empresas, subscríbete ao noso boletín ou contacta co teu asesor persoal ou co noso equipo da área comercial empresas a través do seguinte formulario.

    visualizacións: 229
    • caso éxito Abanca
    • solucións nube
    • Transformación Digital
    • transformación dixital

    Formulario contacto

    • póñase en contacto co noso asesor

    • R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para xestionar a túa solicitude información con base no noso interese lexítimo para atender a túa solicitude. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, agás que exista unha obrigación legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web. Se queres darche de baixa, por favor, envía un correo electrónico a R Empresas.

    • This field is for validation purposes and should be left unchanged.
    TOP
    Comparte
    Anterior Seguinte
    dietu doan chámanos gratis ao 900 815 815

    newsletter empresas

    indícanos o teu enderezo de correo e enviarémosche un resumo dos mellores contidos.

    apúntate ao noso newsletter!

    QUERO SUBSCRIBIRME

    TOP BLOG

    • popular
    • o último
    • o + comentado
      • 5 ferramentas para organizar ideas empresas-gl
      • ¿Cuáles son las vocaciones TIC del futuro en Galicia? empresas-gl
      • R, o operador mellor valorado polas empresas pola súa atención ao cliente e servizo técnico Casos de éxito, empresas-gl
      • scudo Lanzamos Scudo, o novo servizo de ciberseguridade integral para pemes empresas-gl
      • sistema_inmunitario_digital Que é e como coidar o Sistema Inmunitario Dixital dunha empresa empresas-gl
      • live-shopping Live Shopping: que é e por que precisas da mellor conexión de internet empresas-gl
      • 5 ferramentas para organizar ideas empresas-gl
      • digitalizacion Dixitalización ante a pandemia: urxencia no presente, reto de futuro empresas-gl
      • As solucións M2M, unha aposta segura para os sistemas de comunicacións da túa empresa empresas-gl
    Etiquetas
    Big Data Blockchain Machine Learning

    PÓDECHE INTERESAR

    Lanzamos Scudo, o novo servizo de ciberseguridade integral para pemes

    • 28 Setembro
    • smllnote_icon 2 min
    Comparte

    Que é e como coidar o Sistema Inmunitario Dixital dunha empresa

    • 07 Setembro
    • smllnote_icon 2 min
    Comparte

    Live Shopping: que é e por que precisas da mellor conexión de internet

    • 31 Agosto
    • smllnote_icon 2 min
    Comparte

    Consellos para afrontar as “fake news” na túa empresa

    • 17 Agosto
    • smllnote_icon 3 min
    Comparte

    “Soft Skills”: que son e por que resultan importantes para a túa empresa

    • 11 Agosto
    • smllnote_icon 3 min
    Comparte

    Shlomo Ben Ami: “Temos que atopar unha diplomacia de equilibrio de paz en tempos de Intelixencia Artificial”

    • 06 Xullo
    • smllnote_icon 4 min
    Comparte

    Novas formas de pago: comodidade, versatilidade e seguridade

    • 05 Xullo
    • smllnote_icon 3 min
    Comparte

    Ramón Bueno: “É necesario empezar a traballar e investigar en blockchain para estar formados e cos recursos capacitados”

    • 27 Xuño
    • smllnote_icon 2 min
    Comparte
    logo R

    solucións para empresas

    contacto

    información legal | política de cookies | política de privacidade

    suscribe footer gl

    newsletter empresas

    indícanos o teu enderezo de correo e enviarémosche un resumo dos mellores contidos.

    QUERO SUBSCRIBIRME

    Newsletter Empresas

    0% Complete
    R é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para xestionar a túa solicitude de subscrición ao boletín de información con base nunha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obrigación legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, así como oporte a este tratamento, como se explica na información adicional da Política de Privacidade da nosa web. Se queres darche de baixa, por favor, envía un correo electrónico a R Empresas.