• ES
  • GL
Blog R Empresa preto para chegar máis lonxe R
srch_icon
menu_iconMENÚ
  • ES
  • GL
menu_icon
  • Empresas
    • navmenuicon_4Empresas
      • Casos de éxito
      • StartUps
      • Transformación Digital
      • Industria 4.0
      • Eventos
    • ES
    • GL
    closeorng_icon
    comparte

    CyberSec@GAL, primeiro foro galego sobre seguridade na empresa dixital

    admin
    • 2019-10-02
    • notebk_icon 2 min

    Coñecemento e experiencia unidos para converter a Galicia en referente no campo da Ciberseguridade. Ese é o obxectivo primeiro do evento CyberSec@GAL,que comeza a súa andaina nuns días, impulsado pola cátedra R en Ciberseguridade e as Universidades da Coruña e Vigo, e coa colaboración da AMTEGA, Gradiant, Emetel, Hijos de Rivera e Abanca.

    Serán 4 xornadas de obradoiros, ciber-retos e relatorios, nas que se falará de solucións, normativas, desafíos e ameazas para a seguridade na contorna dixital.

    Programa

    As tres primeiras xornadas, do 14 ao 16 de outubro, dirixiranse a estudantes e novos licenciados que van participar en obradoiros sobre introdución á auditoría dos dispositivos IoT/IIoT mediante Shodan e a analizar vulnerabilidades en contornas Windows e Linux. Haberá, ademais, un relatorio e exporase o reto de Ciberseguridade de Gradiant e Hijos de Rivera.

    A xornada final, o 17 de outubro, orientada ao ecosistema empresarial, desenvolverase da man de expertos nacionais e internacionais que expoñerán, dende perspectivas diversas, aspectos tamén diferentes e actuais no terreo da Ciberseguridadr. Así, por exemplo, a intervención do director do Departamento Nacional de Seguridade, o xeneral M. Ángel Ballesteros, sobre Estratexia Nacional de Seguridade; acerca de Ciberseguridade na transformación dixital versarán os relatorios de voceiros de empresas e entidades como Balidea, Gradiant, Inditex ou Grupo Euskaltel. Tamén se falará sobre a visión actual do mercado ante o tema da seguridade na empresa e de oportunidades de investimento en Ciberseguridade da Unión Europea.

    Durante a xornada de peche entregaranse, así mesmo, os Premios ao Reto, Traballo Fin de Grao, Traballo Fin de Máster e Doutoramento.

    Podes consultar aquí o programa completo e seguir este evento #CyberSecGal2019.

    Como asistir

    Para os obradoiros, relatorios e reto na web podes inscribirte en CyberSec@GAL. Para a xornada de peche cómpre que o fagas mandando un correo electrónico a catedraRciberseguridade@mundo-r.net, co teu nome, apelidos e empresa á que pertences.

    Sobre a cátedra R en Ciberseguridade

    A cátedra R en Ciberseguridade, desenvolvida en colaboración coas universidades de Vigo (UVIGO) e da Coruña (UDC) e financiada pola Fundación Euskaltel Konekta, é a primeira cátedra interuniversitaria en Galicia. Persegue basicamente promover o desenvolvemento de competencias profesionais do alumnado universitario e mellorar a capacitación dos membros da comunidade universitaria. A idea é adaptar todo ese potencial de coñecemento e preparación ás necesidades da empresa fomentando, en paralelo, a formación continua, a innovación e a investigación na área da Ciberseguridade.

    ¿Te ha gustado?
    A TÚA OPINIÓN IMPORTA

    Deixa unha resposta Cancelar a resposta

    O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

    EUSKALTEL es el responsable del tratamiento de los datos personales que nos facilites y los tratará para la gestión de tu solicitud de hacer comentarios en este blog en base a una relación contractual. No cederemos tus datos personales a ningún tercero, salvo que exista una obligación legal. Y solo los compartiremos con nuestros proveedores que deban tener acceso para prestarnos un servicio. Tienes, entre otros, derecho a acceder, rectificar y suprimir tus datos, como se explica en la información adicional de la Política de Privacidad de nuestra Web.

    TOP
    comparte
    anterior seguinte

    newsletter empresas

    indícanos o teu enderezo de correo e enviarémosche un resumo dos mellores contidos.

    apúntate ao noso newsletter!

    QUERO SUBSCRIBIRME

    TOP BLOG

    • popular
    • o último
    • o + comentado
      • R, o operador mellor valorado polas empresas pola súa atención ao cliente e servizo técnico conselleiro de contacto, empresas-gl
      • Norbolsa, exemplo de éxito no outsourcing de infraestruturas informáticas conselleiro de contacto, empresas-gl
      • Diferenza entre chamadas móbiles en roaming e chamadas móbiles internacionais empresas-gl
      • Norbolsa, exemplo de éxito no outsourcing de infraestruturas informáticas conselleiro de contacto, empresas-gl
      • R súmase ás tecnoloxías habilitadoras da Industria 4.0 empresas-gl
      • R, o operador mellor valorado polas empresas pola súa atención ao cliente e servizo técnico conselleiro de contacto, empresas-gl
      • Como detectar unha boa idea de negocio empresas-gl
      • SIP trunk: mellora as túas comunicacións con R empresas-gl
      • Tres claves para que o teu negocio sobreviva ás rebaixas empresas-gl

    PÓDECHE INTERESAR

    Norbolsa, exemplo de éxito no outsourcing de infraestruturas informáticas

    • 03 Decembro
    • smllnote_icon 2 min
    comparte

    R súmase ás tecnoloxías habilitadoras da Industria 4.0

    • 27 Novembro
    • smllnote_icon 2 min
    comparte

    R, o operador mellor valorado polas empresas pola súa atención ao cliente e servizo técnico

    • 18 Novembro
    • smllnote_icon 2 min
    comparte

    R, axente activo en ciberseguridade para as empresas de Galicia

    • 15 Novembro
    • smllnote_icon 1 min
    comparte

    R ofréceche a mellor solución cloud híbrida

    • 30 Outubro
    • smllnote_icon 2 min
    comparte

    CyberSec@GAL, primeiro foro galego sobre seguridade na empresa dixital, clausura como referente da ciberseguridade

    • 22 Outubro
    • smllnote_icon 2 min
    comparte

    As empresas e particulares galegos sofren case 3.000 ciberataques ao día

    • 17 Outubro
    • smllnote_icon 1 min
    comparte

    Preto para chegar máis lonxe

    • 01 Outubro
    • smllnote_icon 1 min
    comparte
    logo R

    solucións para empresas

    contacto

    información legal | política de cookies | política de privacidade

    suscribe footer gl

    newsletter empresas

    indícanos o teu enderezo de correo e enviarémosche un resumo dos mellores contidos.

    QUERO SUBSCRIBIRME

    Newsletter Empresas

    0% Complete
    R Cable é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para xestionar a túa solicitude de subscrición ao boletín de información con base nunha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obrigación legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, así como oporte a este tratamento, como se explica na información adicional da Política de Privacidade da nosa web.

    Política de Cookies

    En nuestra web utilizamos cookies propias y de terceros para ofrecerte un mejor servicio cuando vuelvas a visitarnos. Al navegar por nuestra web estás aceptando su uso. Encuentra aquí toda la información sobre nuestra política de cookies.

    Acepto