almorzo R: ‘Kit Dixital’ | axudas para a dixitalización

> ACCESO REXISTRO KIT DIXITAL

O Programa ‘Kit Dixital’ é unha iniciativa do Goberno de España que conta con 3.000 millóns de euros de orzamento procedentes dos fondos europeos Next Generation EU del Plan de Recuperación, Transformación y Resilencia.

O seu obxectivo é a concesión de axudas a pequenas e medianas empresas a través dos chamados bonos de dixitalización para contratar unha ou varias solucións do Catálogo de Solucións de Dixitalización.

Ao longo de tres sesións dinámicas explicaremos este programa:

Luns, 7 de novembro
9:30h

  • Que é e en que consiste o Programa Kit?
  • Os bonos dixitais en que consisten, que solucións engloban, que importes, como solicitalos, a quen van dirixidos, de que prazos dispomos?
  • Cal é o papel do ´axente dixitalizador´?

Luns, 14 de novembro
9:30h

  • Cal é a solución dixital para o meu negocio?
  • Fai medrar a túa empresa en Internet, cara a negocios cada vez máis dixitais
  • Solucións dixitais para xestionar e automatizar a túa empresa
  • Como dispor dunha oficina virtual garantindo a seguridade nas túas comunicacións?

Luns, 21 de novembro
9:30h

Nesta última sesión, da man do noso partner Abanca, daremos as ferramentas para financiar o teu investimento en tecnoloxía.

Relatores:

Monica Gondar Alvarez, Directora de negocio de Next Generation en ABANCA
Guillermo Cobelo Pelaez, Gerente de Desenvolvemento de Produto en ABANCA
Alberto Díaz Freire, responsable Alianzas e Transformación dixital de R Empresas

Documentos:

Presentación Sesión I
Presentación Sesión II
Presentación Sesión III

Data

07 - 21 Novembro 2022
Finalizdo!

Hora

09:30 - 10:30
Categoría
Círculo de Empresarios de Galicia

Organizador

Círculo de Empresarios de Galicia
Sitio web
http://circulo.gal

Outros organizadores

Código QR