APD TALKS | Como empregar a IA para o crecemento do teu negocio

O procesamento da linguaxe natural (PLN) é un tipo de intelixencia Artificial que interpreta a linguaxe humana escrita e oral para xerar solucións tecnolóxicas con que as empresas optimicen os seus procesos, a organización do persoal ou as súas ferramentas de traballo e que lles poidan, así, ofrecer os/as seus/súas clientes/as experiencias personalizadas.

Este tipo de IA facilítalles aos/ás humanos/as o entendemento cos/coas seus/súas conxéneres ao debullar as mensaxes clave de grandes volumes de textos, e inclusive posibilita a interpretación de sentimentos revelando a intencionalidade do emisor. Tamén descifra, dalgunha maneira, conversacións telefónicas ou videochamadas e interactúa coas persoas de xeito ‘intelixente’ para atender consultas e/ou derivar a axentes humanos/as no caso de que estes/as acheguen un valor diferencial.

Chatbots, atención telefónica, análises de sentimentos en redes sociais, procesamento de textos legais, redacción de documentos realizada por máquinas ou robots… É a implantación da IA fiable para as empresas? En que intre de desenvolvemento se encontra a IA na actualidade?

Nesta sesión de APD Talks, os/as voceiros/as responderán a estes temas e relatarán eses casos reais en áreas tan diversas como retail, atención ao cliente, enerxía ou marketing, entre outras.

axenda:

  • 16:00 Recepción asistentes
  • 16:30 Benvida
    Ana Sánchez, Directora APD Noroeste y Alfredo Ramos, Director de R
  • 16:35 Coloquio: “Como a IA entende a linguaxe humana e pode axudar o negocio”
    Adrián Bertol, responsable comercial de analítica e IA de R
    David Sánchez, Head of Product & Business Development de Baobab
  • 17:15 Coloquio a tres: “A IA nos negocios”
    Noemí Gil, CIO CONGALSA
    Roberto Baratta, Director of Loss Prevention
    Business Continuity and Security & DPO at ABANCA
    Moderado por Adrián Bertol e David Sánchez
  • 18:00 Peche

Lugar de celebración:
Light&Studio, Plaza de María Pita, 13 bajo izqda. A Coruña.

Data

01 Febreiro 2023
Finalizdo!

Hora

04:00
Light&Studio

Localización

Light&Studio
Plaza de María Pita, 13 bajo izqda. A Coruña.
APD

Organizador

APD
Sitio web
https://www.apd.es/
Código QR