Encontro dixital co nodo CIBER.gal

Como concienciar o persoal sobre a ameaza existente: o factor humano

 

As persoas son o primeiro dos escudos de defensa ante as ciber ameazas e a concienciación é a ferramenta para adestrarnos niso.

Da man do noso partner, S2 Grupo, compartirá neste encontro virtual a súa experiencia no desenvolvemento e despregadura de plans de mellora en cultura en ciberseguridade efectivos, e como estes achegan valor engadido á organización, incrementando o nivel global da seguridade e diminuíndo o risco de incidentes relacionados directamente cun dos compoñentes clave nesta materia: as persoas.

Estes plans estratéxicos de mellora en cultura en ciberseguridade axudarán en dotar as persoas que forman parte das organizacións do coñecemento e as ferramentas necesarias para potenciar e mellorar os seus comportamentos fronte aos riscos aos que se enfrontan na súa vida diaria.

Cando?: martes, 21 de xuño de 2022

Onde?: en ZOOM

Horario: de 9,30h a 10,30h

Relators:
Hilario Miró, Responsable da Unidade de Negocio de Concienciación en S2 Grupo
Susana Rey, Experta en ciberseguridad, Oficina de Protección de Datos de R

 

 

Colaborador

S2 Grupo

Data

21 Xuño 2022
Finalizdo!

Hora

09:30 - 10:30
Categoría
Empresas R

Organizador

Empresas R
Correo electrónico
xornadastecnoloxicas@mundo-R.net
Sitio web
https://www.mundo-r.com/gl/empresas
Código QR