Xornadas Tecnolóxicas

10 de outubro – A Coruña

R convídate a unha nova edición das súas Xornadas Tecnolóxicas, un lugar de encontro onde reflexionar sobre novas ideas, tendencias e valores das empresas galegas.

Vivimos unha era emocionante e transformadora na que as fronteiras entre o humano e o artificial se fusionan gradualmente. As xeracións futuras contarán cunha dualidade única: A integración das dúas intelixencias, a humana e máis a artificial.

Esta unión entre o biolóxico e o tecnolóxico non só redefine o que significa ser humano: tamén que tamén ofrece un potencial sen precedentes para abordarmos os desafíos do futuro.

Para iso contaremos con:

Joaquín Almunia

Exministro e exvicepresidente da Comisión Europea

Os conflitos bélicos, as numerosas consultas electorais, a inflación e a suba dos tipos de xuro en Europa e as eleccións dos EUA tradúcense en incerteza.

A xeopolítica está nun punto de inflexión. Atopámonos ante un mundo menos previsible e estes retos marcarán a axenda internacional.

Andrés Pedreño

Catedrático de Economía aplicada e experto en IA. Membro do consello asesor de IA da AMTEGA

A potencia da utilidade da Intelixencia Artificial revolucionará todas as funcións empresariais ao automatizar tarefas, mellorar a experiencia do/a cliente/a e incrementar a produtividade. Os Estados Unidos destacan en condución autónoma e plataformas, China lidera na industria de consumidores, e Europa aposta pola regulación. A IA é unha ferramenta poderosa para mellorar as empresas e a sociedade e afrontar os grandes retos da humanidade.

axenda

xoves, 10 de outubro

9:15 recepción de asistentes
9:30 benvida
Alfredo Ramos · Director de R
9:45 Os cambios xeopolíticos e económicos que se aveciñan:
impacto nas nosas organizacións

Joaquín Almunia · Exministro e exvicepresidente da Comisión Europea
10:40  conversan con Andrés Pedreño: Por que a IA é decisiva para o futuro das empresas?
Andrés Pedreño · Catedrático de Economía aplicada e experto en IA. Membro do consello asesor de IA da AMTEGA.
Adrián Bertol · Especialista en IA de R
11:30 premio aleluIA
11:45 peche
12:00  petisco para xerar sinerxías
 
 cando:  10 de outubro de 2024
onde: Árbore da Veira, Mirador de San Pedro, A Coruña
 
 
  • 00

    días

  • 00

    horas

  • 00

    minutos

  • 00

    segundos

Data

10 Outubro 2024

Hora

09:15 - 01:00

Localización

Restaurante Árbore da Veira
Empresas R

Organizador

Empresas R
Correo electrónico
xornadastecnoloxicas@mundo-R.net
Sitio web
https://www.mundo-r.com/gl/empresas
Código QR