Inclúe o vídeo márketing na túa estratexia
admin
2017-10-30
2 min
O vídeo márketing forma parte fundamental da estratexia de márketing de calquera empresa, para poder comunicar mellor na internet. Sabemos que o contido é o rei, pero dende hai un tempo comparte trono co vídeo.
Hoxe en día as cifras de consumo de vídeos na internet superan ás doutros formatos. De feito, a canle de vídeos Youtube está considerada como a segunda rede social máis valorada en España. Así o reflicte o último Estudo de Redes Sociais en España que realizou IAB.
Ver vídeos é unha das actividades principais que se realiza en redes sociais, así que debes aproveitar esta tendencia.
Que é o vídeo márketing?
O vídeo márketing non é un concepto novo. Trátase de transportar os anuncios da tele ás redes sociais ou ás plataformas de visionado de vídeos online . Pero estes vídeos non van ter as mesmas características que as dos anuncios que vemos na tele. Non se trata de adaptar un anuncio a Youtube ou difundilo a través de influencers . Ademais con publicidade pura e dura non se vende moito hoxe en día.
Estas son as características que debe ter a túa peza de vídeo márketing:
Curta : non debe ser moi longa porque senón aburres ao espectador.
Accesible : debe estar nunha plataforma accesible facilmente polos usuarios e sen contrasinais, a poder ser. Aínda que se se trata dunha campaña dirixida a un pequeno segmento pódelo facer.
Compartible: débese poder compartir en todas as plataformas online que utilicen os teus usuarios.
Equilibrada : debe seguir a túa liña de comunicación e de imaxe de marca. Por exemplo, se nas túas comunicacións sempre utilizas un ton próximo e amable non utilices agora un ton firme e serio.
Con contido : debe contar algo interesante, hoxe en día a técnica do storytelling é a que triunfa no amplo mundo da internet. Se contas algo que enganche aos usuarios xa alcanzaches a metade dos teus obxectivos.
Ideas para facer un vídeo márketing
Seguramente estás a pensar na pasta que vas a gastar se fas un vídeo márketing, pois estás moi equivocado. Non ten por que ser unha súper produción de Hollywood, podes facer algo moi adecuado á túa marca e que enganche.
Lembra que un vídeo márketing non ten que ser publicidade pura e dura, senón que tes moitas opcións. Podes facer un tutorial no que ensinas a utilizar un produto ou servizo.
VIDEO
Podes presentar a colaboración cunha iniciativa ou con outra empresa.
VIDEO
Ou podes dar a coñecer un novo produto ou servizo.
Plataformas
Á hora de subilo á rede a difusión pódela realizar en varias plataformas como Youtube ou Vimeo e tamén subilo a algún dos teus perfís en redes sociais.
Proba a facer un e cóntasnos como che foi, seguro que os teus clientes actuais e pontenciais engánchanse .
Ata a próxima!
Imaxe de @jakobowens1
visualizacións: 250