web empresas R
chámanos gratis ao 900 815 815
  • GL
  • ES
Blog R Empresa preto para chegar máis lonxe
  • eventos
  • casos de éxito
  • alianzas
  • vídeos
  • e-learning
  • R
    srch_icon
    menu_iconMENÚ
    • GL
    • ES
    menu_icon
      • eventos
      • ferramentas
      • casos de éxito
      • alianzas
      • vídeos
      • e-learning
    • GL
    • ES
    closeorng_icon
    Comparte

    Mindfulness, aprendendo a xestionar o estrés

    Euskaltel
    • 2020-05-04
    • notebk_icon 2 min

    Vivimos nunha contorna volátil, complexa e ambigua. Cada día enfrontámonos ás esixencias dunha conxuntura laboral tensionada, a relacións con clientes e provedores rápidas e esixentes, a demandas familiares e sociais nun mundo hiperconectado e global; ao exceso de información…

    Estas circunstancias poñen a proba a nosa capacidade de adaptación e en múltiples ocasións tamén nos xeran ansiedade. Pero o estrés non é o problema. O estrés é unha resposta natural e adaptativa que dende sempre nos permitiu sobrevivir. O que é prexudicial é estar constantemente coa alerta activada, o que chamamos ‘estrés crónico’.

    Porque chega un momento en que percibimos case todo como unha ameaza e nin sequera valoramos de maneira consciente os recursos de que dispoñemos para afrontar os desafíos que se nos presentan. Non nos paramos a reflexionar, a respirar; en xeral, non nos paramos. Aquí entra en xogo a práctica da Atención Plena ou Mindfulness.

    O Mindfulness aposta por enfocar a nosa atención no momento presente sen xulgar e sen distraccións de pensamentos futuros ou pasados. O presente significa estabilidade. Só deste xeito podemos prepararnos para afrontar o futuro con solidez e solvencia.

    Así o entenderon xa moitas empresas. Máis do 20% das compañías punteiras do mundo apoian e fomentan entre os seus equipos a práctica continuada e o adestramento en Mindfulness, e cada día son máis as que se suman aos beneficios desta disciplina para adestrar a atención.

    En R gústanos estar preto das nosas empresas e das persoas que as compoñen. Como asesor tecnolóxico, o noso papel pasa por achegarvos ferramentas e recursos que vos axuden a realizar a vosa actividade. E en ocasións non falamos de recursos materiais nin tecnolóxicos, senón de recursos que axuden a fortalecer a resiliencia emocional para que sexades quen de manexarvos de maneira máis sabia na incerteza, especialmente nunha situación tan complicada como a actual derivada da crise do COVID-19.

    Mindfulness é estar presente. É un estado de implicación absoluta na tarefa que estamos a realizar: focalizamos o obxectivo e concentramos enerxía e recursos na realidade que se nos presenta en cada momento.

    E que beneficios pode achegarnos nunha empresa?

    • Potencia do autocoñecemento
    • Mellora da nosa habilidade para escoitar, comunicarnos, xestionar emocións ou problemas
    • Potenciación da intelixencia emocional como competencia clave neste momento (empatía e auto-regulación emocional)
    • Desenvolvemento de habilidades de liderado
    • Mellora na toma de decisións
    • Mellora da xestión do cambio nunha contorna volátil e incerta
    • Aumento da capacidade de concentración
    • Elección da resposta máis axeitada ao contexto e ás circunstancias
    • Mellora da xestión do estrés e da calidade de vida

    En definitiva, os seus beneficios son visibles nunha chea de calidades tan necesarias como útiles na nosa contorna laboral.

    Neste momento en que nos atopamos é especialmente importante adestrar a nosa mente e a atención, coidarnos e permanecer preto de nós mesmos coa cabeza, o corazón e o corpo aliñados e conectados. A nosa vida persoal e profesional agradeceránnolo.

    No medio desta incerteza, as empresas temos a capacidade de xerar a confianza que a sociedade está a necesitar. E iso require dun liderado que estea en contacto coa realidade, que se ocupe do futuro. Un liderado responsable e consciente que inspire e inflúa dende o exemplo, un liderado dende dentro cara a fóra que nos acompañe no cambio e que comprenda a interconexión con todo o que nos rodea.

    visualizacións: 183

    Formulario contacto

    • póñase en contacto co noso asesor

    • R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para xestionar a túa solicitude información con base no noso interese lexítimo para atender a túa solicitude. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, agás que exista unha obrigación legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web. Se queres darche de baixa, por favor, envía un correo electrónico a R Empresas.

    • This field is for validation purposes and should be left unchanged.
    TOP
    Comparte
    Anterior Seguinte
    dietu doan chámanos gratis ao 900 815 815

    newsletter empresas

    indícanos o teu enderezo de correo e enviarémosche un resumo dos mellores contidos.

    apúntate ao noso newsletter!

    QUERO SUBSCRIBIRME

    TOP BLOG

    • popular
    • o último
    • o + comentado
      • 5 ferramentas para organizar ideas empresas-gl
      • ¿Cuáles son las vocaciones TIC del futuro en Galicia? empresas-gl
      • R, o operador mellor valorado polas empresas pola súa atención ao cliente e servizo técnico Casos de éxito, empresas-gl
      • scudo Lanzamos Scudo, o novo servizo de ciberseguridade integral para pemes empresas-gl
      • sistema_inmunitario_digital Que é e como coidar o Sistema Inmunitario Dixital dunha empresa empresas-gl
      • live-shopping Live Shopping: que é e por que precisas da mellor conexión de internet empresas-gl
      • 5 ferramentas para organizar ideas empresas-gl
      • As solucións M2M, unha aposta segura para os sistemas de comunicacións da túa empresa empresas-gl
      • soluciones_inteligencia_artificial BAI Analytics, vantaxes das solucións de Intelixencia Artificial para a túa empresa empresas-gl
    Etiquetas
    Big Data Blockchain Machine Learning

    PÓDECHE INTERESAR

    Lanzamos Scudo, o novo servizo de ciberseguridade integral para pemes

    • 28 Setembro
    • smllnote_icon 2 min
    Comparte

    Que é e como coidar o Sistema Inmunitario Dixital dunha empresa

    • 07 Setembro
    • smllnote_icon 2 min
    Comparte

    Live Shopping: que é e por que precisas da mellor conexión de internet

    • 31 Agosto
    • smllnote_icon 2 min
    Comparte

    Consellos para afrontar as “fake news” na túa empresa

    • 17 Agosto
    • smllnote_icon 3 min
    Comparte

    “Soft Skills”: que son e por que resultan importantes para a túa empresa

    • 11 Agosto
    • smllnote_icon 3 min
    Comparte

    Shlomo Ben Ami: “Temos que atopar unha diplomacia de equilibrio de paz en tempos de Intelixencia Artificial”

    • 06 Xullo
    • smllnote_icon 4 min
    Comparte

    Novas formas de pago: comodidade, versatilidade e seguridade

    • 05 Xullo
    • smllnote_icon 3 min
    Comparte

    Ramón Bueno: “É necesario empezar a traballar e investigar en blockchain para estar formados e cos recursos capacitados”

    • 27 Xuño
    • smllnote_icon 2 min
    Comparte
    logo R

    solucións para empresas

    contacto

    información legal | política de cookies | política de privacidade

    suscribe footer gl

    newsletter empresas

    indícanos o teu enderezo de correo e enviarémosche un resumo dos mellores contidos.

    QUERO SUBSCRIBIRME

    Newsletter Empresas

    0% Complete
    R é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para xestionar a túa solicitude de subscrición ao boletín de información con base nunha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obrigación legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, así como oporte a este tratamento, como se explica na información adicional da Política de Privacidade da nosa web. Se queres darche de baixa, por favor, envía un correo electrónico a R Empresas.