web empresas R
chámanos gratis ao 900 815 815
  • GL
  • ES
Blog R Empresa preto para chegar máis lonxe
  • eventos
  • ferramentas
  • casos de éxito
  • alianzas
  • vídeos
  • e-learning
  • R
    srch_icon
    menu_iconMENÚ
    • GL
    • ES
    menu_icon
      • eventos
      • ferramentas
      • casos de éxito
      • alianzas
      • vídeos
      • e-learning
    • GL
    • ES
    closeorng_icon
    Comparte

    Recomendacións para un teletraballo seguro

    Euskaltel
    • 2020-04-07
    • notebk_icon 2 min

    A maior parte das empresas xa cambiastes o chip e o teletraballo é a fórmula elixida para manter a actividade en situacións difíciles como a que estamos a vivir. Pero non podemos deixarnos arrastrar polas présas do momento. Debemos establecer o noso propio decálogo de boas prácticas para que non só teletraballemos, senón que ademais o fagamos de forma produtiva e segura.

    Si ao teletraballo, pero con seguridade

    A situación actual pon a proba a dixitalización dos nosos procesos de traballo. Necesitamos traballar dende calquera lugar, en calquera momento e de forma áxil, segura e sinxela. Non o dubidamos, é un reto difícil, pero non é imposible xa que hoxe, máis que nunca, a tecnoloxía, os servizos e as solucións de comunicación permítennos traballar dende a casa coma se estivésemos na oficina.

    Pero, ante este novo escenario, os nosos datos e procesos están sometidos a maiores riscos. Así que unha das nosas prioridades debe ser tomar medidas para protexernos de posibles atacantes. Porque teletraballar non pode significar expoñer os sistemas e os datos da nosa empresa na rede.

    Que medidas podemos tomar para un teletraballo ‘ciberseguro’?

    – Utilizar un servizo de Rede Privada Virtual (VPN) para conectarnos remotamente á empresa, evitando as wifis abertas, non fiables, ou compartidas por un gran número de usuarios.

    – Dispoñer dunha solución de firewall que protexa as infraestruturas da empresa, tanto dos servizos corporativos como das localizacións remotas.

    – Usar ferramentas de colaboración coas que intercambiar de forma segura información sensible entre o persoal da empresa. As ferramentas colaborativas como Teams ou Skype volvéronse esenciais: o persoal necesita compartir documentos ou celebrar reunións dunha maneira fluída e transparente mediante chat e chamadas tanto individuais como en grupos.

    – Revisar que o noso equipo de traballo se atopa adecuadamente bastionado e conta coas medidas de seguridade adecuadas (sistema operativo actualizado, aplicacións actualizadas e antivirus).

    – Protexer os nosos dispositivos, bloqueándoos sempre que non os usemos e facendo uso de contrasinais seguras que só nós coñezamos, e asegurar tamén o noso traballo, realizando copias de seguridade periódicas.

    Os perigos da rede son unha constante, e máis en tempo de coronavirus

    Convén lembrar que a ‘ciberdelincuencia’ ten sistemas automáticos para detectar, por exemplo, equipos co protocolo RDP (Remote Desktop Protocol) de Windows activado e conectados directamente a internet e pode facerse co control destes equipos.

    Ademais, nestes momentos está a notarse un incremento do spam e dos ataques de phishingaproveitando a necesidade que temos todos de información sobre o coronavirus.

    Sempre é importante estar alerta non abrindo mensaxes de correo nin ficheiros sospeitosos, de destinatarios descoñecidos ou non esperados, nin picando enlaces se non estamos seguros da súa procedencia. Tampouco debemos facer caso a chamadas telefónicas de provedores que se ofrecen a arranxarnos supostas incidencias que descoñeciamos.

    En definitiva, o teletraballo é a solución perfecta para continuar coa nosa actividade dende calquera lugar no que nos atopemos pero sen esquecer un aspecto fundamental dentro e fóra da oficina: a seguridade.

    ¿Te ha gustado?
    visualizacións: 78
    • catedraR

    Formulario contacto

    • póñase en contacto co noso asesor

    • R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para xestionar a túa solicitude información con base no noso interese lexítimo para atender a túa solicitude. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, agás que exista unha obrigación legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web. Se queres darche de baixa, por favor, envía un correo electrónico a R Empresas.

    • This field is for validation purposes and should be left unchanged.
    TOP
    Comparte
    Anterior Seguinte
    dietu doan chámanos gratis ao 900 815 815

    newsletter empresas

    indícanos o teu enderezo de correo e enviarémosche un resumo dos mellores contidos.

    apúntate ao noso newsletter!

    QUERO SUBSCRIBIRME

    TOP BLOG

    • popular
    • o último
    • o + comentado
      • 5 ferramentas para organizar ideas empresas-gl
      • ¿Cuáles son las vocaciones TIC del futuro en Galicia? empresas-gl
      • R, o operador mellor valorado polas empresas pola súa atención ao cliente e servizo técnico conselleiro de contacto, empresas-gl
      • apd-talks-coruna Como a IA entende a linguaxe humana e pode axudar ao teu negocio empresas-gl, Eventos
      • soluciones_5G Vantaxes, sectores e casos de uso da tecnoloxía 5G nas empresas empresas-gl
      • soluciones_tecnologicas_R_crear_empresa Pasos e solucións tecnolóxicas para crear unha empresa ou negocio con éxito empresas-gl
      • 5 ferramentas para organizar ideas empresas-gl
      • digitalizacion Dixitalización ante a pandemia: urxencia no presente, reto de futuro empresas-gl
      • As solucións M2M, unha aposta segura para os sistemas de comunicacións da túa empresa empresas-gl
    Etiquetas
    Big Data Blockchain Machine Learning

    PÓDECHE INTERESAR

    Como a IA entende a linguaxe humana e pode axudar ao teu negocio

    • 07 Febreiro
    • smllnote_icon 2 min
    Comparte

    Vantaxes, sectores e casos de uso da tecnoloxía 5G nas empresas

    • 20 Xaneiro
    • smllnote_icon 3 min
    Comparte

    Pasos e solucións tecnolóxicas para crear unha empresa ou negocio con éxito

    • 13 Xaneiro
    • smllnote_icon 3 min
    Comparte

    Marketplace, nova solución dispoñible no Kit Dixital

    • 04 Xaneiro
    • smllnote_icon 1 min
    Comparte

    Novas formas de traballo: do coworking á oficina virtual

    • 27 Decembro
    • smllnote_icon 2 min
    Comparte

    Como aplicar a Intelixencia Artificial para fixar prezos óptimos en tempo real

    • 20 Decembro
    • smllnote_icon 2 min
    Comparte

    Que vantaxes achegan as solucións IoT nun mundo hiperconectado?

    • 16 Decembro
    • smllnote_icon 2 min
    Comparte

    A Axencia Española de Supervisión da Intelixencia Artificial, en Galicia

    • 13 Decembro
    • smllnote_icon 2 min
    Comparte
    logo R

    solucións para empresas

    contacto

    información legal | política de cookies | política de privacidade

    suscribe footer gl

    newsletter empresas

    indícanos o teu enderezo de correo e enviarémosche un resumo dos mellores contidos.

    QUERO SUBSCRIBIRME

    Newsletter Empresas

    0% Complete
    R é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para xestionar a túa solicitude de subscrición ao boletín de información con base nunha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obrigación legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, así como oporte a este tratamento, como se explica na información adicional da Política de Privacidade da nosa web. Se queres darche de baixa, por favor, envía un correo electrónico a R Empresas.