R ofrece a Jealsa-Rianxeira solucións dixitais para que poidan crecer e internacionalizarse
admin
2019-09-27
3 min
Jealsa ,
coñécela, verdade? Fundada en 1958, é a compañía fabricante de
conservas líder en España e unha das máis importantes a nivel europeo e
mundial. O que talvez descoñeces é que esta empresa galega con máis de
50 anos de historia e 15 sedes ao redor do mundo ademais da fabricación e
comercialización de conservas de peixes e mariscos tamén incorpora á
súa actividade actual a alimentación (produtos conxelados e pratos
listos para consumir), Pesca (posúe unha armadora propia e participa
nunha frota atuneira) e Pet Food (alimentación 100 % natural para
mascotas) e Enerxía e Medio Ambiente (forma parte da ISS Foundation para
preservar os recursos mariños). É precisamente esta aposta pola
diversificación e a innovación a que lle permite ser máis competitiva no
mercado.
Jealsa leva xa varios anos confiando en R
como socio tecnolóxico estratéxico no seu proceso de Transformación
Dixital. “Durante este tempo, axudamos á empresa a mellorar a súa
produtividade ao liberar recursos e capacidade financeira para a
innovación en actividades e procesos core do seu negocio” comenta José
Manuel García, Cloud Product Manager de R.
“Nesta aposta pola dixitalización para poder seguir crecendo e innovando
para ser máis competitiva, Jealsa quería que a axudásemos a transformar
a súa infraestrutura de TI, necesitaba unha tecnoloxía que, ademais de
dar servizo a todas as súas sedes en Europa e América Latina, lle
axudase a mellorar na xestión do negocio e os produtos que ofrece aos
seus clientes”.
Desde R escoitamos a noso cliente,
analizamos as súas necesidades e modelo de traballo e finalmente
definimos un plan de estratexia aplicando os nosos coñecementos sobre
estas necesidades. Era necesario modernizar a infraestrutura de TI e
mellorar a seguridade
O principal reto era manter a operativa do negocio ante un desastre
de calquera tipoloxía (situacións climáticas adversas, desastres
naturais, incendios, fallos técnicos, ou continxencias imprevistas que
poñen en risco todas as medidas de seguridade establecidas de antemán)
sobre a súa infraestrutura de TI. Para iso, era necesario dotar a
empresa dunha plataforma de Tecnoloxías da Información capaz de
virtualizar a computación, as redes e o almacenamento, e que ademais
fose altamente autoxestionable.
Queres saber Como?
A nosa solución veu da man do noso provedor tecnolóxico VMWare . Para a xestión da súa infraestrutura de TI, R dotou a Jealsa da solución ofrecida pola plataforma VMware vCloud Director .
Esta plataforma cloud supoñía a solución perfecta para ofrecer un
verdadeiro servizo de centro de datos definido por software que abarcase
o cómputo, a rede e o almacenamento e fose ademais altamente
autoxestionable. Esta solución permite a Jealsa ser capaces de xestionar
toda a súa infraestrutura directamente baixo un modelo de pago por uso.
VIDEO
Doutra banda, Jealsa necesitaba apostar por unha solución multicloud
para levar as súas solucións de TI a unha nube con dúas localizacións
xeograficamente dispersas para contar cun centro de respaldo nun data
center remoto mediante un mecanismo de replicación de servidores
virtuais que lle permita xestionar de forma áxil os parámetros de RPO
–tempo entre réplicas–, e número de réplicas para almacenar, sempre
asegurando un RTO –tempo obxectivo de recuperación– practicamente cero. A
solución elixida para esta ocasión foi VMWare Cloud Availability , que permite a creación dunha plataforma de servizo multicloud.
Ao mesmo tempo, para dar a conexión máis segura a Internet nas súas sedes en Europa, dotouse a Jealsa dun Servizo Firewall Avanzado (UTM),
dunha rede WiFi Corporativa coa solución WiFi Empresa do Grupo
Euskaltel, tanto para o despregamento estatal como internacional e dunha
ferramenta de monitorización de datos. Jealsa dá un paso adiante,
tamén, no camiño das solucións na nube e a partir de agora poderá
acceder á súa solución crítica SAP, facendo uso dunha plataforma SAP HANA as a Service en alta dispoñibilidade.
Que beneficios obtivo o cliente?
Grazas ao proxecto despregado por R,
baseado na solución VMware, Jealsa pode ter unha visión global do
negocio, o que permite aos seus profesionais tomar decisións con máis
posibilidades de éxito. Dispón agora dunha infraestrutura de TI moderna,
flexible, robusta e segura. Sempre dispoñible e capaz de asegurar a
operativa do seu negocio para poder seguir innovando e ofrecer sempre os
mellores produtos aos seus clientes.
Con este modelo cloud Jealsa paga pola infraestrutura que realmente usa. Convértese así nunha solución modulable, flexible e escalable
que se adapta ao crecemento que poida ter a compañía. Deste xeito pode
dedicar os seus recursos internos a aquilo que realmente achegue máis
valor ao seu negocio e externalizar aqueles aspectos de administración
de infraestrutura de TI.
“Non chegariamos a ser o primeiro fabricante de conservas
de España e o segundo de Europa sen unha grande aposta pola innovación.
Este proxecto axudaranos a seguir crecendo e a centrar os nosos
esforzos no que mellor sabemos facer: ofrecer os mellores produtos aos
nosos clientes” Antonio Rodríguez. Director de informática e
comunicacións de Jealsa.
Se buscas solucións tecnolóxicas adaptadas á realidade da túa
empresa, e queres avanzar con todas as garantías cara á transformación
dixital, non dubides en contactar connosco : gustaríanos escoitarte e traballar contigo na mellor solución para o teu negocio.
visualizacións: 520