All posts by R

Lanzamos Edustream, unha plataforma educativa baseada en Intelixencia Artificial

Nestas circunstancias excepcionais, só podemos adaptarnos ao presente achegándonos ao futuro, tamén no ámbito do ensino. Así que, en colaboración co noso socio tecnolóxico Cinfo, lanzamos Edustream, unha plataforma educativa en streaming que utiliza a Intelixencia Artificial no Live Video. Edustream nace co propósito de ofrecer un sistema para que permita que o/a profesor/a siga … Continue reading Lanzamos Edustream, unha plataforma educativa baseada en Intelixencia Artificial

Norberto Ojinaga, retos e oportunidades da automatización e dixitalización na empresa

Norberto Ojinaga, CTO (Chief Technlogy Officer) de R, reflexionou sobre as tendencias, retos e oportunidades da empresa ante a automatización e a dixitalización nun encontro dixital da Asociación para el Progreso de la Dirección. O foro, que se engloba nas accións de APD LIVE, reuniu arredor dun centenar de directivos galegos, asturianos e vascos. Así … Continue reading Norberto Ojinaga, retos e oportunidades da automatización e dixitalización na empresa

Case a metade dos ciberataques concéntranse nas pemes

Aínda que os ciberataques máis coñecidos son a grandes empresas, o certo é que as pemes son máis vulnerables porque, en xeral, atópanse máis desprotexidas. Unha peme non se pode permitir contratar persoal especializado e realizar grandes investimentos en solucións de seguridade, tal e como fan as grandes empresas. Mais a transformación dixital chegou para … Continue reading Case a metade dos ciberataques concéntranse nas pemes

Consellos sobre ciberseguridade para o teu negocio

De que lle serve á vosa empresa dispoñer das máis áxiles e avanzadas redes, sistemas e solucións de telecomunicacións se non se protexe eficazmente de posibles ataques e riscos? Phishing -ou suplantación de identidade- e ramsonware -ou secuestro virtual de información- son só algúns dos ‘ciberataques’ máis habituais na actualidade. Todos eles prodúcense, ademais, nun … Continue reading Consellos sobre ciberseguridade para o teu negocio

Teams Direct Routing: o camiño cara a oficina sen cables

Pensaches algunha vez nas vantaxes que lle achegaría á túa empresa dispoñer de postos de traballo simples, integrados e móbiles? Ou, o que é o mesmo, unha oficina sen cables que facilite a mobilidade. Falamos dun modelo de oficina que integra ferramentas ofimáticas e de colaboración coas comunicacións nunha mesma interface multidispositivo e de uso … Continue reading Teams Direct Routing: o camiño cara a oficina sen cables

A revolución dos servizos TI

Pequeno comercio, industria, banca, hostalería, turismo… dende todos os sectores requírense os servizos das compañías provedoras de tecnoloxía, sobre todo neste 2020 no que a mobilidade e o cambio na forma de consumo marcou o ritmo do negocio. Expertos de diversas compañías provedoras de servizo reuníronse virtualmente nun encontro de Computing, en colaboración con Commvault, … Continue reading A revolución dos servizos TI

Como afrontar con éxito a dixitalización da túa peme

A oficina actual xa non é un conxunto de cadeiras, mesas e caixoneiras localizadas nun lugar determinado ao que acodes a traballar cada día. Agora elaboras documentos, ‘chateas’ cos teus compañeiros e asistes a reunións e webinars dende calquera lugar e a calquera hora; é o momento da transformación dixital. Para empezar, debes facer unha … Continue reading Como afrontar con éxito a dixitalización da túa peme