A revolución dos servizos TI
R
2020-12-23
2 min
Pequeno comercio, industria, banca, hostalería, turismo… dende todos os sectores requírense os servizos das compañías provedoras de tecnoloxía, sobre todo neste 2020 no que a mobilidade e o cambio na forma de consumo marcou o ritmo do negocio.
Expertos de diversas compañías provedoras de servizo reuníronse virtualmente nun encontro de Computing , en colaboración con Commvault , para falar dun sector que se está actualizando e que ten moito que ofrecer.
As redes de telecomunicacións, as solucións cloud e as ferramentas colaborativas foron a mellor medicina TIC para un mercado pandémico . Por esta razón, pese á freada no investimento que deron todas as empresas por mor da crise, o ámbito TI foi o que menos sufriu estes recortes.
A seguridade por diante
A preocupación pola seguridade estendeuse a todos os niveis. Solucións de backu p de Office 365 , de disaster recovery replicadas no centro de datos, de biometría e control de identidades nos dispositivos móbiles e unha longa lista de escudos virtuais blindaron a actividade duns empregados que están máis expostos e que operan nun perímetro máis aberto que nunca.
Estender redes VPN nun tempo récord foi a principal misión das operadoras nos últimos meses. As redes de datos integradas servíronse da virtualización, a nube, os data center definidos por software e os sistemas de replicación para crear un ecosistema dixital eficiente e seguro. Ademais da supervivencia do negocio, ‘as empresas puideron comprobar como tecnoloxías como a nube lles permiten reorientar os recursos da xestión de infraestruturas á xeración de valor engadido’, apuntou no encontro de Computing José Manuel García Fernández, Cloud Product M anager do Grupo Euskaltel.
‘As empresas puideron comprobar como tecnoloxías como a nube lles permiten reorientar os recursos da xestión de infraestruturas á xeración de valor engadido’, José Manuel García Fernández, Cloud Product Manager do Grupo Euskaltel
A especialización escala posicións
A estandarización da infraestrutura e a madurez dos modelos IaaS (infraestrutura como servizo) e PaaS (plataformas-aplicacións como servizo) fixerona que os provedores se centrasen en ofrecer produtos e servizos sectorizados, creando paquetes especializados válidos para cada cliente , xa que cada vez as compañías demandan máis solucións á marxe de estrutura TIC tradicional.
Xigantes tecnolóxicos, como Microsoft, Amazon ou Google teñen solucións que non están ao alcance de todas as empresas e, ademais, a complexidade de certas ferramentas conleva contratar a expertos para xestionalas, o que desanima a moitas compañías. Por este motivo é tan importante examinar a oferta do mercado e os casos de uso do cliente para elixir a mellor opción .
En R realizamos este exame enfocándonos en solucións de análises de datos, intelixencia artificial e machine learning , para o que creamos BAI Analytics , unha unidade de negocio específica con enxeñeiros especializados. Unha vez adquiridas pola compañía en cuestión, encargámonos de explotar e administrar a tecnoloxía que hai detrás destas solucións para que o cliente se despreocupe, pois para iso creamos un aloxamento de cargas especiais de Oracle, SAP HANA… poñendo ao dispor das empresas profesionais certificados nestas tecnoloxías.
A nube, omnipresente e omnipotente
Dende R vemos a nube pública como ‘un data center próximo e xeoposicionado’ e queremos transmitirvos esta visión aos clientes proporcionando ‘solucións de conectividade privada á nube pública de maneira integrada, coma se fose unha sede máis da empresa’ , en palabras de José Manuel García Fernández. Neste sentido, concibimos os grandes provedores cloud, máis como aliados que como competidores, e dende hai tempo somos socio tecnolóxico de Microsoft Azure e centrámonos no crecemento de Office 365 .
Estás interesado nas nosas solucións tecnolóxicas para empresas? Se queres saber máis, subscríbete ao noso boletín. Tamén podes contactar co equipo da área comercial empresas.
visualizacións: 197