Talleres do dato: aplicación da IA, análise e máis
R
2024-02-16
3 min
O dato axuda a optimizar e automatizar procesos , permite novos modelos de negocio e servizos e mellora a toma de decisións e permitíndovos ás empresas ser máis competitivas. Así que en R organizamos unha serie de talleres prácticos dedicados integramente ao Data Analysis nas súas diferentes vertentes: aplicación da Intelixencia Artificial, ánalise e infraestrutura.
O dato é un activo clave en empresas de todos os sectores e tamaños, pero non é tarefa fácil recompilalo, analizalo nin, en resumo, tirarlle todo o partido. En R queremos axudarvos, e para iso celebramos os nosos Talleres do dato . Foron encontros exclusivos impartidos polos nosos expertos en analítica de datos e IA, con carácter fundamentalmente práctico, e dirixidos a profesionais e directivos/as de pemes e grandes empresas.
Primeiro Taller do dato: como obter valor aplicando a Intelixencia Artificial
No primeiro taller sobre o dato analizouse como obter valor dos datos aplicando a Intelixencia Artificial . Hai tantas contornas como empresas, polo que cada proceso ou máquina xera e almacena un tipo de datos diferente. A IA axuda a organizalos e tirarlles o máximo partido pero, para iso, resulta fundamental definir o contexto, as necesidades e analizar a produción.
A partir de aí, un paso necesario é configurar un Data Warehouse corporativo con toda a información consolidada. Falamos dun sistema que pon a información ao dispor de todos dunha maneira sinxela, rápida e adaptada ás necesidades concretas de cada empresa.
En organizacións máis grandes, a mellor opción é un Datalake , con datos de máis tipos como non estruturados. Coa axuda da IA, avánzase cara a proxectos con ciencia de datos baseados na predición , mesmo os menos habituais, malia ser os que máis valor lle achegan actualmente á contorna industrial.
En todo caso, de cara a emprender unha estratexia para toda a empresa, convén empezar polo goberno do dato e facer unha consultoría polo miúdo de todos os datos dispoñibles na empresa: orixe, usos, visualización, analítica, potencial de uso…
Segundo Taller do dato: infraestrutura e casos prácticos
Na segunda sesión centrámonos xa en casos prácticos relacionados coa despregadura de proxectos de analítica e Intelixencia Artificial. O obxectivo é contar cunha base para a explotación áxil e con éxito dos datos, así que se analizaron infraestruturas, arquitecturas e estratexias en contornas de cloud pública e privada.
Por exemplo, relatouse como realizar a automatización da inxesta de calquera fonte, mesmo en tempo real. En canto ao almacenamento, como se configura un DataLake confiable (escritura) ou se crean os DataMarts (lectura).
Escenarios reais e beneficios para as empresas
Nestes talleres mostrámosvos escenarios nos que se viu toda a tecnoloxía arredor do dato , como se relaciona e que beneficios vos pode achegar ás empresas dende o primeiro momento. En particular, dende a inxesta de fontes, ‘anonimización’ e utilizando diferentes almacenamentos pensados para a análise, o goberno do dato e a súa explotación.
Ademais, fixémolo expondo diferentes casos de uso, como é a integración de fontes externas (ex.: RRSS e conversacións), para aplicar a Intelixencia Artificial Xenerativa (Modelos de Linguaxe Natural). Para este caso de uso concreto expomos unha hibridación con HyperScalares. Tamén expuxemos a hibridación entre ecosistemas e stacks tecnolóxicos, como é o exemplo de Mileva con Snowflake (cloud datawarehouse) e DataRobot (AutoML).
Ao igual que analizar como preparar a información e establecer os fluxos e conexión ao cloud . A nosa plataforma Mileva permite ter o control da información e planificar e automatizar cargas utilizando a ferramenta de AutoML DataRobot. E sempre resulta indispensable establecer un goberno dos datos que garanta a calidade, o acceso e a seguridade.
Se queres saber máis sobre as nosas solucións tecnolóxicas para empresas , subscríbete ao noso boletín ou contacta co teu asesor persoal ou co noso equipo da área comercial empresas a través do seguinte formulario. E para estar ao día das últimas noticias séguenos en LinkedIn .
visualizacións: 174