All posts by R

O Grupo Euskaltel está incluído no FTSE4 Good IBEX, un dos índices de sustentabilidade máis prestixiosos

A Responsabilidade Social Corporativa é un fiel reflexo de toda empresa, das súas accións, dos seus obxectivos e, sobre todo, dos seus valores. Tal é o caso do Grupo Euskaltel, xa que para nós a Responsabilidade Social Empresarial é unha prioridade e sentímonos especialmente orgullosos de participar ou ser recoñecidos nalgunha das moitas iniciativas dirixidas … Continue reading O Grupo Euskaltel está incluído no FTSE4 Good IBEX, un dos índices de sustentabilidade máis prestixiosos

Renovamos as nosas solucións M2M para os sistemas de comunicacións da túa empresa

As plataformas M2M baséanse nas comunicacións ‘Máquina a Máquina’; é dicir, no intercambio de datos entre dúas máquinas remotas. A día de hoxe son unha alternativa perfecta para todas aquelas empresas que demandedes ou ofrezades servizos de sensorización móbil ou xestión remota das máquinas baseada en conectividade móbil. En R dispoñemos dunha solución M2M que … Continue reading Renovamos as nosas solucións M2M para os sistemas de comunicacións da túa empresa

2020, Intelixencia Artificial: converteuse na gran protagonista nas empresas?

Non cabe dúbida de que o mundo cambiou a unha velocidade de vertixe neste atípico ano 2020. A pandemia da COVID-19 acelerou o ritmo normal ao que se suceden as cousas, algo que lles afectou especialmente aos moitos procesos de dixitalización en que estades inmersas as empresas privadas e públicas. Unha transformación dixital na que … Continue reading 2020, Intelixencia Artificial: converteuse na gran protagonista nas empresas?

Hosting Oracle, a nube do futuro para as aplicacións da túa empresa

Os servizos na nube e as contornas cloud convertéronse nos grandes aliados da tecnoloxía do momento, xa que grazas a eles as empresas contades con algunhas das funcionalidades que máis estades a demandar nos servizos de hosting para empresas: mobilidade, aforro de espazo, de custos, versatilidade, escalabilidade ou integración co resto de sistemas da empresa. … Continue reading Hosting Oracle, a nube do futuro para as aplicacións da túa empresa

A Intelixencia Artificial, a nosa aliada tecnolóxica na loita contra a COVID-19

A COVID-19 está a marcar un antes e un despois nas nosas vidas, nas nosas sociedades e nas nosas organizacións nun momento no que, por outra banda, a transformación dixital e as solucións de Intelixencia Artificial están sobre a mesa en moitas empresas. Neste contexto, antóllasenos esencial aproveitar os usos e as potencialidades dos diferentes … Continue reading A Intelixencia Artificial, a nosa aliada tecnolóxica na loita contra a COVID-19

Reganosa aposta pola transformación dixital coa incorporación do hosting HANA

Non hai pausa nos procesos de dixitalización das vosas empresas. Nesta ocasión, Reganosa, empresa dedicada ao transporte e regasificación de gas natural, acaba de chegar a un acordo con R para incorporar na súa organización os servizos e plataformas na nube de SAP HANA. Un proxecto que se enmarca tamén dentro da súa estratexia de … Continue reading Reganosa aposta pola transformación dixital coa incorporación do hosting HANA

Claves das solucións de Intelixencia Artificial para a túa empresa

Solucións termográficas, control de capacidade de recintos, analítica de datos, cidades intelixentes, telemedicina… poucos sectores parecen alleos a día de hoxe ás solucións de Intelixencia Artificial. Sabemos que optimizan a información, que automatizan procesos, que nos permiten coñecer mellor os nosos clientes e anticiparnos así, mellor, ás súas necesidades. Pero, a que nos estamos referindo … Continue reading Claves das solucións de Intelixencia Artificial para a túa empresa

O dato, activo clave da empresa dixital intelixente

Canto máis coñecemos os nosos clientes, mellor podemos responder ás súas necesidades; canto máis automatizamos ese proceso, maior eficiencia obtemos no uso dos nosos recursos; a maior dixitalización da nosa empresa, máis competitivos somos nunha sociedade dixitalizada. E as solucións de Big Data e Intelixencia Artificial están aí para achandar o camiño cara á exitosa … Continue reading O dato, activo clave da empresa dixital intelixente

Medidas públicas para apoiar a dixitalización das empresas

A pandemia da covid vén de traspasar moitas barreiras empresariais de cara á dixitalización e á conectividade. Ten posto de relevo outras formas de traballar, como o teletraballo, as videoconferencias, a prestación de servizo en remoto, a interconectividade de cliente – provedor ou a automatización de procesos e/ou tarefas. Está a aumentar a demanda e … Continue reading Medidas públicas para apoiar a dixitalización das empresas

Claves da ‘aprendizaxe automática automatizada’ vinculada á Intelixencia Artificial

Incorporar todos eses coñecementos e posibilidades dos que dispoñemos a partir da Intelixencia Artificial e extraer de forma automática a mellor solución para a nosa empresa. Ese é o obxectivo fundamental da chamada ‘aprendizaxe automática automatizada’, automated machine learning ou AutoML. Cada día manexades máis datos nas vosas empresas, por iso é polo que a … Continue reading Claves da ‘aprendizaxe automática automatizada’ vinculada á Intelixencia Artificial