2020, Intelixencia Artificial: converteuse na gran protagonista nas empresas?
R
2020-09-30
3 min
Non cabe dúbida de que o mundo cambiou a unha velocidade de vertixe neste atípico ano 2020. A pandemia da COVID-19 acelerou o ritmo normal ao que se suceden as cousas, algo que lles afectou especialmente aos moitos procesos de dixitalización en que estades inmersas as empresas privadas e públicas. Unha transformación dixital na que adquiren especial relevancia a captura, o tratamento e a posta en valor dos datos de que dispoñedes.
E case sen nos decatar, os proxectos liderados polas áreas de analítica das organizacións convertéronse nos grandes protagonistas de moitas empresas porque, aínda que xa erades conscientes de que a transformación dixital e a Intelixencia Artificial proporcionan vantaxes competitivas a todas as industrias, a pandemia proporcionou maior cantidade e variedade de motivos para apostar con forza por solucións deste tipo .
O noso equipo especializado en servizos de Intelixencia Artificial aplicada, BAI Analytics , identificou unha serie de patróns na industria da IA que gañaron peso e se volveron máis comúns nos últimos meses:
1. O tamaño das empresas e organizacións que deciden dedicar recursos a proxectos de IA reduciuse notablemente.
2. O tamaño medio dos equipos de ciencia de datos/ Intelixencia Artificial /analítica avanzada das empresas tamén se reduce, debido á incorporación de empresas máis pequenas ao mundo da IA, como acabamos de comentar, e tamén á maior capacidade das ferramentas dispoñibles, que evita incrementar o equipo humano necesario.
3. Mantense a escasez de perfís capacitados e con experiencia , polo que se fan indispensables as colaboracións estratéxicas entre socios tecnolóxicos e empresas.
4. Os proxectos de IA nos que se embarcan as empresas están a pasar por un período de maior madurez e de aliñamento cos intereses principais da organización ; é dicir, cada vez inícianse menos proxectos dirixidos ao público e son máis os que buscan aumentar os ingresos, reducir custos e lograr unha mellor relación co cliente.
5. O presuposto medio dun proxecto ou piloto dunha empresa redúcese, tanto pola aparición de ferramentas que permiten desenvolver iniciativas de IA de maneira máis rápida e controlada, optimizando o seu custo, como por atoparnos nunha época de recortes orzamentarios.
Os datos confírmannos que a industria vinculada á Intelixencia Artificial avanza, pero non sempre se resolven algúns dos tradicionais problemas vinculados a estas novas tecnoloxías, algo para o que seguides demandando asesoramento.
En primeiro lugar, preocúpavos conseguir o despregamento e a posta en valor dos proxectos de IA nun tempo razoable , xa que non son operativos aqueles cuxa posta en marcha se dilata durante meses; para entón quedaron obsoletos, os seus datos xa non se axustan á actualidade e mesmo as necesidades poden ter cambiado radicalmente; e de nada serve crear un modelo que non se pon en produción.
Tamén necesitades controlar os modelos despregados de maneira efectiva e continua , non só como un proceso puntual. E para iso é necesario adaptar as mellores prácticas empresariais en escenarios con múltiples modelos en produción.
Somos conscientes de que as empresas cuxa madurez de IA é aínda inicial, e mesmo aquelas que contan xa con ferramentas específicas de gobernanza de datos, aínda teñen dificultades para priorizar casos de uso e detectar o grao de complexidade e impacto na propia organización .
En definitiva, ser exitoso na implementación de iniciativas con Intelixencia Artificial non consiste só na compra dunhas licenzas e dispoñer dun dataset histórico. Para poder abranguer un proxecto de principio a fin hai que ter tamén en conta variables como a calidade dos datos, as plataformas adecuadas, o coñecemento dos perfís apropiados e unha estratexia ben definida executada por un equipo directivo concienciado dos beneficios que a IA lle pode achegar.
En R estamos para axudarte a implantar na túa empresa os servizos de Intelixencia Artificial que mellor se adapten ás túas necesidades. Se queres saber máis sobre as nosas solucións tecnolóxicas , subscríbete ao noso boletín. Tamén podes contactar co equipo da área comercial empresas.
visualizacións: 178