III EDICIÓN SEMANA online DAS TENDENCIAS e INFRAESTRUTURAS TIC

Os principais expertos do sector contarán, de primeira man, o futuro das infraestruturas TIC.

Ao longo de cinco sesións, participativas e exprés, compañías líderes en tecnoloxía a nivel mundial mostrarán as principais tendencias TIC que están a marcar os novos tempos e presentarannos solucións aos retos derivados dos procesos de dixitalización das empresas.

En cada unha das xornadas, un especialista ofrecerá a súa visión estratéxica para axudarte na toma de decisións e adiantarte aos desafíos máis importantes que é necesario afrontar no sector do TIC ao completo, no futuro que xa está presente.

SESIÓNS

FORTINET_ O FUTURO DA SEGURIDADE DA REDE NA NUBE
Lunes, 4 de marzo

Nesta sesión falaranos de Fortinet single vendor SASE. A solución que integra a conectividade SD-WAN xunto con ZTNA e SSE. Dunha maneira eficaz poderás ter a visibilidade, control e unha seguridade consistente dende calquera punto. Ademais, contrarresta as ameazas en tempo real con servizos de seguridade impulsada por IA de FortiGuard.

ARUBA_ CONSTRUÍNDO AS REDES DO FUTURO: ESTAMOS PREPARADOS PARA A DIRECTIVA NIS2?
Martes, 5 de marzo

As solucións de seguridade de Aruba, seguridade “edge”, o impacto de contornas IoT/OT.
Todo dentro da Directiva NIS2, a lexislación a escala da UE en materia de ciberseguridade, que proporciona medidas legais para impulsar o nivel xeral de ciberseguridad na UE.

MICROSOFT_ IA XENERATIVA NO POSTO DE TRABALLO. COPILOT PARA MICROSOFT
Miércoles, 6 de marzo

Abordaremos os retos e oportunidades das organizacións e os seus responsables de IT á hora de adoptar Copilot para Microsoft 365.

OZONA_ DESKTOP AS A SERVICE, SEGURO, DISPOÑIBLE, FLEXIBLE
Jueves, 7 de marzo

Nesta sesión coñecerase Desktop As a Service, a solución para mellorar a eficiencia e a seguridade da súa empresa, dotando as mellores formas para traballar nunha contorna de teletraballo ou traballo deslocalizado, e proporcionar un control do rendemento das aplicacións e de traballador.

COMMVAULT_ DATOS SEGUROS, NEGOCIO RESILIENTE
Viernes, 8 de marzo

Chegamos a un punto de inflexión, no que a confluencia de datos, aplicacións e dispositivos se atopa con arquitecturas híbridas e unha nova xeración de ameazas, como o ransomware, agora alimentada polo auxe do Machine Learning e a IA Xenerativa. Precísase un novo enfoque. Un que consolide, racionalice e ofreza aos CISO e a IT tomar a dianteira. Combater a IA con IA. Ofrecer unha verdadeira seguridade nativa dos datos na nube que fortaleza a resiliencia do teu negocio. A estratexia de seguridade de Commvault Cloud.

Axenda

09:30h  benvida de man do partner
09:35h  tendencia TIC para o futuro
09:55h  preguntas

Lugar de celebración: online Teams

Aforo limitado, se estás interesado ponte en contacto co teu asesor comercial

Data

04 - 08 Marzo 2024
Finalizdo!

Hora

09:30 - 10:30
Empresas R

Organizador

Empresas R
Correo electrónico
xornadastecnoloxicas@mundo-R.net
Sitio web
https://www.mundo-r.com/gl/empresas
Código QR