
II edición – semana tendencias TIC
Os principais expertos do sector contarán, de primeira man, o futuro das infraestruturas TIC.
Ao longo de cinco sesións, participativas e exprés, compañías líderes en tecnoloxía a nivel mundial mostrarán as principais tendencias TIC que están a marcar os novos tempos e presentarannos solucións aos retos derivados dos procesos de dixitalización das empresas.
En cada unha das xornadas, un especialista ofrecerá a súa visión estratéxica para axudarte na toma de decisións e adiantarte aos desafíos máis importantes que é necesario afrontar no sector do TIC ao completo, no futuro que xa está presente.
SESIÓNS
FORTINET_ Integración da seguridade da Cloud co posto de traballo
Luns, 13 de febreiro
Xestión de seguridade dos teus endpoints, mediante mecanismos de protección avanzada cun sistema de detección e resposta a incidentes baseado en machine learning e opcións de seguridade.
ARUBA_ Presente e futuro da tecnoloxía da conectividade nas empresas
Martes, 14 de febreiro
O presente e futuro das empresas depende da axilidade en adoptar novas capacidades e procesos apoiados na súa aposta tecnolóxica.
MICROSOFT_ Novas ferramentas na securización do posto de traballo
Mércores, 15 de febreiro
Seguridade avanzada e administración de dispositivos contra as ciberameazas, incluídos o malware e o ransomware.
RED HAT_ Microservizos: novo paradigma do desenvolvemento de aplicación
Xoves, 16 de febreiro
Sen dúbida, ouviría falar da arquitectura de microservicios, pero entendela e implementarla pode ser un gran desafío.
Red Hat ofrece solucións probadas, eficaces e impulsadas pola comunidade en calquera etapa do proceso de adopción dos microservicios na que se atope.
COMMVAULT_ Estratexia moderna da xestión dos datos
Venres, 17 de febreiro
A seguridade e protección contra “malos actores” convértese en vital para as organizacións.
Axenda
09:30h benvida de man do partner
09:35h tendencia TIC para o futuro
09:55h preguntas
Lugar de celebración: online Teams
