A ciberseguridade non é só para técnicos
R
2024-02-02
3 min
Sabes que seis de cada dez pemes que sofren un ciberataque pechan antes de seis meses? A ciberseguridade debe ser unha prioridade para toda empresa e para todo aquel que toma decisións nela, non só técnicos. Porque, para unha boa defensa, resultan claves a información, a coordinación e a concienciación.
O martes 30 de xaneiro organizamos no Círculo de Empresarios de Galicia un almorzoR dirixido a profesionais non técnicos que toman decisións en materia de ciberseguridade na empresa .
Neste taller empresarial resolvemos dúbidas sobre que facer para protexer a vosa empresa e os vosos dispositivos ; aclaramos que tipos de vulnerabilidades son as máis habituais e cales son as principais modalidades de ataque ; e propuxemos solucións para que teñades clara a estratexia de ciberseguridade que cómpre sigades na vosa peme.
Ciberseguridade: expectativas e rendibilidade
Javier Franco, Director de Marketing Empresas de R , comezou a súa charla falando sobre quen están detrás dos ataques e cales son as súas expectativas.
En xeral, os ciberataques están marcados pola súa expectativa de rendibilidade.E hai unha cousa clara: a seguridade 100% non existe e todos os sistemas de seguridade pódense romper dispoñendo de tempo abondo e recursos.
Entón, que podemos facer? As nosas medidas de seguridade deben conseguir que non sexamos un obxectivo interesante a ollos do atacante.
Tipos de vulnerabilidades e ataques en ciberseguridade
Para iso, debemos ter en conta os principais tipos de vulnerabilidades :
• As tecnolóxicas , inducidas pola tecnoloxía que utilizamos.
• As operativas , causadas pola maneira en que configuramos e xestionamos a tecnoloxía. Inflúen dende os coñecementos e a experiencia ata as revisións ou auditorías, ademais da superficie de exposición.
• As relacionadas co factor humano , provocadas polas accións dos/as usuarios/as.
E tamén as modalidades de ataques máis habituais . Falamos, fundamentalmente, de dous:
• Por campaña , mediante envíos masivos de correos (mailings) e escaneos automáticos. Requiren pouco esforzo e tempo, as expectativas non son moi altas e son os ataques máis habituais ás pemes.
• Dirixidos , coñecen a vosa empresa e van a por ela. Requiren máis preparación e recursos e tamén resultan máis difíciles de contrarrestar.
Sendo realistas, non sempre podemos evitar un ciberataque, así que é imprescindible estar preparados e saber que facer cando iso suceda para minimizar danos.
Como coidar a ciberseguridade da empresa
Entón, que podo esperar se atacan a miña empresa? As consecuencias son moi variadas e reinvéntanse constantemente: extorsión por ameaza de perda ou publicación de datos; parada de produción; roubo por suplantación…Así que, entre outras, as precaucións deben ir encamiñadas a contar con medidas de detección e asegurar capacidade de recuperación, cumprindo sempre a normativa e mostrando responsabilidade civil ante terceiros.
Tamén resulta fundamental a coordinación entre os sistemas de información e o ámbito da ciberseguridade . Dun lado, atendendo a aplicacións de negocio, actualizacións, configuracións e personalizacións, xestión de usuarios/as, datos de empregados/as, clientes7as e provedores/as e terminais. No que respecta a a ciberseguridade en si, a través da correcta aplicación de tecnoloxías, procedementos, auditorías e cumprimentos, con especial fincapé na educación do usuario.
E todo iso dende unha perspectiva xenérica e transversal que teña en conta tanto as necesidades orzamentarias como as vulnerabilidades e as situacións non resoltas.
Scudo, a solución de ciberseguridade para pemes de R
Para facer fronte a este escenario, en R propoñémosvos Scudo , o noso servizo de ciberseguridade integral para pemes .
Trátase dunha potente ferramenta tecnolóxica recoñecida no mercado e con instrumentos de protección nos elementos críticos avaladas por CCN (Centro Criptológico Nacional). Teredes á vosa disposición persoal especializado que se dedicará 24/7 a rastrexar posibles ameazas e co que, ademais, podedes establecer comunicación directa.
Scudo incorpora políticas de prevención, auditorías periódicas e formación para o/a usuario/a e inclúe a posibilidade de contratar un ciberseguro, tal e como che contamos con detalle neste outro post do noso blog .
En R contamos con máis de 16 anos de experiencia na detección de necesidades e implementación de solucións e ferramentas de seguridade dixital. O noso obxectivo é sempre ofrecervos tecnoloxía que mellore a experiencia do/a cliente/a no voso negocio.
Se queres saber máis sobre as nosas solucións tecnolóxicas para empresas , subscríbete ao noso boletín ou contacta co teu asesor persoal ou co noso equipo da área comercial empresas a través do seguinte formulario. E para estar ao día das últimas noticias síguenos en LinkedIn .
visualizacións: 206