web empresas R
chámanos gratis ao 900 815 815
  • GL
  • ES
Blog R Empresa preto para chegar máis lonxe
  • eventos
  • casos de éxito
  • alianzas
  • vídeos
  • e-learning
  • R
    srch_icon
    menu_iconMENÚ
    • GL
    • ES
    menu_icon
      • eventos
      • ferramentas
      • casos de éxito
      • alianzas
      • vídeos
      • e-learning
    • GL
    • ES
    closeorng_icon
    Comparte

    Como a imaxe, o vídeo e a intelixencia artificial axudan na “hiperautomatización” das empresas

    R
    • 2022-11-10
    • notebk_icon 3 min

    Que é a “hiperautomatización”? Trátase dun concepto cada vez máis estendido que se refire ao proceso pleno de dixitalización e sostibilidade das empresas a todos os niveis para competir cos mercados máis desenvolvidos e avanzados do mundo.

    Recentemente, Galiciatic achegouse a este termo baseado en combinar solucións tecnolóxicas de imaxe, vídeo e IA. Baixo o título “Imaxe vídeo e Intelixencia Artificial, claves na hiperautomatización das empresas”, Alberto Díaz Freire, responsable de Transformación Dixital de R, moderou unha mesa de traballo cos expertos Antonio Rodríguez do Corral, CEO da empresa galega Cinfo; Xoel Vázquez, CEO e fundador de Xoia Reality; e Alexandre Bastos, fundador de Áncora.

    Tres empresas galegas punteiras, con áreas de actividade diferentes pero complementarias dende o punto de vista das necesidades do/a cliente/a, especializadas en tratar a imaxe para unir o mundo real dos datos e o mundo virtual da imaxe.

    A mesa abordou de que maneira esa “hiperautomatización” se converte nunha verdadeira aliada de futuro para asegurar a dixitalización total e os procesos sostibles nas empresas baseándose en solucións tecnolóxicas combinadas. En concreto, grazas a propostas de Intelixencia Artificial e ao emprego de iniciativas baseadas en realidade virtual que permitirán xerar novos ingresos e optimizar o traballo dos vosos negocios.

    Cinfo, o ciclo de valor do vídeo e IA en tempo real

    Antonio Rodríguez do Corral, CEO de Cinfo, comezou a súa intervención indicando que a súa empresa ten cada vez máis produtos baseados en plataformas e I+D propios e céntrase no ciclo de valor do vídeo, desde que se xera en cámaras ou de forma sintética e vaise transcodificando ao longo de plataformas, ata que o/a usuario/a o desfruta nalgún dispositivo.

    Cinfo conta cunha área específica para o tratamento de Intelixencia Artificial en tempo real, con algoritmos que se poñen en marcha cando un caso de uso require aplicala sobre moitas fontes de vídeo simultaneamente que poden estar a ver a escena dende diferentes ángulos, tanto para usos industriais como deportivos ou aplicados na Administración pública.

    A arquitectura de Cinfo funciona a través de tres capas combinadas: detección, comprensión e integración con tecnoloxías máis tradicionais.

    Xoia, a Realidade Aumentada e o seu valor real na empresa

    Pola súa banda, Xoia é unha empresa xurdida como desarrolladora de solucións de realidade aumentada e XR, agora un tanto eclipsadas pola moda do Metaverso.

    Con todo, para Xoel Vázquez, CEO e fundador de Xoia Reality, a día de hoxe o Metaverso non existe, pero en cambio si hai no mercado aplicacións, solucións, experiencias e formas de aplicar a tecnoloxía que está detrás, a Realidade Aumentada, capaces de achegar un valor real ás empresas en campos como, por exemplo, a dixitalización do coñecemento.

    Porque, en realidade, a Realidade Aumentada é unha nova maneira de comunicarnos, de entender e interrelacionarnos co mundo real.

    Áncora, tecnoloxía útil e alcanzable para as persoas

    A terceira empresa participante na mesa temática foi Áncora, máis centrada en como as persoas participan de todo este mundo tecnolóxico que vén onde se está a despregar tecnoloxía que chega a unha parte da poboación allea a ela ata o momento, o cal pode crear barreiras dixitais entre grupos, destaca Alexandre Bastos, fundador de Áncora.

    É dicir, dirixímonos cara a fábricas dixitais pero as persoas seguen aí, por eso a clave é conseguir un sistema que lles facilite as tarefas sen necesidad de que desenvolvan grandes destrezas tecnolóxicas.

    Ao final, trátase de establecer un diálogo que aumente as capacidades dese/a traballador/a que debe interactuar dunha forma moi dinámica con novos elementos virtuais.

    Madurez das solucións tecnolóxicas e implantación nas empresas

    En canto á madurez actual destas tecnoloxías, para Cinfo o principal problema está na necesidade de que as organizacións cambien certas sinerxias. Non pode haber transformación dixital, nin nunha empresa nin na administración pública, se non hai un fluxo de información mediante o que se compartan datos ou sistemas. Ademais, Antonio Rodríguez del Corral recomenda que unha boa transformación dixital comece por unha boa arquitectura e por investir máis en software.

    Xoel Vázquez comparte a importancia da arquitectura e insiste en conectar sistemas e introducir o persoal nos procesos de cambio, coñecendo as súas necesidades para darlle unha ferramenta usable. E todo iso integrando tamén os datos da empresa.

    Unha idea compartida por Alexandre Bastos para quen, ao final, a integración dixital será un exercicio de colaboración e integración de solucións ou non será. Aínda que hai marxe para seguir mellorando, actualmente xa existe moita tecnoloxía dispoñible no mercado, pero necesítase integración de sistemas.

    En conxunto, este encontro puxo de manifesto a existencia de tecnoloxía próxima valiosa, punteira e aplicable para calquera empresa.

    Pica aquí se queres ver de novo a mesa temática “Imagen vídeo e Inteligencia Artificial, claves en la hiperautomatización de las empresas”.

    E se queres saber máis sobre as nosas solucións tecnolóxicas para empresas, subscríbete ao noso boletín ou contacta co teu asesor persoal ou co noso equipo da área comercial empresas a través do seguinte formulario.

    visualizacións: 294
    • GaliciaTIC
    • inteligencia artificial

    Formulario contacto

    • póñase en contacto co noso asesor

    • R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para xestionar a túa solicitude información con base no noso interese lexítimo para atender a túa solicitude. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, agás que exista unha obrigación legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web. Se queres darche de baixa, por favor, envía un correo electrónico a R Empresas.

    • This field is for validation purposes and should be left unchanged.
    TOP
    Comparte
    Anterior Seguinte
    dietu doan chámanos gratis ao 900 815 815

    newsletter empresas

    indícanos o teu enderezo de correo e enviarémosche un resumo dos mellores contidos.

    apúntate ao noso newsletter!

    QUERO SUBSCRIBIRME

    TOP BLOG

    • popular
    • o último
    • o + comentado
      • 5 ferramentas para organizar ideas empresas-gl
      • ¿Cuáles son las vocaciones TIC del futuro en Galicia? empresas-gl
      • R, o operador mellor valorado polas empresas pola súa atención ao cliente e servizo técnico Casos de éxito, empresas-gl
      • scudo Lanzamos Scudo, o novo servizo de ciberseguridade integral para pemes empresas-gl
      • sistema_inmunitario_digital Que é e como coidar o Sistema Inmunitario Dixital dunha empresa empresas-gl
      • live-shopping Live Shopping: que é e por que precisas da mellor conexión de internet empresas-gl
      • 5 ferramentas para organizar ideas empresas-gl
      • As solucións M2M, unha aposta segura para os sistemas de comunicacións da túa empresa empresas-gl
      • soluciones_inteligencia_artificial BAI Analytics, vantaxes das solucións de Intelixencia Artificial para a túa empresa empresas-gl
    Etiquetas
    Big Data Blockchain Machine Learning

    PÓDECHE INTERESAR

    Lanzamos Scudo, o novo servizo de ciberseguridade integral para pemes

    • 28 Setembro
    • smllnote_icon 2 min
    Comparte

    Que é e como coidar o Sistema Inmunitario Dixital dunha empresa

    • 07 Setembro
    • smllnote_icon 2 min
    Comparte

    Live Shopping: que é e por que precisas da mellor conexión de internet

    • 31 Agosto
    • smllnote_icon 2 min
    Comparte

    Consellos para afrontar as “fake news” na túa empresa

    • 17 Agosto
    • smllnote_icon 3 min
    Comparte

    “Soft Skills”: que son e por que resultan importantes para a túa empresa

    • 11 Agosto
    • smllnote_icon 3 min
    Comparte

    Shlomo Ben Ami: “Temos que atopar unha diplomacia de equilibrio de paz en tempos de Intelixencia Artificial”

    • 06 Xullo
    • smllnote_icon 4 min
    Comparte

    Novas formas de pago: comodidade, versatilidade e seguridade

    • 05 Xullo
    • smllnote_icon 3 min
    Comparte

    Ramón Bueno: “É necesario empezar a traballar e investigar en blockchain para estar formados e cos recursos capacitados”

    • 27 Xuño
    • smllnote_icon 2 min
    Comparte
    logo R

    solucións para empresas

    contacto

    información legal | política de cookies | política de privacidade

    suscribe footer gl

    newsletter empresas

    indícanos o teu enderezo de correo e enviarémosche un resumo dos mellores contidos.

    QUERO SUBSCRIBIRME

    Newsletter Empresas

    0% Complete
    R é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para xestionar a túa solicitude de subscrición ao boletín de información con base nunha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obrigación legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, así como oporte a este tratamento, como se explica na información adicional da Política de Privacidade da nosa web. Se queres darche de baixa, por favor, envía un correo electrónico a R Empresas.