web empresas R
chámanos gratis ao 900 815 815
  • GL
  • ES
Blog R Empresa preto para chegar máis lonxe
  • eventos
  • casos de éxito
  • alianzas
  • vídeos
  • e-learning
  • R
    srch_icon
    menu_iconMENÚ
    • GL
    • ES
    menu_icon
      • eventos
      • ferramentas
      • casos de éxito
      • alianzas
      • vídeos
      • e-learning
    • GL
    • ES
    closeorng_icon
    Comparte

    Intelixencia artificial para a análise e a xestión dos datos corporativos

    R
    • 2021-05-26
    • notebk_icon 3 min

    A análise de datos non é nova, leva décadas existindo nas empresas en forma de BI (Business Intelligence), pero é agora cando a capacidade de explotación dos datos mellorou de forma exponencial coa incorporación de novas tecnoloxías como IoT, Big Data ou Intelixencia Artificial.

    Unha das tendencias de 2021 e unha aposta clara de empresas e administracións públicas para os próximos anos é transformarse en organizacións ‘Data Driven Company‘, onde os datos son un activo clave para a toma de decisións e a súa explotación englóbase nunha completa estratexia de dixitalización que apoia o negocio.

    inteligencia_artificial_empresa

    Para seguir axudándovos ás empresas a dixitalizarvos, R desenvolveu un taller dixital, dividido en dúas partes, no que se estudaron as novas arquitecturas que permiten analizar, combinar, xestionar e almacenar os datos. Responsables e altos cargos de empresa participaron neste encontro no edificio virtual ‘ The Tech Experience’, lugar de reflexión sobre tendencias tecnolóxicas e oportunidades para os negocios da man de expertos.

    Adquisición, preparación, integración e goberno

    Na súa primeira parte, ‘Goberno e explotación dos datos corporativos’, o taller centrouse na análise do dato. Cómpre que o proceso de goberno do dato pase necesariamente por varias fases:

    • Adquisición de calquera tipo de dato en tempo real ou por ‘lotes’ ou ‘silos’ (batch) integrados, automatizados e optimizados.
    • Preparación e almacenamento que implica extraer, cargar e transformar os datos e integralos e almacenalos nos sistemas a curto e longo prazo, de maneira que queden preparados para a súa explotación posterior.
    • Goberno do dato mediante ferramentas para administrar, mellorar e garantir a calidade dos datos para o seu correcto aproveitamento ou explotación.

    Alberto Díaz Freire, responsable de Alianzas, IoT e Transformación Dixital para empresas do Grupo Euskaltel, e Alberto Rezola, responsable de explotación do dato e socio de DATU (A), debullaron as claves para garantir a calidade da xestión dos datos nas corporacións.

    Alberto Díaz incidiu na importancia de que as empresas desenvolvades novas estratexias en torno ao dato e Alberto Rezola detívose na importancia de dispoñer dos datos nas condicións adecuadas e na necesidade de contar con ferramentas que garantan a calidade do goberno do dato e a súa confiabilidade como un proceso continuo que é preciso sistematizar e automatizar para aproveitar ao máximo os datos corporativos.

    Do algoritmo ao ‘readestramento’

    Co título ‘Explotación dos datos corporativos mediante IA’ déuselle continuidade ao taller dixital analizando os modelos de IA que propoñen solucións para garantir a seguridade dos procesos e que optimizan, ao tempo, o seu impacto positivo nos negocios.

    Os expertos en IA Ignacio Vilaplana e Miquel Gil detivéronse nas tres fases de explotación do dato:

    • Preparación do dato para IA: como pasar de maneira sinxela e visual dun conxunto de datos repartidos en distintas orixes a outro elemento que un algoritmo poida tratar.
    • Desenvolvemento de modelos ou ferramentas para a avaliación e selección dos modelos creados e para a toma de decisións sobre os limiares de actuación.
    • Goberno da IA. MLOps: Mantemento e gobernanza dos modelos despregados, cambios de patróns en datos e necesidades de ‘readestramento’.

    Do mesmo xeito que no primeiro encontro sobre o goberno do dato, o taller aproximouse aos fundamentos para converter as organizacións en empresas ‘data driven‘, aquelas que adaptaron a súa cultura empresarial a unha contorna dixitalizada e utilizan os datos para mellorar o seu funcionamento. Este modelo de empresa optimiza o proceso de toma de decisións, o cal fai necesario reorganizar os recursos tecnolóxicos para facelos realmente efectivos. A información convértese no seu principal activo de valor e xestionala eficazmente é misión prioritaria porque, grazas a iso, estas compañías adaptadas aos novos tempos poden actuar en tempo real.

    Dende Rqueremos axudarvos ás empresas e administracións a incorporar a tecnoloxía necesaria para que sigades sendo competitivas a todos os niveis e en calquera escenario e acompañarvos nun proceso que se traduza en beneficios reais dende o primeiro momento.

    Se queres saber máis sobre as nosas solucións tecnolóxicas para empresas, subscríbete ao noso boletín ou contacta co noso equipo da área comercial empresas.

    visualizacións: 135
    • data driven
    • inteligencia artificial
    • inteligencia artificial big data
    • inteligencia artificial empresas
    • Transformación Digital

    Formulario contacto

    • póñase en contacto co noso asesor

    • R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para xestionar a túa solicitude información con base no noso interese lexítimo para atender a túa solicitude. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, agás que exista unha obrigación legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web. Se queres darche de baixa, por favor, envía un correo electrónico a R Empresas.

    • This field is for validation purposes and should be left unchanged.
    TOP
    Comparte
    Anterior Seguinte
    dietu doan chámanos gratis ao 900 815 815

    newsletter empresas

    indícanos o teu enderezo de correo e enviarémosche un resumo dos mellores contidos.

    apúntate ao noso newsletter!

    QUERO SUBSCRIBIRME

    TOP BLOG

    • popular
    • o último
    • o + comentado
      • 5 ferramentas para organizar ideas empresas-gl
      • ¿Cuáles son las vocaciones TIC del futuro en Galicia? empresas-gl
      • R, o operador mellor valorado polas empresas pola súa atención ao cliente e servizo técnico Casos de éxito, empresas-gl
      • Talento e vocacións STEM: oportunidade e necesidade para a empresa empresas-gl
      • drones_industria Drons na industria: usos prácticos e normativa empresas-gl
      • MeetPointConnect, el éxito de un Market Place digital para el transporte MeetPointConnect, o éxito dun Market Place dixital para o transporte Casos de éxito, empresas-gl
      • 5 ferramentas para organizar ideas empresas-gl
      • digitalizacion Dixitalización ante a pandemia: urxencia no presente, reto de futuro empresas-gl
      • As solucións M2M, unha aposta segura para os sistemas de comunicacións da túa empresa empresas-gl
    Etiquetas
    Big Data Blockchain Machine Learning

    PÓDECHE INTERESAR

    Talento e vocacións STEM: oportunidade e necesidade para a empresa

    • 01 Xuño
    • smllnote_icon 3 min
    Comparte

    Drons na industria: usos prácticos e normativa

    • 26 Maio
    • smllnote_icon 3 min
    Comparte

    MeetPointConnect, o éxito dun Market Place dixital para o transporte

    • 18 Maio
    • smllnote_icon 2 min
    Comparte

    Un reto tecnolóxico á medida

    • 10 Maio
    • smllnote_icon 1 min
    Comparte

    Correo electrónico: como elixir a mellor solución para a túa empresa

    • 14 Abril
    • smllnote_icon 3 min
    Comparte

    Superapps: o novo modelo dixital “todo nun”

    • 30 Marzo
    • smllnote_icon 2 min
    Comparte

    Empresa sostible: reto, oportunidade e responsabilidade

    • 27 Marzo
    • smllnote_icon 2 min
    Comparte

    Computación cuántica: que é, como funciona… e súper ordenadores

    • 23 Marzo
    • smllnote_icon 3 min
    Comparte
    logo R

    solucións para empresas

    contacto

    información legal | política de cookies | política de privacidade

    suscribe footer gl

    newsletter empresas

    indícanos o teu enderezo de correo e enviarémosche un resumo dos mellores contidos.

    QUERO SUBSCRIBIRME

    Newsletter Empresas

    0% Complete
    R é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para xestionar a túa solicitude de subscrición ao boletín de información con base nunha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obrigación legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, así como oporte a este tratamento, como se explica na información adicional da Política de Privacidade da nosa web. Se queres darche de baixa, por favor, envía un correo electrónico a R Empresas.