web empresas R
chámanos gratis ao 900 815 815
  • GL
  • ES
Blog R Empresa preto para chegar máis lonxe
  • eventos
  • casos de éxito
  • alianzas
  • vídeos
  • e-learning
  • R
    srch_icon
    menu_iconMENÚ
    • GL
    • ES
    menu_icon
      • eventos
      • ferramentas
      • casos de éxito
      • alianzas
      • vídeos
      • e-learning
    • GL
    • ES
    closeorng_icon
    Comparte

    Norbolsa, exemplo de éxito no outsourcing de infraestruturas informáticas

    Euskaltel
    • 2019-12-03
    • notebk_icon 3 min

    Aproveitar ao máximo o tempo e os recursos dispoñibles son dous factores decisivos para o teu negocio. Conscientes diso, cómpre achegar solucións que contribúan á súa optimización e actualización continua.

    Neste contexto xorde o acordo de R con Norbolsa, sociedade de referencia no mercado que presta servizos en toda a cadea de valor bolsista e outros de tipo financeiro de alto valor engadido. É recoñecida polo seu liderado en tecnoloxía aplicada a servizos financeiros coas súas plataformas Norline+ e Norbolsa Broker, que lle permiten acceso en tempo real a información, contratación, liquidación e custodia en mercados nacionais e internacionais de renda fixa e variable.

    O reto e o Grupo

    A compañía buscaba un outsourcing de todas as súas infraestruturas informáticas para centrar os recursos internos da súa organización naqueles procesos que achegan máis valor ao negocio.

    Esta liberación de recursos daríalle á empresa maior axilidade para abordar novos proxectos e adaptarse aos cambios nun mercado altamente competitivo. Ademais, os custos reduciríanse e facilitaríase o acceso ás últimas tecnoloxías.

    Unha oferta completa á medida de Norbolsa

    Con esta solución ofréceselle a Norbolsa unha xestión dos seus servizos da internet e comunicacións, así como algo especialmente novo: a xestión integral da infraestrutura de IBM onde residen os sistemas de xestión e a disposición dunha sala especial para casos de continxencia, xa que as prioridades de Norbolsa pasaban por manter o control dun servizo prioritario e crítico, garantindo en todo momento o cumprimento normativo e, por suposto, a seguridade e a redundancia dos sistemas críticos entre os CPDs de Zamudio e Galicia.

    Tamén contempla servizos de data center virtual a través dos data centers do Grupo Euskaltel e mesmo servizos avanzados de seguridade baseados nas últimas tecnoloxías.

    Debiamos realizar todo o proceso de forma transparente e co menor impacto sobre os clientes. Tratábase de executar un proceso de transición adecuado incorporando os procesos, boas prácticas e modelo de goberno existentes.

    Os data center do Grupo están conectados e integrados na mesma rede, polo que ofrecen unha alta capacidade de respaldo dos servizos dos clientes, redución de latencias e máximos niveis de seguridade (RGPD, ISO 27001, Esquema Nacional de Seguridade).

    Grupo Euskaltel e Norbolsa, unha alianza consolidada

    O grupo Euskaltel (formado polo operador galego R, o asturiano Telecable e o vasco Euskaltel) e máis Norbolsa consolidan así unha exitosa traxectoria de relación entre ambas as dúas entidades, que inclúe, entre outros, a prestación de servizos de comunicacións e de aloxamento de servizos web.

    Este proxecto ten un especial significado para o Grupo Euskaltel pois trátase da primeira referencia dun proceso global de outsourcing a unha entidade relevante do País Vasco. Iñaki Varela, Subdirector Xeral de Medios de Norbolsa, valorou entre os puntos deste acordo ’a proximidade, o entendemento das nosas necesidades, a flexibilidade e a visión global e implicación no proxecto por parte de  Euskaltel’.

    Para Isidro Fernández, director de Empresas de R e do Grupo Euskaltel, ‘este acordo ten unha especial relevancia para a nosa compañía porque é un claro exemplo de todo o que podemos ofrecer para que as organizacións poidan abordar os seus procesos de transformación dixital’.

    R empresas, proximidade para chegar lonxe coa túa empresa

    Ademais do escenario de servizos de outsourcing como o de Norbolsa, R ofrece outras contornas de servizos de cloud híbrida, cada vez máis demandados pola súa versatilidade, que lles permiten ás empresas deseñar a súa propia arquitectura e decidir cales das súas aplicación e dos seus datos se manteñen dentro do seu ámbito privado e cales  migrarán á nube pública. Neste sentido, R ofrece un catálogo completo de solucións orientadas ao mercado de empresas da man de provedores, socios tecnolóxicos e integradores relevantes no sector, sendo tamén o operador galego un referente no mercado nacional en contornas VMware (á cabeza en Cloud Disaster Recovery Service e a primeira Cloud Federada  Multisite).

    O Grupo Euskaltel é o único operador nacional que conta cunha rede de centros de datos próximos ás localizacións dos clientes de empresas e dispón de centros en cada un dos mercados nos que opera: Telecable en Asturias, R en Galicia e Euskaltel no País Vasco.

    Calquera compañía pode estar segura de que os seus sistemas estarán dispoñibles en todo momento, sen interrupcións, accesibles a través dunha rede de datos de alta capacidade e que os datos aloxados, e os dos seus clientes, están protexidos cumprindo en todo momento cos requisitos establecidos na lexislación sobre protección de datos.

    Se buscas unha solución tecnolóxica para a túa empresa, estaremos encantados de escoitarte e traballar contigo na procura da solución que máis se adapte ás túas necesidades. Podes contactar connosco no 1446 ou en https://empresas.mundo-r.com/empresas/gl.

    visualizacións: 168

    Formulario contacto

    • póñase en contacto co noso asesor

    • R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para xestionar a túa solicitude información con base no noso interese lexítimo para atender a túa solicitude. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, agás que exista unha obrigación legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web. Se queres darche de baixa, por favor, envía un correo electrónico a R Empresas.

    • This field is for validation purposes and should be left unchanged.
    TOP
    Comparte
    Anterior Seguinte
    dietu doan chámanos gratis ao 900 815 815

    newsletter empresas

    indícanos o teu enderezo de correo e enviarémosche un resumo dos mellores contidos.

    apúntate ao noso newsletter!

    QUERO SUBSCRIBIRME

    TOP BLOG

    • popular
    • o último
    • o + comentado
      • 5 ferramentas para organizar ideas empresas-gl
      • ¿Cuáles son las vocaciones TIC del futuro en Galicia? empresas-gl
      • R, o operador mellor valorado polas empresas pola súa atención ao cliente e servizo técnico Casos de éxito, empresas-gl
      • superapp Superapps: o novo modelo dixital “todo nun” empresas-gl
      • sostenibilidad_empresa Empresa sostible: reto, oportunidade e responsabilidade empresas-gl
      • computacion_cuantica Computación cuántica: que é, como funciona… e súper ordenadores empresas-gl
      • 5 ferramentas para organizar ideas empresas-gl
      • digitalizacion Dixitalización ante a pandemia: urxencia no presente, reto de futuro empresas-gl
      • As solucións M2M, unha aposta segura para os sistemas de comunicacións da túa empresa empresas-gl
    Etiquetas
    Big Data Blockchain Machine Learning

    PÓDECHE INTERESAR

    Superapps: o novo modelo dixital “todo nun”

    • 30 Marzo
    • smllnote_icon 2 min
    Comparte

    Empresa sostible: reto, oportunidade e responsabilidade

    • 27 Marzo
    • smllnote_icon 2 min
    Comparte

    Computación cuántica: que é, como funciona… e súper ordenadores

    • 23 Marzo
    • smllnote_icon 3 min
    Comparte

    Competicións de seguridade e datos: ciber-retos, datathon…

    • 21 Marzo
    • smllnote_icon 2 min
    Comparte

    Vantaxes da IA para o sector dos seguros

    • 16 Marzo
    • smllnote_icon 2 min
    Comparte

    Que é a web 3.0?

    • 07 Marzo
    • smllnote_icon 2 min
    Comparte

    Como protexer á empresa actual e futura?

    • 27 Febreiro
    • smllnote_icon 4 min
    Comparte

    Compañías líderes en tecnoloxía participan na “II Semana das Tendencias e Infraestruturas TIC”

    • 22 Febreiro
    • smllnote_icon 3 min
    Comparte
    logo R

    solucións para empresas

    contacto

    información legal | política de cookies | política de privacidade

    suscribe footer gl

    newsletter empresas

    indícanos o teu enderezo de correo e enviarémosche un resumo dos mellores contidos.

    QUERO SUBSCRIBIRME

    Newsletter Empresas

    0% Complete
    R é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para xestionar a túa solicitude de subscrición ao boletín de información con base nunha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obrigación legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, así como oporte a este tratamento, como se explica na información adicional da Política de Privacidade da nosa web. Se queres darche de baixa, por favor, envía un correo electrónico a R Empresas.