web empresas R
chámanos gratis ao 900 815 815
  • GL
  • ES
Blog R Empresa preto para chegar máis lonxe
  • eventos
  • casos de éxito
  • alianzas
  • vídeos
  • e-learning
  • R
    srch_icon
    menu_iconMENÚ
    • GL
    • ES
    menu_icon
      • eventos
      • ferramentas
      • casos de éxito
      • alianzas
      • vídeos
      • e-learning
    • GL
    • ES
    closeorng_icon
    Comparte

    Talento e vocacións STEM: oportunidade e necesidade para a empresa

    R
    • 2023-06-01
    • notebk_icon 3 min

    A imparable transformación dixital dos últimos anos implica unha demanda de novos perfís e competencias profesionais, moitas delas vinculadas ás chamadas disciplinas STEM.

    STEM son as siglas que se usan, xa dende os anos 90, para referirse de forma conxunta ás disciplinas de Ciencias, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas.

    Trátase dun concepto multidisciplinar orientado a achegar solucións innovadoras e creativas nas empresas, determinantes para afrontar os desafíos e retos da dixitalización.

    Con todo, esta necesidade das empresas choca coas dificultades para atopar profesionais cualificados e co estancamento, e mesmo descenso, nas matriculacións neste tipo de formacións.

    Na procura do talento STEM

    A que se deben tantas dificultades para cubrir postos en disciplinas STEM?

    Por unha banda, á altísima demanda en empresas de todo tipo de xente con coñecementos prácticos e actualizados vinculados á tecnoloxía, á ciencia ou ás matemáticas. Tal é o caso de Big Data, internet das cousas, intelixencia artificial ou computación cuántica. En xeral, falamos de formación e experiencia de alta cualificación e moi especializada, que implica recursos (tempo, custos) e unha tarefa de actualización continua.

    Doutra banda, naqueles/as que están a decidir o seu futuro laboral, apréciase a falta de coñecemento, a ausencia de formación tecnolóxica e de referentes e certos estereotipos e tópicos que as fan menos atractivas, especialmente no caso das mulleres.

    Segundo o estudo “El desafío de las vocaciones STEM”, realizado por Dixital.es, menos do 38% dos alumnos de Secundaria, Bacharelato ou FP teñen claro o que queren estudar, pero un 25% recoñece que non contempla as disciplinas STEM porque nin saben a que se dedican.

    Neste contexto, faise necesaria a colaboración e a participación de todos os axentes sociais, educativos e económicos para lograr maior visibilidade e recoñecemento das áreas STEM para fomentar as vocacións e o desenvolvemento temperán do talento nestas materias.

    A importancia de fomentar as vocacións STEM

    O ensino e as institucións educativas xogan un papel determinante para espertar e fomentar vocacións temperás nas áreas STEM de coñecemento para lle dar resposta á necesidade de profesionais no ámbito científico e tecnolóxico.

    Por iso, resulta fundamental transmitir aos/as máis novos/as a importancia destas disciplinas, decisivas na mellora das condicións de vida e no avance da sociedade. Son disciplinas transversais enfocadas a solucionar problemas da vida real e a fomentar a curiosidade, a imaxinación e a innovación aproveitando, ademais, as ferramentas TIC.

    O estudo “El desafío de las vocaciones STEM” evidencia problemas como a ausencia de formación existente en materias tecnolóxicas, en moitos casos só optativas, ao que se une a ausencia de competencias dixitais, tamén por parte do profesorado.

    E, para o seu futuro, convén trasladar aos/as novos/as que son profesións con amplas e cada vez máis demandadas saídas laborais en múltiples campos, dende a biotecnoloxía á telemedicina ou á realidade aumentada.

    Ademais, son traballos que non entenden de rutina nin aburrimento xa que se actualizan e cambian constantemente.

    En Galicia, as oportunidades laborais existentes non deixan lugar a dúbidas. Segundo o último estudo “Talento dixital: estudo da traxectoria profesional dos perfís STEM de Galicia”, elaborado polo Observatorio da Sociedade da Información en Galicia (Osimga), a inserción laboral dos/as galegos/as que cursaron estudos STEM rolda o 87%, o cal supón un incremento de máis dun 4% respecto ao ano anterior e reflicte a continua demanda á alza deste tipo de formacións.

    A tarefa de reivindicar a importancia de potenciar o talento STEM debe ser compartida por institucións educativas, organismos públicos, empresas e asociacións profesionais.

    Así, en Galicia será obrigatoria o próximo curso a materia de IA en 4º de Secundaria e a de Programación en Bacharelato.

    Por outra banda, Galicia conta con 3.020 empresas tecnolóxicas e o emprego no sector TIC medrou un 5,1 % no último ano.

    Ademais, en 2022 un 34,8 % das empresas tecnolóxicas galegas xa impartiu formación en Tecnoloxías da información e Comunicación ao seu persoal, con especial atención á programación e á ciberseguridade.

    Precisamente, en R contamos coa Cátedra R en ciberseguridade, que inclúe varias ofertas para a realización de proxectos TFM/TFG en R relacionados con especialidades STEM: Microservizos para arquitecturas orientadas a eventos; Chaos Engineering para Testing en infraestrutura cloud; Creación de modelo de estimación do churn utilizando Vertex AI; Estado da arte do ciclo de desenvolvemento e desempeño nas arquitecturas serverless; ou Mapa interactivo con AR.

    Os perfís STEM e a empresa

    O sector tecnolóxico e dixital sofre un problema de captación de talento xeneralizado, tanto en Europa como en España, e cada vez resulta máis difícil atopar e conservar perfís especializados en novas tecnoloxías ou áreas de coñecemento.

    A falta de recursos, coñecementos e tempo son un obstáculo para as empresas, dende o punto de vista da competitividade, da transformación dixital ou mesmo da posibilidade de achegarse a novos mercados ou produtos.

    Ante este panorama, unha opción interesante é a contratación de empresas capaces de ofrecer unha asesoría tecnolóxica integral, como R, que aúna coñecementos e experiencia en tecnoloxías innovadoras, ademais de alianzas cos principais socios tecnolóxicos do mercado. Unha forma práctica, económica, personalizada e eficaz de aproveitar as vantaxes das tecnoloxías máis innovadoras sen necesidade de incorrer en arduas procuras de talento STEM no complexo mercado actual.

    Se queres saber máis sobre as nosas solucións tecnolóxicas para empresas, subscríbete ao noso boletín ou contacta co teu asesor persoal ou co noso equipo da área comercial empresas a través do seguinte formulario.

    visualizacións: 339
    • catedraR
    • cátedraR
    • cátedraR en ciberseguridade
    • talento STEM
    • transformación digital
    • Transformación Digital
    • transformación dixital
    • vocacións STEM

    Formulario contacto

    • póñase en contacto co noso asesor

    • R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para xestionar a túa solicitude información con base no noso interese lexítimo para atender a túa solicitude. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, agás que exista unha obrigación legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web. Se queres darche de baixa, por favor, envía un correo electrónico a R Empresas.

    • This field is for validation purposes and should be left unchanged.
    TOP
    Comparte
    Anterior Seguinte
    dietu doan chámanos gratis ao 900 815 815

    newsletter empresas

    indícanos o teu enderezo de correo e enviarémosche un resumo dos mellores contidos.

    apúntate ao noso newsletter!

    QUERO SUBSCRIBIRME

    TOP BLOG

    • popular
    • o último
    • o + comentado
      • 5 ferramentas para organizar ideas empresas-gl
      • ¿Cuáles son las vocaciones TIC del futuro en Galicia? empresas-gl
      • R, o operador mellor valorado polas empresas pola súa atención ao cliente e servizo técnico Casos de éxito, empresas-gl
      • scudo Lanzamos Scudo, o novo servizo de ciberseguridade integral para pemes empresas-gl
      • sistema_inmunitario_digital Que é e como coidar o Sistema Inmunitario Dixital dunha empresa empresas-gl
      • live-shopping Live Shopping: que é e por que precisas da mellor conexión de internet empresas-gl
      • 5 ferramentas para organizar ideas empresas-gl
      • digitalizacion Dixitalización ante a pandemia: urxencia no presente, reto de futuro empresas-gl
      • As solucións M2M, unha aposta segura para os sistemas de comunicacións da túa empresa empresas-gl
    Etiquetas
    Big Data Blockchain Machine Learning

    PÓDECHE INTERESAR

    Lanzamos Scudo, o novo servizo de ciberseguridade integral para pemes

    • 28 Setembro
    • smllnote_icon 2 min
    Comparte

    Que é e como coidar o Sistema Inmunitario Dixital dunha empresa

    • 07 Setembro
    • smllnote_icon 2 min
    Comparte

    Live Shopping: que é e por que precisas da mellor conexión de internet

    • 31 Agosto
    • smllnote_icon 2 min
    Comparte

    Consellos para afrontar as “fake news” na túa empresa

    • 17 Agosto
    • smllnote_icon 3 min
    Comparte

    “Soft Skills”: que son e por que resultan importantes para a túa empresa

    • 11 Agosto
    • smllnote_icon 3 min
    Comparte

    Shlomo Ben Ami: “Temos que atopar unha diplomacia de equilibrio de paz en tempos de Intelixencia Artificial”

    • 06 Xullo
    • smllnote_icon 4 min
    Comparte

    Novas formas de pago: comodidade, versatilidade e seguridade

    • 05 Xullo
    • smllnote_icon 3 min
    Comparte

    Ramón Bueno: “É necesario empezar a traballar e investigar en blockchain para estar formados e cos recursos capacitados”

    • 27 Xuño
    • smllnote_icon 2 min
    Comparte
    logo R

    solucións para empresas

    contacto

    información legal | política de cookies | política de privacidade

    suscribe footer gl

    newsletter empresas

    indícanos o teu enderezo de correo e enviarémosche un resumo dos mellores contidos.

    QUERO SUBSCRIBIRME

    Newsletter Empresas

    0% Complete
    R é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para xestionar a túa solicitude de subscrición ao boletín de información con base nunha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obrigación legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, así como oporte a este tratamento, como se explica na información adicional da Política de Privacidade da nosa web. Se queres darche de baixa, por favor, envía un correo electrónico a R Empresas.