Xornadas Tecnolóxicas R: o papel humano na era da tecnoloxía
R
2023-06-14
3 min
Nova edición das nosas Xornadas Tecnolóxicas R . Desta volta, o tema sobre o que virou o evento foi a compoñente humana na era tecnolóxica e na contorna da “Intelixencia Artificial”.
A Finca Montesqueiro, en Oleiros (A Coruña), foi o escenario dun evento que xa se converteu nun referente para as empresas galegas e que reuniu profesionais e altos responsables co obxectivo de escoitar as reflexións de expertos/as sobre os profundos cambios que o noso mundo experimentou nos últimos anos.
Alfredo Ramos , director de R , presentou o programa das Xornadas Tecnolóxicas R 2023 , tituladas “O reto de seguir liderando como humanos “, á vez lenda dun cartel realizado con ferramentas de IA.
Nelas, analizouse como as persoas somos protagonistas, e ao mesmo tempo testemuñas, da maior revolución tecnolóxica da Historia . Porque temos ao alcance da nosa man as novas tecnoloxías e as ferramentas máis avanzadas e, ademais, entramos nunha etapa de reflexión e análise para tomar decisións de maneira diferente a como o faciamos ata o momento.
Para falar de todos estes temas contamos coa participación do ex ministro israelí Shlomo Ben Ami e a experta en IA en Deloitte, Macarena Estévez , ademais de representantes de R , Plexus e Gestamp.
Ben Ami e o protagonismo radical da guerra tecnolóxica
O diplomático, ex ministro de Asuntos Exteriores de Israel e historiador Shlomo Ben Ami , ofreceu un relatorio titulado “Desorde xeopolítica e cambios tecnolóxicos ¿como lle afectan ao panorama mundial ?”, no que compartiu a súa visión dos novos tempos, “que representan grandes promesas para a Humanidade e ao tempo grandes ameazas”.
Na actualidade, a crise financeira, a pandemia e a guerra de Ucraína, xunto coa guerra comercial e tecnolóxica entre Estados Unidos e China, marcan a economía e a orde xeopolítica mundial.
Especialmente preocupante é “a guerra” da Intelixencia Artificial , e “particularmente perigosa pola simple razón de que non se inventou aínda a diplomacia para a era tecnolóxica “.
Ramón Bueno (Plexus) e a disrupción do blockchain
Pola súa banda, o director de Distribución de Plexus Tech, Ramón Bueno , explicou no seu relatorio, titulado “Blockchain: ruptura e innovación ao servizo das persoas “, como a funcionalidade dunha cadea de bloques descentralizada pode aplicarse a unha gran variedade de ámbitos: finanzas, saúde, cadea de subministración, enerxía, medio ambiente…
Ao desenvolver e adoptar a tecnoloxía blockchain , podemos desbloquear o seu verdadeiro potencial e cambiar o paradigma. Se estas posibilidades as poñemos ao servizo das persoas, onde está o límite?
Jorge Vázquez (Gestamp) e a revolución do 5G
Nestas Xornadas Tecnolóxicas R tamén se abordou a importancia do 5G na industria.
O responsable de “industria intelixente” (Virtual Factory ) de Gestamp, Jorge Vázquez , destacou o papel relevante do 5G como tecnoloxía facedora que permite manexar inxentes cantidades de datos e traballar con múltiples escenarios que favorecen a toma de decisións, controlando en remoto os procesos produtivos para predicir e avaliar con anticipación os riscos eventuais da toma de decisións industriais.
Macarena (Deloitte) e a importancia de visualizar o futuro
No seu relatorio “Máquinas amigas “, Macarena Estévez , socia emérita en Deloitte e experta en IA e Analítica de Datos, resaltou a importancia de mirar cara ao futuro cos ollos das xeracións vindeiras .
Dende o punto de vista empresarial, a clave é estar ao día nas tendencias e poder anticiparse “para liderar o novo ecosistema empresarial cara ao que nos diriximos”.
Neste sentido, achegámonos a unha “singularidade tecnolóxica ” nun mundo dixitalizado a gran velocidade e a Intelixencia Artificial emerxe como puntal para automatizar procesos .
Mesa profesional sobre a revolución tecnolóxica
Finalmente, na mesa profesional “A revolución tecnolóxica, ¿está a túa empresa preparada ?”, coa participación de todos os conferenciantes e á que tamén se lle uniu o director comercial de R , José Penas , reflexionouse sobre cuestións de actualidade importantes para comprender a contorna e anticiparnos ao futuro a nivel social, económico e tecnolóxico.
Falouse tamén sobre posibles estratexias ante o contexto económico actual e as tensións xeopolíticas; tendencias tecnolóxicas emerxentes; perspectivas e retos da IA; ciberseguridade ou sostibilidade das empresas.
Un ano máis, as Xornadas Tecnolóxicas R consolídanse como un evento de referencia en Galicia no que se abordan temas xeopolíticos e tecnolóxicos da man de grandes expertos/as e relatores/as de prestixio internacional.
Aquí podes ver un resumo das Xornadas Tecnolóxicas R “O reto de seguir liderando como humanos”.
VIDEO
Se queres saber máis sobre as nosas solucións tecnolóxicas para empresas , subscríbete ao noso boletín ou contacta co teu asesor persoal ou co noso equipo da área comercial empresas a través do seguinte formulario.
visualizacións: 609