R proba un sistema de retransmisión de eventos deportivos con 5G
R
2024-02-19
2 min
A tecnoloxía 5G conta cun bo número de vantaxes e novas posibilidades. Nesta ocasión, R e o concello de Vilagarcía de Arousa unímonos para poñer en marcha un proxecto piloto que, utilizando a nosa rede 5G , permite gravar e retransmitir en tempo real eventos en instalacións deportivas da localidade.
Este piloto probará con 5G a conectividade de datos dun servizo de última xeración sobre a plataforma Paragon do noso socio tecnolóxico Singtel e coa aplicación TiiVii da empresa galega Cinfo .
Servizo multicámara de produción automática aplicando IA
Falamos dun servizo de última xeración baseado nun sistema de produción automática e remota con capacidades de vídeo en calidade 4K . Nel, a intelixencia artificial aplicada á emisión automática do evento permite recibilo a través de múltiples plataformas en internet sen necesidade de operadores de cámara, tanto en diferido como en directo.
Así, por exemplo, poderase executar a realización remota dun partido de fútbol que se xogue nas instalacións do estadio a través dunha mesa de realización na nube, accesible dende calquera lugar e coa posibilidade de xestionala manualmente.
O sistema intelixente da plataforma permitirá retransmitir e gravar competicións e partidos oficiais de fútbol, exhibicións, adestramentos e outros eventos dese tipo que se realicen no estadio de Vilagarcía.
Un sistema multicámara incluído no piloto facilita, ademais, o cambio de cámaras simultáneas de forma inmediata , considerando os obxectivos tácticos máis específicos e interesantes para o deporte.
Con este proxecto, esprememos as capacidades da nosa nova rede 5G e dos seus servizos, que poden utilizarse de maneira totalmente dixital por parte doutras empresas tecnolóxicas.
Deporte en tempo real grazas á rede 5G de R
A plataforma é pioneira pola cantidade de capacidades aplicadas a redes 5G que aglutina:
• Facilita un control sen precedentes de múltiples aplicacións que se traduce en rapidez, eficacia e redución de custos operativos e de persoal.
• Cobre os requirimentos tecnolóxicos do sistema en canto a ciberseguridade, innovación presente e futura e 5G optimizados cunha soa ferramenta.
• Permite que non haxa límite de espectadores no visionado do evento, que, ademais, pode verse de maneira simultánea en varias plataformas.
• Posibilita un visionado en tempo real ou en diferido con calidade de imaxe excelente e potencialmente enriquecida con melodías, grafismos, locucións, repeticións…
“Second Coach”: tecnoloxía útil para os adestramentos
Outra das funcionalidades do sistema é “Second Coach” (“segundo/a adestrador/a”). Está especialmente dirixida a adestradores/as e corpo técnico para mellorar o rendemento deportivo a través de gravacións de rutinas de adestramento e partidos como execución técnica para a súa visualización e análise noutro momento.
“Second Coach” permite gravar e visionar dende diferentes tiros de cámara, facer avances, retrocesos e zooms no vídeo ou mesmo marcar puntos de interese para recuperalos e repasalos posteriormente.
Mediante este proxecto conxunto co concello de Vilagarcía abrímoslles a porta a inxentes posibilidades de innovación tecnolóxica que nos permitirán gozar de todo tipo de eventos nun futuro inmediato. E tamén facemos realidade o noso obxectivo de levar á práctica solucións punteiras de moita utilidade para pemes e grandes empresas galegas.
Se queres saber máis sobre as nosas solucións tecnolóxicas para empresas , subscríbete ao noso boletín ou contacta co teu asesor persoal ou co noso equipo da área comercial de empresas a través do seguinte formulario. E para estar ao día das últimas noticias síguenos en LinkedIn .
visualizacións: 184