Os beneficios do comercio electrónico para a túa empresa
R
2022-02-01
3 min
Sabedes que un 80% dos usuarios consultan na internet antes de comprar un produto? Contar cunha tenda na internet ben posicionada é a mellor maneira de vender máis e a novos/as clientes/as.
Imaxinádevos a vosa tenda na internet: está aberta 24 horas ao día, conta con dominio propio e cun catálogo no que podedes detallar en cada produto ou servizo prezo, talles ou inserir imaxes e mesmo vídeos.
E todo o proceso de compra realízase de forma sinxela e intuitiva mediante unha pasarela de pago segura e con multitude de métodos de pago e envío.
Que lle achegará ao voso negocio unha tenda en liña?
Unha tenda en liña é o mellor escaparate para a vosa empresa ou negocio. O voso espazo xa non se reduce a un sitio físico concreto e, con iso, multiplícase o número de potenciais clientes/as, que poden acceder dende calquera lugar e dispositivo.
Podedes elixir se queredes dirixirvos a un mercado local, nacional ou internacional ou vender en redes sociais como Facebook ou Instagram. Ademais, na maioría dos casos é posible a integración cos principais marketplaces , como Amazon ou Google Shophing .
Os vosos resultados mellorarán se ademais conseguides un eficaz posicionamento orgánico (SEO) en procuras en liña , elixindo as palabras clave que máis vos representan e contando cunha web accesible e con deseño responsive , adaptado a diferentes dispositivos.
Ademais de plataforma de venda, unha tenda na internet achega imaxe e identidade .
Para empezar, é unha aposta pola dixitalización , imparable a día de hoxe, e necesaria tanto para chegar a novos sectores de mercado como para ofrecer aos vosos/as clientes/as as opcións de compra en liña que están a demandar. Ofrecer unha solución de comercio electrónico accesible e que cumpra todos os estándares dos regulamentos RGPD convértese nunha necesidade.
Cunha tenda en liña conseguides unha nova canle de comunicación cos/as clientes/as que mesmo vos permite realizar e difundir promocións ou sorteos. Se o facedes de forma efectiva, crearedes unha comunidade dixital de usuarios que vos achegarán beneficios non só en vendas, senón tamén en notoriedade e visibilidade.
As tendas en liña dispoñen de ferramentas que vos servirán para coñecer mellor os hábitos e necesidades dos vosos/as clientes/as e do mercado. É interesante implementar un bo sistema de analítica web que vos achegue información detallada sobre os procesos de compra. Por exemplo, se un cliente/a non chegou finalizar unha compra podedes contactar con el/ela para ofrecerlle unha oferta de produtos similares, personalizando así a venda. A maior personalización e mellor experiencia de usuario/a, maiores posibilidades de fidelización.
Doutra banda, dispoñeredes de feedback en tempo real sobre cales son os produtos ou servizos máis buscados e poderedes actuar en consecuencia; sempre é máis fácil e menos custoso reorientar unha estratexia dixital que un espazo físico condicionado por tamaño ou localización, entre outros. Porque outra das principais vantaxes do comercio electrónico é que reduce de maneira significativa os custos , tanto da infraestrutura necesaria para vender como os gastos de xestión ou mantemento.
Cando se vende por internet, o número de marcas e a variedade aumenta pero debedes coidar a xestión de inventario e mercadoría . As vendas en liña son áxiles e aforran tempo e a necesidade de traslado á tenda física pero o cliente en liña é máis propenso a realizar noutra web a compra se a resposta e o envío non son rápidos e eficientes.
Non deixedes pasar a oportunidade de facer crecer e rendibilizar o voso negocio a través de internet co comercio electrónico. Agora, en R apoiámosvos coa tramitación do ‘Kit Dixital ’ para a transformación do voso negocio ou empresa, e o comercio electrónico é unha das solucións dixitais dispoñibles.
Tedes máis información sobre comercio electrónico no webinar ‘La mejor estrategia para desarrollar tu e-commerce’ .
VIDEO
Se queres saber máis sobre as nosas solucións tecnolóxicas para empresas , subscríbete ao noso boletín ou contacta con noso equipo da área comercial Empresas.
visualizacións: 197