web empresas R
chámanos gratis ao 900 815 815
  • GL
  • ES
Blog R Empresa preto para chegar máis lonxe
  • eventos
  • casos de éxito
  • alianzas
  • vídeos
  • e-learning
  • R
    srch_icon
    menu_iconMENÚ
    • GL
    • ES
    menu_icon
      • eventos
      • ferramentas
      • casos de éxito
      • alianzas
      • vídeos
      • e-learning
    • GL
    • ES
    closeorng_icon
    Comparte

    Como aplicar a Intelixencia Artificial para fixar prezos óptimos en tempo real

    R
    • 2022-12-20
    • notebk_icon 3 min

    O/a cliente/a é cada vez máis esixente e procura unha experiencia de uso arredor do produto. Así que unha fixación de prezos óptima debe ter en conta moitas variables que se actualizan en tempo real.

    É necesario o uso de técnicas de machine learning e optimización matemática que lle recomenden á empresa os prezos óptimos para os seus produtos e/ou servizos co obxectivo de aumentar a rendibilidade e as vendas.

    A análise xa non pode facerse con métodos tradicionais e técnicas estáticas e dinámicas para a fixación dos prezos dos produtos que se basean nos custos ou na demanda e na competencia.

    Porque utilizar soamente estas dúas variables pode levarnos a un cálculo incompleto, xa que hai máis factores que inflúen no prezo, como os custos de produción, a demanda, a percepción de marca, a calidade, a política financeira e mesmo o marco regulatorio. E, ademais, hai que analizar o mercado e a competencia, que engade aínda máis variables a ter en conta.

    A transformación: da venda á experiencia completa

    Ser precisos na fixación de prezos é aínda máis importante na actualidade se temos en conta que a oferta de produtos está a transformarse.

    Agora, os produtos véndense como unha experiencia completa onde destacan os servizos postvenda e de mantemento e tamén a capacidade de diferenciarse incorporando características accesorias ao produto que lle acheguen un valor extraordinario ao/á cliente/a, como poden ser, entre outras, a distinción, a personalización, o deseño ou o prestixio.

    Agora os produtos comercialízanse como servizos, o cal modificou o seu márketing e a súa venda, que xa non se basean unicamente nos custos, senón en se o prezo é aceptable polo/a cliente/a en función de como perciba a experiencia completa nunha contorna de gran competencia da que é plenamente consciente. Por exemplo, adquirir unhas zapatillas personalizadas non é só unha compra senón unha experiencia, e isto debe reflectirse no prezo.

    Doutra banda, a demanda tamén cambiou. Xa non consumen os servizos nunha canle de distribución tradicional con prezos fixos. O/a cliente/a actual é consciente de que se establecen prezos variables e, de feito, é a principal razón pola que existen comparadores en liña de prezos.

    O uso de técnicas de Machine Learning e optimización matemática

    Neste contexto, como é posible fixar os prezos manualmente con tantos datos e que ademais se actualizan constantemente?

    A resposta é clara. Hoxe en día a fixación de prezos non pode ser manual, debe ser automatizada. Para iso existen técnicas de machine learning e optimización matemática que usan todo o coñecemento que a empresa ten do/a cliente/a, analizan a correlación entre as variables e proporcionan recomendacións de prezos, mesmo en tempo real.

    Estas técnicas utilizan modelos avanzados de segmentación de clientes/as, adecuando o prezo dos servizos que comercializades ao prezo que un/a cliente/a está disposto/a a pagar e maximizando a marxe neta que podedes obter dos devanditos produtos e servizos.

    Ademais, tamén teñen en conta que o stock pode ser limitado ou ilimitado e se a elasticidade da demanda é alta ou baixa (se pode variar moito ou pouco). En función de todo isto, recomendarán vender cada unidade ao prezo marxe que un consumidor pode chegar a pagar ou gardar o stock para maximizar a marxe de negocio en función dos prezos máximos aceptables no mercado.

    O uso da Intelixencia Artificial na fixación de prezos é xa unha realidade que están a usar na práctica aerolíneas, operadores ferroviarios, estacións de servizo, aplicacións de mobilidade ou grandes multinacionais do téxtil.

    Se a vosa empresa quere facer unha fixación de prezos óptima para aumentar a rendibilidade e as vendas, necesita incorporar un equipo especializado en machine learning e investigación operativa que defina, adestre, poña en produción e manteña os modelos de prezos.

    Dende R podemos asesorarvos e proporcionarvos un acompañamento experto ou executar un proxecto de principio a fin que lle incorpore estas capacidades diferenciais ao voso equipo.

    Se queres saber máis sobre as nosas solucións tecnolóxicas baseadas en Intelixencia Artificial, subscríbete ao noso boletín ou contacta co teu asesor persoal ou con noso equipo da área comercial empresas a través do seguinte formulario.

    visualizacións: 90
    • inteligencia artificial
    • inteligencia artificial
    • Machine Learning
    • Transformación Digital
    • transformación digital
    • transofmración dixital

    Formulario contacto

    • póñase en contacto co noso asesor

    • R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para xestionar a túa solicitude información con base no noso interese lexítimo para atender a túa solicitude. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, agás que exista unha obrigación legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web. Se queres darche de baixa, por favor, envía un correo electrónico a R Empresas.

    • This field is for validation purposes and should be left unchanged.
    TOP
    Comparte
    Anterior Seguinte
    dietu doan chámanos gratis ao 900 815 815

    newsletter empresas

    indícanos o teu enderezo de correo e enviarémosche un resumo dos mellores contidos.

    apúntate ao noso newsletter!

    QUERO SUBSCRIBIRME

    TOP BLOG

    • popular
    • o último
    • o + comentado
      • 5 ferramentas para organizar ideas empresas-gl
      • ¿Cuáles son las vocaciones TIC del futuro en Galicia? empresas-gl
      • R, o operador mellor valorado polas empresas pola súa atención ao cliente e servizo técnico Casos de éxito, empresas-gl
      • computacion_cuantica Computación cuántica: que é, como funciona… e súper ordenadores empresas-gl
      • ciber-reto Competicións de seguridade e datos: ciber-retos, datathon… empresas-gl
      • inteligencia_artificial_seguros Vantaxes da IA para o sector dos seguros empresas-gl
      • 5 ferramentas para organizar ideas empresas-gl
      • As solucións M2M, unha aposta segura para os sistemas de comunicacións da túa empresa empresas-gl
      • soluciones_inteligencia_artificial BAI Analytics, vantaxes das solucións de Intelixencia Artificial para a túa empresa empresas-gl
    Etiquetas
    Big Data Blockchain Machine Learning

    PÓDECHE INTERESAR

    Computación cuántica: que é, como funciona… e súper ordenadores

    • 23 Marzo
    • smllnote_icon 3 min
    Comparte

    Competicións de seguridade e datos: ciber-retos, datathon…

    • 21 Marzo
    • smllnote_icon 2 min
    Comparte

    Vantaxes da IA para o sector dos seguros

    • 16 Marzo
    • smllnote_icon 2 min
    Comparte

    Que é a web 3.0?

    • 07 Marzo
    • smllnote_icon 2 min
    Comparte

    Como protexer á empresa actual e futura?

    • 27 Febreiro
    • smllnote_icon 4 min
    Comparte

    Compañías líderes en tecnoloxía participan na “II Semana das Tendencias e Infraestruturas TIC”

    • 22 Febreiro
    • smllnote_icon 3 min
    Comparte

    Que é a tecnoloxía Blockchain e que implica para as empresas

    • 14 Febreiro
    • smllnote_icon 2 min
    Comparte

    “Phygital”: a tendencia de venda que combina as contornas físicas e virtuais

    • 09 Febreiro
    • smllnote_icon 3 min
    Comparte
    logo R

    solucións para empresas

    contacto

    información legal | política de cookies | política de privacidade

    suscribe footer gl

    newsletter empresas

    indícanos o teu enderezo de correo e enviarémosche un resumo dos mellores contidos.

    QUERO SUBSCRIBIRME

    Newsletter Empresas

    0% Complete
    R é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para xestionar a túa solicitude de subscrición ao boletín de información con base nunha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obrigación legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, así como oporte a este tratamento, como se explica na información adicional da Política de Privacidade da nosa web. Se queres darche de baixa, por favor, envía un correo electrónico a R Empresas.