web empresas R
chámanos gratis ao 900 815 815
  • GL
  • ES
Blog R Empresa preto para chegar máis lonxe
  • eventos
  • casos de éxito
  • alianzas
  • vídeos
  • e-learning
  • R
    srch_icon
    menu_iconMENÚ
    • GL
    • ES
    menu_icon
      • eventos
      • ferramentas
      • casos de éxito
      • alianzas
      • vídeos
      • e-learning
    • GL
    • ES
    closeorng_icon
    Comparte

    Lenovo V15 e ciberseguridade, a mellor opción para a túa empresa este verán

    R
    • 2021-07-22
    • notebk_icon 2 min

    Se algo aprendemos nos últimos meses é que se pode, e en ocasións se necesita, traballar dende calquera sitio. E no verán agradécese máis que nunca, pero para poder facelo con eficacia e seguridade faise necesario dispoñer dun bo equipo que se adapte ás necesidades da vosa empresa e dos vosos empregados.

    Para este verán, en R lanzamos unha completa oferta co portátil Lenovo V15, que ofrecemos grazas á alianza que temos cunha das marcas líderes do mercado, e ao que sumamos, por ser cliente de R Empresa, o servizo Ciberseguridade avanzada gratis durante 6 meses.

    Lenovo é sinónimo de variedade e calidade; os seus equipos teñen unha extensión de garantía de ata 5 anos e veñen equipados con Windows 10 Profesional.

    O Lenovo V15 AMD é fino e elegante por fóra e conta cun potente procesador AMD por dentro. Trátase dun portátil asequible de 15,6″ ideal para profesionais independentes, traballos administrativos e comerciais, ademais do uso doméstico. Só pesa 1,85 kg e as súas bisagras 180º garanten unha maior seguridade. Ten unha autonomía de 6 horas e dispón de 256 GB nos que podes almacenar todos os teus documentos e arquivos. En suma, un PC exclusivo que vai contigo e coa túa empresa vaias onde vaias e que che permite teletraballar de forma segura.

    Precisamente en temas de seguridade, en R non deixamos ningún cabo solto porque queremos axudarche a protexer a información e infraestruturas da túa empresa con solucións multidispositivo; e para iso contamos co noso servizo de Ciberseguridade avanzada. En pleno auxe dos ciberataques, coincidindo cunha maior cantidade de xente traballando dende fóra da oficina, é prioritario protexer a información e os dispositivos da vosa empresa fronte ás ameazas das contornas dixitais. En R ofrecémosvos un soporte técnico experto en ciberseguridade e ferramentas de análises de vulnerabilidades de rede e web e protección con atención prioritaria en tempo real que permite protexer calquera dispositivo de ameazas coñecidas e non coñecidas mediante a identificación e clasificación de todos os procesos que se executan e que conta ademais cun firewall virtual que monitora o tráfico entrante e saínte e permite aplicar políticas de control de acceso.

    Combinar mobilidade e seguridade é a nosa prioridade e cremos que o portátil Lenovo V15 + Ciberseguridade é unha opción perfecta para que poidades traballar comodamente este verán dende onde queirades cun dispositivo de última xeración; e, ademais, facelo de forma segura.

    Na nosa tenda de equipamento Empresas de R dispoñemos de moitas opcións diferentes de dispositivos para que renovedes os vosos equipos, pagando en 24 cotas ou, se o preferides, nun pago único.

    Se queres saber máis sobre as nosas solucións tecnolóxicas para empresas, subscríbete ao noso boletín ou contacta con noso equipo da área comercial Empresas.

    visualizacións: 183
    • Asesoramiento tecnológico
    • catedraR
    • ciberseguridad oficina
    • ciberseguridad trabajo
    • Herramientas teletrabajo
    • Soluciones tecnológicas
    • Transformación Digital

    Formulario contacto

    • póñase en contacto co noso asesor

    • R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para xestionar a túa solicitude información con base no noso interese lexítimo para atender a túa solicitude. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, agás que exista unha obrigación legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web. Se queres darche de baixa, por favor, envía un correo electrónico a R Empresas.

    • This field is for validation purposes and should be left unchanged.
    TOP
    Comparte
    Anterior Seguinte
    dietu doan chámanos gratis ao 900 815 815

    newsletter empresas

    indícanos o teu enderezo de correo e enviarémosche un resumo dos mellores contidos.

    apúntate ao noso newsletter!

    QUERO SUBSCRIBIRME

    TOP BLOG

    • popular
    • o último
    • o + comentado
      • 5 ferramentas para organizar ideas empresas-gl
      • ¿Cuáles son las vocaciones TIC del futuro en Galicia? empresas-gl
      • R, o operador mellor valorado polas empresas pola súa atención ao cliente e servizo técnico Casos de éxito, empresas-gl
      • superapp Superapps: o novo modelo dixital “todo nun” empresas-gl
      • sostenibilidad_empresa Empresa sostible: reto, oportunidade e responsabilidade empresas-gl
      • computacion_cuantica Computación cuántica: que é, como funciona… e súper ordenadores empresas-gl
      • 5 ferramentas para organizar ideas empresas-gl
      • As solucións M2M, unha aposta segura para os sistemas de comunicacións da túa empresa empresas-gl
      • soluciones_inteligencia_artificial BAI Analytics, vantaxes das solucións de Intelixencia Artificial para a túa empresa empresas-gl
    Etiquetas
    Big Data Blockchain Machine Learning

    PÓDECHE INTERESAR

    Superapps: o novo modelo dixital “todo nun”

    • 30 Marzo
    • smllnote_icon 2 min
    Comparte

    Empresa sostible: reto, oportunidade e responsabilidade

    • 27 Marzo
    • smllnote_icon 2 min
    Comparte

    Computación cuántica: que é, como funciona… e súper ordenadores

    • 23 Marzo
    • smllnote_icon 3 min
    Comparte

    Competicións de seguridade e datos: ciber-retos, datathon…

    • 21 Marzo
    • smllnote_icon 2 min
    Comparte

    Vantaxes da IA para o sector dos seguros

    • 16 Marzo
    • smllnote_icon 2 min
    Comparte

    Que é a web 3.0?

    • 07 Marzo
    • smllnote_icon 2 min
    Comparte

    Como protexer á empresa actual e futura?

    • 27 Febreiro
    • smllnote_icon 4 min
    Comparte

    Compañías líderes en tecnoloxía participan na “II Semana das Tendencias e Infraestruturas TIC”

    • 22 Febreiro
    • smllnote_icon 3 min
    Comparte
    logo R

    solucións para empresas

    contacto

    información legal | política de cookies | política de privacidade

    suscribe footer gl

    newsletter empresas

    indícanos o teu enderezo de correo e enviarémosche un resumo dos mellores contidos.

    QUERO SUBSCRIBIRME

    Newsletter Empresas

    0% Complete
    R é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para xestionar a túa solicitude de subscrición ao boletín de información con base nunha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obrigación legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, así como oporte a este tratamento, como se explica na información adicional da Política de Privacidade da nosa web. Se queres darche de baixa, por favor, envía un correo electrónico a R Empresas.