web empresas R
chámanos gratis ao 900 815 815
  • GL
  • ES
Blog R Empresa preto para chegar máis lonxe
  • eventos
  • casos de éxito
  • alianzas
  • vídeos
  • e-learning
  • R
    srch_icon
    menu_iconMENÚ
    • GL
    • ES
    menu_icon
      • eventos
      • ferramentas
      • casos de éxito
      • alianzas
      • vídeos
      • e-learning
    • GL
    • ES
    closeorng_icon
    Comparte

    Compañías líderes en tecnoloxía participan na “II Semana das Tendencias e Infraestruturas TIC”

    R
    • 2023-02-22
    • notebk_icon 3 min

    Cales son as principais tendencias tecnolóxicas e os retos derivados da dixitalización das vosas empresas? Hai ben pouquiño, entre o 13 e o 17 de febreiro, analizamos estas cuestións durante a “II Semana das TIC”, organizada por R, que se desenvolveu de gratuíta e virtualmente, previa inscrición, a través da plataforma Teams de Microsoft.

    En cada xornada unha empresa líder en tecnoloxía a nivel mundial ofreceu a súa visión estratéxica para axudarvos na toma de decisións e poder, desta maneira adiantarvos aos desafíos empresariais máis importantes do momento.

    Foron cinco sesións de 30 minutos cada unha, con carácter participativo e exprés, nas que expertos das empresas Fortinet, Aruba, Microsoft, Red Hat e Commvault compartiron as principais tendencias TIC que marcan os novos tempos e puxeron sobre a mesa diferentes solucións para os retos derivados dos procesos de dixitalización das empresas.

    Fortinet, a integración da seguridade do cloud co posto de traballo

    A primeira das sesións correu a cargo de Fortinet e versou sobre a integración da seguridade do cloudco posto de traballo.

    Cristian Bermejo Richart, Channel Account Manager de Fortinet, explicou como estender a seguridade dende o perímetro cara a LAN/WLAN e conseguir unha visibilidade global, de principio a fin, de todos os activos conectados.

    Tamén esbozou como xestionar a postura de seguridade dos vosos endpoints dentro e fóra da organización e aplicar mecanismos de protección avanzada, mediante un sistema de detección e resposta a incidentes baseado en machine learning, ademais das opcións de seguridade dos servizos cloud.

    Pulsa aquí se queres volver ver o vídeo da ponencia “Integración da seguridade do cloud co posto de traballo”.

    Aruba, presente e futuro da conectividade

    A segunda sesión foi impartida por Iratxe Macías, Territory Account Manager de Aruba, quen reflexionou sobre o presente e o futuro da tecnoloxía e a conectividade nas empresas. Porque o presente e o futuro das empresas está agora máis condicionado que nunca pola axilidade para adoptar novas capacidades e procesos, apoiándose nunha correcta aposta tecnolóxica e nas posibilidades de resiliencia.

    Pulsa aquí se queres volver ver o vídeo da ponencia “Presente e futuro da tecnoloxía e a conectividade nas empresas”.

    Microsoft, novas ferramentas na securización do posto de traballo

    A terceira sesión correu a cargo de Manuel García González, Cloud Solution Architect Security de Microsoft, quen compartiu co auditorio información sobre as novas ferramentas na securización do posto de traballo de Microsoft. Na súa intervención relatou como obter a mellor seguridade de Microsoft 365 con administración avanzada de seguridade e de dispositivos.

    Un paquete fácil de usar e rendible que vos axudará a protexer a vosa empresa contra as ciberameazas, incluídas o malware e o ransomware.

    Pulsa aquí se queres volver ver o vídeo da ponencia “Novas ferramentas na securización do posto de traballo”.

    Red Hat, novo paradigma no desenvolvemento de aplicacións

    A penúltima sesión, con Mario Mendoza Sánchez, Principal Solution Architect e Account Solution Architects Team Lead da empresa Red Hat, centrouse nos microservizos e no novo paradigma do desenvolvemento de aplicacións.

    Oiriades falar da arquitectura de microservizos pero entendela e implementala pode ser un gran desafío.

    Red Hat ofrece solucións probadas, eficaces e impulsadas pola comunidade para calquera etapa do proceso de adopción dos microservizos na que vos atopedes.

    Pulsa aquí se queres volver ver o vídeo do relatorio “Microservizos: Novo paradigma do desenvolvemento de aplicacións”.

    Commvault, estratexia moderna para a xestión dos datos

    A última das sesións foi impartida pola Senior Sales Engineer de Commvault Sandra Espinoza, que se centrou en abordar as claves dunha estratexia moderna na xestión dos datos.

    A día de hoxe, o dato é o activo estratéxico con máis valor nas compañías. Neste contexto, unha aproximación moderna para a adopción da nube, sen esquecer a seguridade e a protección contra “malos actores”, convértese en vital para calquera empresa, independentemente do sector no que desenvolva o seu negocio.

    Pulsa aquí se queres volver ver o vídeo da ponencia “Estratexia moderna da xestión dos datos”.

    A través de actividades como esta “II Semana das Tendencias e Infraestruturas TIC”, en R seguimos acompañándovos ás empresas nos vosos procesos de dixitalización para optimizar a competitividade en calquera escenario do mundo.

    Para acompañarvos neste camiño, R teceu unha rede de alianzas coas principais empresas referentes no ámbito de cada actividade.

    Coa intención de seguir a carón de vós neste percorrido, R teceu unha rede de alianzas coas principais empresas referentes de cada ámbido de actividade. Un camiño no que a colaboración é tan indispensable como gratificante. Grazas a este traballo conxunto, podemos ofrecervos un valor engadido coas solucións máis adecuadas e innovadoras e dar con produtos e servizos complementarios e diferenciais. O obxectivo é axuntar esforzos e ofrecervos as tecnoloxías máis avanzadas grazas ás alianzas que vos benefician e vos ofrecen a solución máis adaptada a cada caso.

    Se queres saber máis sobre as nosas solucións tecnolóxicas para empresas, subscríbete ao noso boletín ou contacta co teu asesor persoal ou co noso equipo da área comercial empresas a través do seguinte formulario.

    visualizacións: 166
    • ARUBA
    • Commvault
    • FORTINET
    • Microsoft
    • RED HAT
    • Semana das Tendencias TIC

    Formulario contacto

    • póñase en contacto co noso asesor

    • R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para xestionar a túa solicitude información con base no noso interese lexítimo para atender a túa solicitude. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, agás que exista unha obrigación legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web. Se queres darche de baixa, por favor, envía un correo electrónico a R Empresas.

    • This field is for validation purposes and should be left unchanged.
    TOP
    Comparte
    Anterior Seguinte
    dietu doan chámanos gratis ao 900 815 815

    newsletter empresas

    indícanos o teu enderezo de correo e enviarémosche un resumo dos mellores contidos.

    apúntate ao noso newsletter!

    QUERO SUBSCRIBIRME

    TOP BLOG

    • popular
    • o último
    • o + comentado
      • 5 ferramentas para organizar ideas empresas-gl
      • ¿Cuáles son las vocaciones TIC del futuro en Galicia? empresas-gl
      • R, o operador mellor valorado polas empresas pola súa atención ao cliente e servizo técnico Casos de éxito, empresas-gl
      • Talento e vocacións STEM: oportunidade e necesidade para a empresa empresas-gl
      • drones_industria Drons na industria: usos prácticos e normativa empresas-gl
      • MeetPointConnect, el éxito de un Market Place digital para el transporte MeetPointConnect, o éxito dun Market Place dixital para o transporte Casos de éxito, empresas-gl
      • 5 ferramentas para organizar ideas empresas-gl
      • As solucións M2M, unha aposta segura para os sistemas de comunicacións da túa empresa empresas-gl
      • soluciones_inteligencia_artificial BAI Analytics, vantaxes das solucións de Intelixencia Artificial para a túa empresa empresas-gl
    Etiquetas
    Big Data Blockchain Machine Learning

    PÓDECHE INTERESAR

    Talento e vocacións STEM: oportunidade e necesidade para a empresa

    • 01 Xuño
    • smllnote_icon 3 min
    Comparte

    Drons na industria: usos prácticos e normativa

    • 26 Maio
    • smllnote_icon 3 min
    Comparte

    MeetPointConnect, o éxito dun Market Place dixital para o transporte

    • 18 Maio
    • smllnote_icon 2 min
    Comparte

    Un reto tecnolóxico á medida

    • 10 Maio
    • smllnote_icon 1 min
    Comparte

    Correo electrónico: como elixir a mellor solución para a túa empresa

    • 14 Abril
    • smllnote_icon 3 min
    Comparte

    Superapps: o novo modelo dixital “todo nun”

    • 30 Marzo
    • smllnote_icon 2 min
    Comparte

    Empresa sostible: reto, oportunidade e responsabilidade

    • 27 Marzo
    • smllnote_icon 2 min
    Comparte

    Computación cuántica: que é, como funciona… e súper ordenadores

    • 23 Marzo
    • smllnote_icon 3 min
    Comparte
    logo R

    solucións para empresas

    contacto

    información legal | política de cookies | política de privacidade

    suscribe footer gl

    newsletter empresas

    indícanos o teu enderezo de correo e enviarémosche un resumo dos mellores contidos.

    QUERO SUBSCRIBIRME

    Newsletter Empresas

    0% Complete
    R é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para xestionar a túa solicitude de subscrición ao boletín de información con base nunha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obrigación legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, así como oporte a este tratamento, como se explica na información adicional da Política de Privacidade da nosa web. Se queres darche de baixa, por favor, envía un correo electrónico a R Empresas.