web empresas R
chámanos gratis ao 900 815 815
  • GL
  • ES
Blog R Empresa preto para chegar máis lonxe
  • eventos
  • casos de éxito
  • alianzas
  • vídeos
  • e-learning
  • R
    srch_icon
    menu_iconMENÚ
    • GL
    • ES
    menu_icon
      • eventos
      • ferramentas
      • casos de éxito
      • alianzas
      • vídeos
      • e-learning
    • GL
    • ES
    closeorng_icon
    Comparte

    Que é a tecnoloxía Blockchain e que implica para as empresas

    R
    • 2023-02-14
    • notebk_icon 2 min

    Coa masificación e diversificación das operacións dixitais, xorden novas tecnoloxías e aplicacións pensadas para axilizar procesos, reducir custos e, en definitiva, axudarvos a desenvolver mellor o voso traballo diario. E todo iso con especial atención á seguridade, a privacidade e a transparencia.

    Blockchain aglutina todas estas facultades. Pero, en que consiste realmente esta tecnoloxía e que lle pode achegar a unha empresa?

    O blockchain é unha tecnoloxía baseada nunha cadea de bloques de operacións, algo así como un gran libro electrónico e unha gran base de datos que se comparte entre usuarios/as, sexan particulares ou empresas. Rexistra e almacena todas as operacións realizadas, sen posibilidade de borrado, de forma descentralizada, pública e verificable. E todo iso faino sen necesidade de intermediarios.

    Cada rexistro ou conxunto de operacións é un bloque, de aí a súa denominación como “blockchain”. A el poden acceder e estar vinculadas determinadas persoas que en todo momento teñen información e a posibilidade de rastrexar as transaccións que realizan. De cada bloque, sempre se xera unha copia.

    O blockchain adoita utilizarse para rexistrar transaccións ou procurar algo dentro dunha rede, e cada vez son máis as empresas que incorporan esta tecnoloxía.

    Máis aló do seu uso en relación coas moedas dixitais ou criptomonedas, pódese aplicar en cadeas de loxística, transaccións financeiras, xestión de pagos ou intercambios comerciais.

    Ademais, a día de hoxe trabállase con enormes cantidades de datos, polo que o blockchain atopa un bo aliado nas solucións IoT.

    Vantaxes da tecnoloxía blockchain para empresas

    • Seguridade. Os datos están encriptados e descentralizados, xa que se almacenan en moitos dispositivos diferentes de maneira simultánea, e non nun único servidor.
    • Sen intermediarios. As operacións automatízanse en base aos chamados contratos intelixentes. Estes contratos vanse nutrindo de datos conforme aumentan as transaccións, de tal xeito que resultan cada vez máis autónomos e melloran a súa capacidade de verificación con exactitude e seguridade.
    • Privacidade e transparencia. A tecnoloxía blockchain achega un maior control sobre os datos ao prescindir de intermediarios ou sistemas intermedios. Isto xera un maior nivel de confianza e contribúe a reducir a fraude nas operacións.
    • Verificación. Almacena todo o ocorrido, incluído o como o fixo e se se executou con éxito. Diso ocúpanse os “mineiros”, que son os procesos encargados de procesar e verificar as operacións.
    • Incorpora funcións avanzadas capaces de detectar anomalías, irregularidades ou manipulacións dos datos. Se un é modificado, alértase a toda a cadea.
    • Rapidez e axilidade. Ao eliminar pasos manuais e intermediarios e coa automatización das operacións máis habituais, calquera transacción realízase de maneira máis fluída.
    • Tamaño e capacidade. Falamos de bloques inmensos de información que unen as súas forzas e potencialidades e, en conxunto, multiplican as súas capacidades.
    • Redución de custos. A redución e simplificación dos pasos dos procesos tradúcese nun aforro de medios e recursos.

    En suma, falamos dunha tecnoloxía nova e disruptiva que comeza a abrirse camiño no ámbito empresarial e que dispón de moitas potencialidades e vantaxes.

    Como sempre, en R consideramos que a tecnoloxía é a mellor aliada para resultar competitivos e eficientes, así que se queredes saber máis sobre as nosas solucións tecnolóxicas para empresas, podedes subscribirvos ao noso boletín ou contactar co noso equipo da área comercial empresas a través do seguinte formulario ou do voso asesor persoal.

    visualizacións: 139
    • blockchain
    • soluciones iot

    Formulario contacto

    • póñase en contacto co noso asesor

    • R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para xestionar a túa solicitude información con base no noso interese lexítimo para atender a túa solicitude. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, agás que exista unha obrigación legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web. Se queres darche de baixa, por favor, envía un correo electrónico a R Empresas.

    • This field is for validation purposes and should be left unchanged.
    TOP
    Comparte
    Anterior Seguinte
    dietu doan chámanos gratis ao 900 815 815

    newsletter empresas

    indícanos o teu enderezo de correo e enviarémosche un resumo dos mellores contidos.

    apúntate ao noso newsletter!

    QUERO SUBSCRIBIRME

    TOP BLOG

    • popular
    • o último
    • o + comentado
      • 5 ferramentas para organizar ideas empresas-gl
      • ¿Cuáles son las vocaciones TIC del futuro en Galicia? empresas-gl
      • R, o operador mellor valorado polas empresas pola súa atención ao cliente e servizo técnico Casos de éxito, empresas-gl
      • Talento e vocacións STEM: oportunidade e necesidade para a empresa empresas-gl
      • drones_industria Drons na industria: usos prácticos e normativa empresas-gl
      • MeetPointConnect, el éxito de un Market Place digital para el transporte MeetPointConnect, o éxito dun Market Place dixital para o transporte Casos de éxito, empresas-gl
      • 5 ferramentas para organizar ideas empresas-gl
      • As solucións M2M, unha aposta segura para os sistemas de comunicacións da túa empresa empresas-gl
      • soluciones_inteligencia_artificial BAI Analytics, vantaxes das solucións de Intelixencia Artificial para a túa empresa empresas-gl
    Etiquetas
    Big Data Blockchain Machine Learning

    PÓDECHE INTERESAR

    Talento e vocacións STEM: oportunidade e necesidade para a empresa

    • 01 Xuño
    • smllnote_icon 3 min
    Comparte

    Drons na industria: usos prácticos e normativa

    • 26 Maio
    • smllnote_icon 3 min
    Comparte

    MeetPointConnect, o éxito dun Market Place dixital para o transporte

    • 18 Maio
    • smllnote_icon 2 min
    Comparte

    Un reto tecnolóxico á medida

    • 10 Maio
    • smllnote_icon 1 min
    Comparte

    Correo electrónico: como elixir a mellor solución para a túa empresa

    • 14 Abril
    • smllnote_icon 3 min
    Comparte

    Superapps: o novo modelo dixital “todo nun”

    • 30 Marzo
    • smllnote_icon 2 min
    Comparte

    Empresa sostible: reto, oportunidade e responsabilidade

    • 27 Marzo
    • smllnote_icon 2 min
    Comparte

    Computación cuántica: que é, como funciona… e súper ordenadores

    • 23 Marzo
    • smllnote_icon 3 min
    Comparte
    logo R

    solucións para empresas

    contacto

    información legal | política de cookies | política de privacidade

    suscribe footer gl

    newsletter empresas

    indícanos o teu enderezo de correo e enviarémosche un resumo dos mellores contidos.

    QUERO SUBSCRIBIRME

    Newsletter Empresas

    0% Complete
    R é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para xestionar a túa solicitude de subscrición ao boletín de información con base nunha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obrigación legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, así como oporte a este tratamento, como se explica na información adicional da Política de Privacidade da nosa web. Se queres darche de baixa, por favor, envía un correo electrónico a R Empresas.