web empresas R
chámanos gratis ao 900 815 815
  • GL
  • ES
Blog R Empresa preto para chegar máis lonxe
  • eventos
  • casos de éxito
  • alianzas
  • vídeos
  • e-learning
  • R
    srch_icon
    menu_iconMENÚ
    • GL
    • ES
    menu_icon
      • eventos
      • ferramentas
      • casos de éxito
      • alianzas
      • vídeos
      • e-learning
    • GL
    • ES
    closeorng_icon
    Comparte

    Telecomunicacións e crise sanitaria: responsabilidade + compromiso

    Euskaltel
    • 2020-04-20
    • notebk_icon 2 min

    Se hai meses nos dixeran que en breve estariamos confinados/as nas nosas casas 24×7, que tendas, bares, oficinas, centros de lecer ou fábricas botarían o peche, que levariamos luvas desechables para comprar (só alimentos e medicinas) ou que sairiamos todos os días ás 20:00 h ás nosas xanelas para aplaudir…; se nolo contasen, non o creriamos. Pero, dende hai semanas, estamos a vivir todo iso e outras moitas situacións inauditas, nun permanente estado de incerteza e perplexidade.

    O mundo parou, pero a vida segue. E as telecomunicacións emerxen -con permiso da Sanidade con maiúsculas- como un dos denominados sectores ‘esenciais’ onde recae boa parte da responsabilidade para manter o planeta en funcionamento. O papel dos operadores nesta complexísima conxuntura pasa, en primeiro termo, por garantir a calidade duns servizos que lles permitan ás empresas continuar traballando e ás persoas, que sigamos conectadas cos nosos seres queridos para facer máis levadío este illamento forzoso.

    É, ao final, un paso máis na nosa evolución como sociedade, do que -estou convencido- rexurdiremos máis fortes e mellor preparados para os novos retos

    Conceptos como transformación dixital, teletraballo, ferramentas colaborativas (Teams, Skype…) ocupan un primeirísimo plano do noso día a día e revelan que o compromiso das telecomunicacións con empregados, clientes e sociedade transformouse nunha auténtica proba de lume. En R marcámonos como obxectivo número un garantir a máxima calidade dos nosos servizos para axudar a xente a soportar o momento; e facelo sen poñer nunca en risco a seguridade dos nosos profesionais, que teletraballan maioritariamente.

    Hai inxentes retos ocultos na loita contra un virus pandémico. E está resultando unha experiencia incrible para min e para todos/as os meus compañeiros/as constatar ese compromiso tácito do equipo R (e do Grupo Euskaltel, ao que pertencemos), e aínda diría de todo o sector, para saír canto antes desta crise.

    O pasado 15 de marzo asinamos, xunto ao resto de operadores de telecomunicacións nacionais, un acordo para aconsellarlle á poboación sobre o uso máis racional das redes durante o período de confinamento. E cinco días despois rubricamos outro compromiso coas compañías do sector e o Goberno de España para garantir a conectividade de persoas e empresas. Para estas últimas habilitamos plataformas especiais de atención ao cliente e soporte técnico capaces de soster as actividades de teletraballo, e definíronse plans de continxencia específicos nunha situación tan excepcional.

    Seremos iguais ou mellores cando isto acabe? Viviremos da mesma maneira de agora en diante?

    Disparáronse as porcentaxes do trafico de voz móbil e de banda ancha fixa ata nun 50% e 40% respectivamente, e o consumo de televisión ata nun 50%. Abrimos canles de tele ou a nosa aplicación de televisión a todo o mundo e tamén regalamos bonos de datos. Son só pequenos xestos. O importante virá́ despois, e tentaremos estar tamén á altura para reconstruír o país.

    Seremos iguais ou mellores cando isto acabe? Viviremos da mesma maneira de agora en diante? Falamos dunha crise que excede os límites da saúde e que lles afecta a todos os ámbitos da sociedade e da economía poñendo en xogo, ademais, o futuro das novas xeracións.

    Pero non dubidamos de que, ‘con sentidiño’, como dicimos en Galicia, sumando forzas e unidos/as, sairemos desta. É, ao final, un paso máis na nosa evolución como sociedade, do que -estou convencido- rexurdiremos máis fortes e mellor preparados para os novos retos que, sen dúbida, o futuro traerá.

    APD A menos de un metro de ti

    Isidro Fernández de la Calle
    Director Corporativo Empresas de R e do Grupo Euskaltel

    visualizacións: 260

    Formulario contacto

    • póñase en contacto co noso asesor

    • R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para xestionar a túa solicitude información con base no noso interese lexítimo para atender a túa solicitude. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, agás que exista unha obrigación legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web. Se queres darche de baixa, por favor, envía un correo electrónico a R Empresas.

    • This field is for validation purposes and should be left unchanged.
    TOP
    Comparte
    Anterior Seguinte
    dietu doan chámanos gratis ao 900 815 815

    newsletter empresas

    indícanos o teu enderezo de correo e enviarémosche un resumo dos mellores contidos.

    apúntate ao noso newsletter!

    QUERO SUBSCRIBIRME

    TOP BLOG

    • popular
    • o último
    • o + comentado
      • 5 ferramentas para organizar ideas empresas-gl
      • ¿Cuáles son las vocaciones TIC del futuro en Galicia? empresas-gl
      • R, o operador mellor valorado polas empresas pola súa atención ao cliente e servizo técnico Casos de éxito, empresas-gl
      • scudo Lanzamos Scudo, o novo servizo de ciberseguridade integral para pemes empresas-gl
      • sistema_inmunitario_digital Que é e como coidar o Sistema Inmunitario Dixital dunha empresa empresas-gl
      • live-shopping Live Shopping: que é e por que precisas da mellor conexión de internet empresas-gl
      • 5 ferramentas para organizar ideas empresas-gl
      • digitalizacion Dixitalización ante a pandemia: urxencia no presente, reto de futuro empresas-gl
      • As solucións M2M, unha aposta segura para os sistemas de comunicacións da túa empresa empresas-gl
    Etiquetas
    Big Data Blockchain Machine Learning

    PÓDECHE INTERESAR

    Lanzamos Scudo, o novo servizo de ciberseguridade integral para pemes

    • 28 Setembro
    • smllnote_icon 2 min
    Comparte

    Que é e como coidar o Sistema Inmunitario Dixital dunha empresa

    • 07 Setembro
    • smllnote_icon 2 min
    Comparte

    Live Shopping: que é e por que precisas da mellor conexión de internet

    • 31 Agosto
    • smllnote_icon 2 min
    Comparte

    Consellos para afrontar as “fake news” na túa empresa

    • 17 Agosto
    • smllnote_icon 3 min
    Comparte

    “Soft Skills”: que son e por que resultan importantes para a túa empresa

    • 11 Agosto
    • smllnote_icon 3 min
    Comparte

    Shlomo Ben Ami: “Temos que atopar unha diplomacia de equilibrio de paz en tempos de Intelixencia Artificial”

    • 06 Xullo
    • smllnote_icon 4 min
    Comparte

    Novas formas de pago: comodidade, versatilidade e seguridade

    • 05 Xullo
    • smllnote_icon 3 min
    Comparte

    Ramón Bueno: “É necesario empezar a traballar e investigar en blockchain para estar formados e cos recursos capacitados”

    • 27 Xuño
    • smllnote_icon 2 min
    Comparte
    logo R

    solucións para empresas

    contacto

    información legal | política de cookies | política de privacidade

    suscribe footer gl

    newsletter empresas

    indícanos o teu enderezo de correo e enviarémosche un resumo dos mellores contidos.

    QUERO SUBSCRIBIRME

    Newsletter Empresas

    0% Complete
    R é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para xestionar a túa solicitude de subscrición ao boletín de información con base nunha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obrigación legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, así como oporte a este tratamento, como se explica na información adicional da Política de Privacidade da nosa web. Se queres darche de baixa, por favor, envía un correo electrónico a R Empresas.