En R colaboramos co GDG Galicia DevFest
admin
- 2018-11-12
-
2 min
O próximo 17 de novembro celebrase en Santiago o GDG Galicia DevFest. En R estamos encantados de colaborar cun dos eventos tecnolóxicos de primeiro nivel que se celebran na nosa comunidade.
Vai reservando entrada, porque ademais é gratis. E anota de novo na axenda do teu móbil: 17 de novembro en Santiago, na Escola Técnica Superior de Enxeñaría da USC (rúa de Lope Gómez de Marzoa).
Que é o GDG Galicia DevFest
Trátase dun evento pensado para profesionais das novas tecnoloxías, tanto para xente que quere aprender como para persoas que están a desenvolver a súa actividade neste eido.
Falarán poñentes de primeiro nivel e haberá talleres prácticos, polo que a parte teórica e a práctica se van dar a man.
Charlas
Dende primeira hora falarase de temas máis que interesantes:
- 11:00 – Orquestrando microservizos con Spring Cloud Netflix (José Juan Dios Otero – Plexus Tech)
- 12:00 – Pausa café
- 12:30 – Debes considerar usar Flutter no teu proxecto? (Fernando Souto Senior – MOBGEN | Part of Accenture Digital)
- 13:30 – Improving scheduling decisions in Kubernetes (Javier Provecho – Telefónica)
- 14:30 – COMIDA (gratis)
- 15:30 – Charla de temática legaltech pendente de confirmar (Bárbara Román – NoLegalTech)
- 16:30 – 5 tips e 9 razóns para programar en Ruby on Rails (Betsabeth Torres – Freelance e RailsGirls Venezuela)
Talleres
En paralelo ás charlas, realizaranse estes obradoiros:
- 11:00 – Machine Learning in practice (Marta Sestelo e Nora M. Villanueva – Gradiant)
- 12:00 – Pausa café
- 12:30 – Taller de Gitlab CI: Creación, build e CI/CD con Gitlab CI (Rolando Caldas – Altia S.A.)
- 14:30 – COMIDA (gratis)
- 15:30 – Introdución a Actions on Google (Mercedes Rodríguez – 1millionBot)
O evento rematará ás 17:30, cun sorteo de material de Google e a saída ata a zona vella de Santiago para tomar cañas.
Dende R recomendámosche que non deixes de apuntarte porque as prazas do GDG Galicia DevFest son limitadas.
visualizacións: 351