web empresas R
chámanos gratis ao 900 815 815
  • GL
  • ES
Blog R Empresa preto para chegar máis lonxe
  • eventos
  • casos de éxito
  • alianzas
  • vídeos
  • e-learning
  • R
    srch_icon
    menu_iconMENÚ
    • GL
    • ES
    menu_icon
      • eventos
      • ferramentas
      • casos de éxito
      • alianzas
      • vídeos
      • e-learning
    • GL
    • ES
    closeorng_icon
    Comparte

    Como a IA entende a linguaxe humana e pode axudar ao teu negocio

    R
    • 2023-02-07
    • notebk_icon 3 min

    Chatbots, atención telefónica, análise de sentimentos en redes sociais, procesamento de textos legais, redacción de documentos realizada por máquinas ou robots… Resultan útiles para a miña empresa? E en que estado de desenvolvemento se atopan estas solucións de IA na actualidade?

    Para abordar estas cuestións, R vén de colaborar activamente, xunto á Asociación para o Progreso da Dirección, na organización da xornada APD Talks “Como empregar a IA para o crecemento do teu negocio”. Nela analizáronse solucións baseadas en IA que procesan a linguaxe natural e expuxéronse diferentes casos reais da súa posta en práctica en sectores como retail, atención ao/á cliente/a, enerxía ou marketing.

    Que é o procesamento da linguaxe natural a partir de solucións baseadas en IA?

    Un dos novos usos e tipos de Intelixencia Artificial é o procesamento da linguaxe natural de tal xeito que interprete a linguaxe humana escrita e oral para xerar solucións tecnolóxicas.

    O obxectivo principal deste tipo de IA é lles facilitar aos/as humanos/as o entendemento cos seus conxéneres ao debullar as mensaxes clave de grandes volumes de textos e mesmo facer posible a interpretación de sentimentos revelando a intencionalidade do emisor.

    Tamén descifra, dalgún modo, conversacións telefónicas ou videochamadas e interactúa coas persoas de maneira intelixente para atender consultas ou derivalas a axentes humanos/as se iso lles achega un valor diferencial.

    Grazas a iso, as empresas podedes optimizar os vosos procesos, a organización do persoal ou as súas ferramentas de traballo e quedades preparadas para lles ofreceraos/ás vosos/as clientes/asº experiencias máis personalizadas.

    Chat GPT e novos modelos de linguaxe

    Un dos temas máis comentados nesta xornada foi o ChatGPT, un popular sistema de chatcreado pola empresa OpenAI baseándose no modelo de linguaxe por Intelixencia Artificial GPT-3.

    ChatGPT vai “aprendendo” a partir de preguntas, respostas e correccións ata ser quen de contestar de maneira coherente a practicamente calquera cuestión que se lle faga. É dicir, está adestrado para manter conversacións con persoas e expresarse de maneira natural dando respostas moi completas e detalladas.

    Para empregalo, só hai que darse de alta na web e crear un usuario. Así que o seu uso é gratuíto e, por tanto, masivo, o cal implica novos retos dende o punto de vista ético e xurídico.

    Ademais, este tipo de sistemas deben ter capacidade para detectar o contexto e adaptarse a el, do mesmo xeito que o fai a linguaxe natural. Porque as palabras e o seu significado cobran sentido por referencia a outras. De aí a necesidade de elaborar modelos de linguaxe a partir de arquitecturas avanzadas baseadas en redes neuronais.

    Non é o único reto que propoñen. Tamén necesitan saber como incorporar información en tempo real ou que impacto teñen para a privacidade o que un modelo de linguaxe aprende das conversas que mantén. Sen esquecer cuestións como a ausencia de explicacións; é dicir, por que di o que di.

    Coa popularización destes modelos de linguaxe, xorden cuestións como a propiedade intelectual detrás das IA xenerativas, a democratización e as barreiras de entrada destas tecnoloxías ou como corrixir os erros que reproducen.

    Porque son moitas as súas opcións e posibilidades de uso nas empresas. Non só chatbots; esta tecnoloxía pódese aplicar en asistentes virtuais, análises de conversacións, social listening, detección de sentimentos, resumo de textos, clasificación de información ou tradución simultánea.

    Solucións útiles para mellorar a eficiencia da vosa empresa, independentemente do sector de actividade, e xa levadas á práctica en temas de atención ao cliente e no mundo da banca, os seguros, a industria ou as telecomunicacións.

    Ao final, a tecnoloxía debe axudarvos a optimizar a vosa actividade sen perder de vista o trato e a comunicación co cliente. Estas solucións que procesan a linguaxe natural poden converterse en boas aliadas.

    En R traballamos continuamente para ofrecervos as solucións máis innovadoras e apoiarvos na transformación dixital da vosa empresa. Se queres saber como a intelixencia artificial pode mellorar os procesos do teu negocio, subscríbete ao noso boletín ou contacta co teu asesor persoal ou co noso equipo da área comercial empresas a través do seguinte formulario.

    visualizacións: 144
    • Chat GPT
    • chatbot
    • inteligencia artificial
    • inteligencia artificial

    Formulario contacto

    • póñase en contacto co noso asesor

    • R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para xestionar a túa solicitude información con base no noso interese lexítimo para atender a túa solicitude. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, agás que exista unha obrigación legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web. Se queres darche de baixa, por favor, envía un correo electrónico a R Empresas.

    • This field is for validation purposes and should be left unchanged.
    TOP
    Comparte
    Anterior Seguinte
    dietu doan chámanos gratis ao 900 815 815

    newsletter empresas

    indícanos o teu enderezo de correo e enviarémosche un resumo dos mellores contidos.

    apúntate ao noso newsletter!

    QUERO SUBSCRIBIRME

    TOP BLOG

    • popular
    • o último
    • o + comentado
      • 5 ferramentas para organizar ideas empresas-gl
      • ¿Cuáles son las vocaciones TIC del futuro en Galicia? empresas-gl
      • R, o operador mellor valorado polas empresas pola súa atención ao cliente e servizo técnico Casos de éxito, empresas-gl
      • computacion_cuantica Computación cuántica: que é, como funciona… e súper ordenadores empresas-gl
      • ciber-reto Competicións de seguridade e datos: ciber-retos, datathon… empresas-gl
      • inteligencia_artificial_seguros Vantaxes da IA para o sector dos seguros empresas-gl
      • 5 ferramentas para organizar ideas empresas-gl
      • digitalizacion Dixitalización ante a pandemia: urxencia no presente, reto de futuro empresas-gl
      • As solucións M2M, unha aposta segura para os sistemas de comunicacións da túa empresa empresas-gl
    Etiquetas
    Big Data Blockchain Machine Learning

    PÓDECHE INTERESAR

    Computación cuántica: que é, como funciona… e súper ordenadores

    • 23 Marzo
    • smllnote_icon 3 min
    Comparte

    Competicións de seguridade e datos: ciber-retos, datathon…

    • 21 Marzo
    • smllnote_icon 2 min
    Comparte

    Vantaxes da IA para o sector dos seguros

    • 16 Marzo
    • smllnote_icon 2 min
    Comparte

    Que é a web 3.0?

    • 07 Marzo
    • smllnote_icon 2 min
    Comparte

    Como protexer á empresa actual e futura?

    • 27 Febreiro
    • smllnote_icon 4 min
    Comparte

    Compañías líderes en tecnoloxía participan na “II Semana das Tendencias e Infraestruturas TIC”

    • 22 Febreiro
    • smllnote_icon 3 min
    Comparte

    Que é a tecnoloxía Blockchain e que implica para as empresas

    • 14 Febreiro
    • smllnote_icon 2 min
    Comparte

    “Phygital”: a tendencia de venda que combina as contornas físicas e virtuais

    • 09 Febreiro
    • smllnote_icon 3 min
    Comparte
    logo R

    solucións para empresas

    contacto

    información legal | política de cookies | política de privacidade

    suscribe footer gl

    newsletter empresas

    indícanos o teu enderezo de correo e enviarémosche un resumo dos mellores contidos.

    QUERO SUBSCRIBIRME

    Newsletter Empresas

    0% Complete
    R é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para xestionar a túa solicitude de subscrición ao boletín de información con base nunha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obrigación legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, así como oporte a este tratamento, como se explica na información adicional da Política de Privacidade da nosa web. Se queres darche de baixa, por favor, envía un correo electrónico a R Empresas.