web empresas R
chámanos gratis ao 900 815 815
  • GL
  • ES
Blog R Empresa preto para chegar máis lonxe
  • eventos
  • casos de éxito
  • alianzas
  • vídeos
  • e-learning
  • R
    srch_icon
    menu_iconMENÚ
    • GL
    • ES
    menu_icon
      • eventos
      • ferramentas
      • casos de éxito
      • alianzas
      • vídeos
      • e-learning
    • GL
    • ES
    closeorng_icon
    Comparte

    Casos reais en transformación dixital con ECOMT

    Euskaltel
    • 2019-12-18
    • notebk_icon 3 min

    Non dicimos nada novo ao afirmar que nos atopamos inmersos en plena era dixital. E R logrou posicionarse como actor, comunicador e compañeiro de viaxe das empresas galegas nesta transformación.

    As organizacións demandan solucións para que os seus negocios sexan diferenciais para os seus clientes en atención, en servizo ou no propio produto. Para atender esta crecente necesidade, R traspasou o seu rol tradicional de provedor de conectividade para converterse, paralelamente, en asesor e facilitador tecnolóxico. R acompaña, así, ás empresas, na incorporación de novas solucións e tecnoloxías, adaptándoas aos seus procesos e modelos de negocio para que poidan achegarlles melloras competitivas, de eficiencia en custos ou, directamente, novas oportunidades no mercado.

    Durante dúas xornadas, na Coruña e Vigo, celebráronse os nosos almorzos R, onde compartimos cos nosos clientes e non clientes novas solucións tecnolóxicas.

    Nesta ocasión acompañounos o noso socio tecnolóxico ECOMT, que conta cun equipo de profesionais especializados na transformación dixital.

    Durante as xornadas, cun enfoque totalmente práctico, mostráronse casos reais aplicados nas empresas con tecnoloxías como IoT, Big Data, Blockchain e Machine Learning. Os asistentes tiveron oportunidade de coñecer como se transforman as empresas, revisando e adaptando os seus modelos de negocio para ser líderes nunha nova contorna competitiva marcada polo aproveitamento das capacidades tecnolóxicas.

    No que a estratexia de dixitalización se refire, mostrouse tamén como interactúan empregados, procesos e servizos en todo momento nunha empresa cada vez máis dixital e intelixente, a través da incorporación das últimas tecnoloxías.

    Cales son os alicerces da dixitalización?

    A dixitalización é unha realidade que se está producindo en moitos ámbitos simultaneamente e que é apreciable en aspectos cotiáns da vida como o número de transaccións económicas realizadas con moeda en papel fronte ao número de transaccións realizadas actualmente de forma dixital. As fotos que se sacaban ao día cunha cámara analóxica e o número de fotos que se soben ao día en redes sociais a día de hoxe. Todas estas accións deixan unha pegada dixital que implica que, tras elas, hai unha tecnoloxía que as soporta. E para entendela e non estar só/a nese camiño de transformación dixital é importante apoiarse en empresas especializadas.

    O alicerce máis importante na dixitalización é, probablemente, a motivación para xerar liñas de negocio centradas en poñer en valor os datos e conseguir con iso aumentar a competitividade dos produtos (produtos con IoT que permiten realizar “reenxeñerías” e dar soporte á súa operación e mantemento) ou a competitividade das industrias (fábricas e edificios telexestionados que consomen menos enerxía, teñen menos avarías que impiden o seu funcionamento e son, por tanto, óptimos ou máis eficientes).

    O segundo alicerce esencial é a motivación para que sexan as nosas empresas ou industrias as que alcancen ese incremento de valor, polo menos un curto período de tempo antes que as da competencia.

    ECOMT

    É un dos socios tecnolóxicos de R que traballa en toda a cadea de valor da dixitalización de transaccións entre máquinas:

    – Control, sensorización e IoTización de elementos (ascensores, cafeteiras, winches, máquinas de aire acondicionado). Recollen os datos en orixe e regularizan as máquinas ou o control das instalacións.

    – Implementar solucións de telexestión, recollida de datos, arquivado ordenado destes utilizando solucións que se apoian no cloud pero se adaptan ás necesidades do cliente (hibridación de solucións na nube, cumprimento de requisitos de ciberseguridade…).

    – Apoio na analítica de datos e a valorización destes cun seguimento diario das instalacións.

    Seguinte paso

    É o tándem entre coñecemento desta enxeñería de automatización, telecomunicacións, informática, enerxía,  ciberseguridade, redes, Azure, AWS, protocolos de medida e verificación, Blockchain, desenvolvemento de software, electricidade, … e a empresa de servizos de telecomunicacións, o facilitador tecnolóxico para o presente e futuro das empresas dixitalizadas.

    Queres abordar o camiño da dixitalización?

    Contacta co noso equipo e buscaremos a solución máis adecuada para a túa empresa.

    visualizacións: 152

    Formulario contacto

    • póñase en contacto co noso asesor

    • R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para xestionar a túa solicitude información con base no noso interese lexítimo para atender a túa solicitude. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, agás que exista unha obrigación legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web. Se queres darche de baixa, por favor, envía un correo electrónico a R Empresas.

    • This field is for validation purposes and should be left unchanged.
    TOP
    Comparte
    Anterior Seguinte
    dietu doan chámanos gratis ao 900 815 815

    newsletter empresas

    indícanos o teu enderezo de correo e enviarémosche un resumo dos mellores contidos.

    apúntate ao noso newsletter!

    QUERO SUBSCRIBIRME

    TOP BLOG

    • popular
    • o último
    • o + comentado
      • 5 ferramentas para organizar ideas empresas-gl
      • ¿Cuáles son las vocaciones TIC del futuro en Galicia? empresas-gl
      • R, o operador mellor valorado polas empresas pola súa atención ao cliente e servizo técnico Casos de éxito, empresas-gl
      • superapp Superapps: o novo modelo dixital “todo nun” empresas-gl
      • sostenibilidad_empresa Empresa sostible: reto, oportunidade e responsabilidade empresas-gl
      • computacion_cuantica Computación cuántica: que é, como funciona… e súper ordenadores empresas-gl
      • 5 ferramentas para organizar ideas empresas-gl
      • soluciones_inteligencia_artificial BAI Analytics, vantaxes das solucións de Intelixencia Artificial para a túa empresa empresas-gl
      • digitalizacion Dixitalización ante a pandemia: urxencia no presente, reto de futuro empresas-gl
    Etiquetas
    Big Data Blockchain Machine Learning

    PÓDECHE INTERESAR

    Superapps: o novo modelo dixital “todo nun”

    • 30 Marzo
    • smllnote_icon 2 min
    Comparte

    Empresa sostible: reto, oportunidade e responsabilidade

    • 27 Marzo
    • smllnote_icon 2 min
    Comparte

    Computación cuántica: que é, como funciona… e súper ordenadores

    • 23 Marzo
    • smllnote_icon 3 min
    Comparte

    Competicións de seguridade e datos: ciber-retos, datathon…

    • 21 Marzo
    • smllnote_icon 2 min
    Comparte

    Vantaxes da IA para o sector dos seguros

    • 16 Marzo
    • smllnote_icon 2 min
    Comparte

    Que é a web 3.0?

    • 07 Marzo
    • smllnote_icon 2 min
    Comparte

    Como protexer á empresa actual e futura?

    • 27 Febreiro
    • smllnote_icon 4 min
    Comparte

    Compañías líderes en tecnoloxía participan na “II Semana das Tendencias e Infraestruturas TIC”

    • 22 Febreiro
    • smllnote_icon 3 min
    Comparte
    logo R

    solucións para empresas

    contacto

    información legal | política de cookies | política de privacidade

    suscribe footer gl

    newsletter empresas

    indícanos o teu enderezo de correo e enviarémosche un resumo dos mellores contidos.

    QUERO SUBSCRIBIRME

    Newsletter Empresas

    0% Complete
    R é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para xestionar a túa solicitude de subscrición ao boletín de información con base nunha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obrigación legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, así como oporte a este tratamento, como se explica na información adicional da Política de Privacidade da nosa web. Se queres darche de baixa, por favor, envía un correo electrónico a R Empresas.