• ES
  • GL
Blog R Empresa preto para chegar máis lonxe
  • eventos
  • ferramentas
  • casos de éxito
  • alianzas
  • vídeos
  • R
    srch_icon
    menu_iconMENÚ
    • ES
    • GL
    menu_icon
      • eventos
      • ferramentas
      • casos de éxito
      • alianzas
      • vídeos
    • ES
    • GL
    closeorng_icon
    Comparte

    Solucións para mellorar a conexión wifi

    admin
    • 2018-01-15
    • notebk_icon 3 min

    Hoxe botámosche un cable para mellorar a conexión wifi, porque sabemos que é unha tecnoloxía moi cómoda para poder conectarnos dende diferentes dispositivos, pero que tamén dá moitas dores de cabeza.

    Pola contra, a conexión por cable é máis molesta, pero garante unha maior estabilidade e velocidade constante, porque o sinal non está suxeito a ningún tipo de interferencias nin sae da nosa rede.

    En cambio, o sinal por wifi non vai pola nosa rede e está afectada por múltiples factores alleos a R. Pero a idea deste post é darche unha serie de recomendacións para mellorar o servizo.

    Recomendacións

    Imos ao tacho. A calidade da sinal pode diminuír por unha incorrecta localización do router ou pola saturación de banda que comparten o router e outros dispositivos electrónicos do teu fogar. Para evitar esa saturación, recomendámosche que utilices un router con tecnoloxía wifi AC e dobre banda, como che ofrecemos ao contratar o combo 350 megas. Ademais podes ampliar a cobertura con PLC wifi de R, que ofrece mellores resultados que os repetidores wifi. Moita información xunta? Non te preocupes, imos por partes.

    Para que a sinal wifi chegue a todos os puntos do teu fogar, deberás colocar o router no lugar máis céntrico da vivenda e non oculto dentro dalgún estante ou caixón; pero isto non sempre é unha garantía, porque moitos dispositivos electrónicos da túa casa, como microondas ou teléfonos sen fíos, poden causar interferencias ao router. A que se debe? A que todos usan o mesmo rango de frecuencia, a banda de 2,4Ghz, que se acaba saturando e, por tanto, causa moitos problemas de conexión por wifi. A solución será utilizar outra banda que se atope máis libre e iso conseguiralo cun wifi dobre banda.

    Wifi dobre banda

    O wifi pode funcionar en dous rangos de frecuencia, a banda 2,4Ghz, que che acabamos de explicar, e a banda de 5Ghz, que se atopa máis libre e por tanto permite que se poidan reducir as posibles interferencias e alcanzar maiores velocidades.

    Con todo, o wifi de 5Ghz ten menor alcance que o de 2,4Ghz, polo que pode pasar que a cobertura en distancia sexa menor. A mellor solución é que o router utilice ambas as dúas bandas simultaneamente:

    • a banda de 5Ghz está moito menos saturada que a banda de 2,4Ghz, co que se reducen as interferencias e poderá alcanzar maiores velocidades.
    • onde non teñas cobertura wifi de 5Ghz, podes conectarte á wifi de 2,4Ghz.
    • se non tes dispositivos que soporten wifi de 5Ghz, podes seguir conectándote á de 2,4Gz.

    Podes escoller a mellor banda en cada momento dende a web de clientes ou dende a app de R na ruta “configurar” > “configurar internet” > “ver ou cambiar parámetros wi-fi”. Recomendámosche configuralas con distinto nome para saber en todo momento a cal estás conectado.

    configuración de wifi

    Ademais da banda que utilices, inflúe, e moito, a canle. Cada banda ou rango de frecuencia está subdividido, en varias canles, que poden solaparse con redes veciñas. Así que o truco está en escoller a canle menos saturada. Pero non te preocupes se non sabes de que vai isto . En R poñémoscho fácil e seleccionamos a mellor canle no teu router de forma automática, para que non teñas que configuralo ti de forma manual no panel do router. Só tes que pulsar o botón “buscar a mellor canle”, como podes ver na imaxe, e listo.

    PLC wifi

    PLC wifi

    Se a cobertura segue sen resultar suficiente, o máis aconsellable é que utilices o PLC wifi de R. Resulta máis eficaz que un repetidor wifi, porque crea unha nova wifi onde necesites mellorar a cobertura e por tanto é máis estable que repetir a sinal wifi do cablemódem. Non é necesario cableado, basta con enchufar e listo .

    Agora podes desfrutar de PLC wifi con financiamento de 3€ ao mes durante 24 cotas e un pago inicial de 0€. Tes máis información nas nosas solucións SOS wifi.

    Se aínda así tes dúbidas respecto da túa conexión wifi, ofrecémosche o servizo análisis SOS wifi. Realizamos un estudo personalizado para comprobar o nivel de sinal do wifi e propoñerche alternativas, como cambiar a localización do cablerouter, instalar repetidores wifi, PLC…

    Esperamos ter sido de axuda.

    Un saúdo!

    gustouche?
    • cobertura
    • Internet
    • mundo R
    • os de R
    • PLC Wifi
    • R Cable
    • sos wifi
    • televisión R
    • wifi
    TOP
    Comparte
    Anterior Seguinte

    newsletter empresas

    indícanos o teu enderezo de correo e enviarémosche un resumo dos mellores contidos.

    apúntate ao noso newsletter!

    QUERO SUBSCRIBIRME

    TOP BLOG

    • popular
    • o último
    • o + comentado
      • 5 ferramentas para organizar ideas empresas-gl
      • ¿Cuáles son las vocaciones TIC del futuro en Galicia? empresas-gl
      • R, o operador mellor valorado polas empresas pola súa atención ao cliente e servizo técnico conselleiro de contacto, empresas-gl
      • inteligencia_artificial_empresa Intelixencia Artificial: mitos e vantaxes empresas-gl
      • ciberseguridad_empresa Consellos sobre ciberseguridade para o teu negocio empresas-gl
      • teams_empresa Teams Direct Routing: o camiño cara a oficina sen cables empresas-gl
      • 5 ferramentas para organizar ideas empresas-gl
      • As solucións M2M, unha aposta segura para os sistemas de comunicacións da túa empresa empresas-gl
      • soluciones_inteligencia_artificial BAI Analytics, vantaxes das solucións de Intelixencia Artificial para a túa empresa empresas-gl
    Labels
    Big Data Blockchain Machine Learning

    PÓDECHE INTERESAR

    Intelixencia Artificial: mitos e vantaxes

    • 18 Xaneiro
    • smllnote_icon 3 min
    Comparte

    Consellos sobre ciberseguridade para o teu negocio

    • 15 Xaneiro
    • smllnote_icon 2 min
    Comparte

    Teams Direct Routing: o camiño cara a oficina sen cables

    • 13 Xaneiro
    • smllnote_icon 1 min
    Comparte

    A revolución dos servizos TI

    • 23 Decembro
    • smllnote_icon 2 min
    Comparte

    Como afrontar con éxito a dixitalización da túa peme

    • 18 Decembro
    • smllnote_icon 1 min
    Comparte

    Comunicacións do futuro: 5G e SDWAN

    • 16 Decembro
    • smllnote_icon 2 min
    Comparte

    Consellos para aforrar na factura da túa peme

    • 11 Decembro
    • smllnote_icon 2 min
    Comparte

    Por que un DataCenter próximo no canto dun público?

    • 09 Decembro
    • smllnote_icon 2 min
    Comparte
    logo R

    solucións para empresas

    contacto

    información legal | política de cookies | política de privacidade

    suscribe footer gl

    newsletter empresas

    indícanos o teu enderezo de correo e enviarémosche un resumo dos mellores contidos.

    QUERO SUBSCRIBIRME

    Newsletter Empresas

    0% Complete
    R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para xestionar a túa solicitude de subscrición ao boletín de información con base nunha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obrigación legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, así como oporte a este tratamento, como se explica na información adicional da Política de Privacidade da nosa web.