Mellora a túa relación co/coa cliente/a grazas á Intelixencia Artificial
R
2022-02-28
2 min
Que está a demandar o/a cliente/a. É unha das preguntas máis importantes e tamén máis difíciles de responder que vos facedes as empresas. E a Intelixencia Artificial converteuse na mellor ferramenta para lle dar respostas.
Para coñecer con detalle as posibilidades da Intelixencia Artificial (IA) profundando no coñecemento das inquietudes e preferencias dos/as clientes/as, R organizou recentemente o almorzo dixital ‘Mellora a túa relación e o coñecemento do/da teu/túa cliente/a coa IA’.
A premisa do encontro era sinxela: os sistemas e procesos baseados en IA permiten mellorar as relacións da empresa cos/coas destinatarios/as dos seus produtos e servizos, coñecelos/as máis a fondo e, en consecuencia, perfeccionar toda a cadea de valor . O resultado final adáptase moito máis, en cada momento, a esas necesidades do/da cliente/a, as vendas melloran, e a rendibilidade e beneficios da empresa, tamén.
Porque obter valor da información que conteñen os datos permite tomar decisións de forma máis eficiente e efectiva, aliñando as accións de distinta índole (estratéxica, operativa, táctica) para maximizar, neste caso, a satisfacción dos/as vosos/as clientes/as.
Precisamente este punto é algo máis habitual nas empresas, pois a toma de decisións son cada vez máis Data Driven , é dicir, apoiadas en datos e, se imos un pouco máis aló, en conclusións ou resultados obtidos a través da analítica preditiva/intelixencia artificial.
Así, o obxectivo fundamental deste almorzo foi mostrar a potencia e a utilidade da intelixencia artificial en xeral e, concretamente, do Machine Learning ou aprendizaxe automática automatizada .
Para lle tirar proveito a esas tecnoloxías, R apóiase na plataforma DataRobot , que simplifica todo o proceso de preparación e creación de variables, modelización e mesmo a parte referente ao despregamento, consumo e control en remoto dos servizos para obter as predicións.
Cales son os pasos seguidos en DataRobot ?
Carga de datos Análise exploratoria de datos ‘Modelización’ Avaliación e análise dos modelos Análise das variables relevantes
Unha serie de tarefas coas que se responde a cuestións como a posible taxa de abandono identificando, por exemplo, que clientes/as están en risco de irse á competencia, e a súa propensión á compra . Ademais, permite elaborar de forma máis detallada e acertada unha estratexia de vendas e unha adecuada segmentación de clientes segundo as súas características.
E non debemos esquecer o feedback ou retorno dos/as consumidores/as; é dicir, esa información posterior que lle devolven ao negocio sobre a súa experiencia de cliente/a. É un activo moi importante que, unido ás características dos produtos ou servizos adquiridos, permitiranos pescudar cales son os seus gustos, preferencias e necesidades.
Este almorzo dixital ‘Mellora a túa relación e o coñecemento do/a teu/túa cliente/a coa IA’ deixou patente que a Intelixencia Artificial é o compoñente perfecto para seguir avanzando no día a día das empresas, máis no período postpandémico cargado de retos e novos desafíos que vimos de comezar e no que a información é cada vez máis ampla e valiosa.
Pincha aquí se queres volver ver o almozo dixital ‘Mellora a túa relación e coñecemento do/a teu/túa cliente/a coa IA’:
VIDEO
Pola nosa banda, en R axudamos ás empresas de calquera tamaño a xerar valor de negocio utilizando as mellores prácticas de IA a través do noso equipo especializado BAI Analytics .
Se queres saber máis sobre as nosas solucións tecnolóxicas para empresas , subscríbete ao noso boletín ou contacta con noso equipo da área comercial Empresas.
visualizacións: 223